Saltar ao contido

Mikołaj Torosowicz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMikołaj Torosowicz
Biografía
Nacemento1605 Editar o valor en Wikidata
Lviv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Morte24 de outubro de 1681 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Lviv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLviv Editar o valor en Wikidata
Arcebispo católico
22 de maio de 1635 – – Wartan Hunanian →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa apostólica armenia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1627–), sacerdote católico (1626–) Editar o valor en Wikidata

Mikołaj Torosowicz[1] (en ucraíno: Миколай Торосович, "Mykolai Torosovych"), nado arredor de 1605 en Lviv e finado o 24 de outubro de 1681, foi o primeiro bispo católico armenio de Lviv.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Lviv nunha familia apostólica armenia. Naquel momento, os armenios de Galicia estaban baixo xurisdición eclesiástica do patriarca da Santa Sé de Echmiadzin, en Armenia, daquela baixo dominio persa.

Con vocación relixiosa, foi enviado polos seus pais a Istambul.[2] Foi ordenado sacerdote en 1626 en Istambul, e en 1627 nomeado bispo de Lviv da Igrexa apostólica armenia.

O 24 de outubro de 1630 fixo unha profesión de fe nunha cerimonia na igrexa dos carmelitas descalzos, e entrou xunto coa súa diocese en comuñón coa Igrexa católica. A unión foi confirmada pola Santa Sé o 8 de novembro, e Torosowicz converteuse no primeiro arcebispo católico armenio de Lviv.

En 1635 Torosowicz fixo unha nova confesión de fe ante o papa Urbano VIII en Roma, e foi nomeado metropolitano de Lviv, con xurisdición sobre todos os armenios de Polonia, Moldova e Valaquia. Foi tamén quen levou aos teatinos a Lviv.

Finou o 24 de outubro de 1681 aos 76 anos de idade.

  1. Os armenios de Galicia tiñan como lingua propia o polaco.
  2. 2,0 2,1 Encyklopedia Powszechna, 1867, p.388.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(Creación da diocese católica)
 Arcebispo de Lviv 
1627 - 1681
Sucesor:
Wartan Hunanian