Jacques Heurgon
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1903 8º distrito de París, Francia |
Morte | 27 de outubro de 1995 (92 anos) París. |
Presidente Academia de Inscricións e Linguas Antigas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa. |
Educación | École normale supérieure. École fraçaise de Rome. |
Q89547790 | Presidente da SFN. |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia antiga, filoloxía e numismática. |
Ocupación | historiador da antigüidade clásica, profesor universitario, filólogo clásico, erudito clásico |
Empregador | Consello Superior da Investigación Arqueolóxica. Comité de Traballos Históricos. Instituto de Estudos Etruscos e Itálicos de Florencia. Academia Pontificia de Roma. Academia dos Lincei. Real Academia de Bélxica. Academia Británica. |
Membro de | Sociedade Francesa de Numismática. Sociedade de Anticuarios de Francia. Sociedade de Estudos Latinos. Asociación Guillaume-Budé. |
Obra | |
Doutorando | Jean-Pierre Néraudau |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Anne Heurgon-Desjardins. |
Fillos | Marc Heurgon, Catherine Peyrou, Édith Heurgon |
Premios | |
Medalla de ouro Cultor Romae. | |
Jacques Heurgon, nado en París o 25 de xaneiro de 1903 e finado na mesma cidade o 27 de outubro de 1995, foi un latinista, etruscólogo e numismático francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Jacques Heurgon naceu en París o 25 de xaneiro de 1903.[1][2][3] Cursou o seu ensino secundario no Liceo Condorcet,[4] onde coñeceu o poeta Jean Tardieu, con quen mantivo correspondencia durante anos.[5]
En 1923 ingresou na École normale supérieure desa cidade para cursar estudos de Letras, dos que se graduou en 1927. Entre 1928 e 1930 estivo na Escola Francesa de Roma,[2][3] onde iniciou os seus primeiros proxectos de investigación sobre Tipasa e Capua.[6]
Non foi ata 1942 cando acadou o seu doutoramento, en Letras,[2] cunha tese sobre a Capua romana.[7][8]
Traxectroria académica
[editar | editar a fonte]Logo dun tempo como profesor no liceo Henri-Poincaré de Nancy, pasou a impartir docendia na Facultade de Letras Universidade de Alxer en 1932,[2][3] e durante os anos seguintes afondou no conñecemento da África romana.[6]
Durante a segunda guerra mundial interrompeu a súa carreira académica para participar dentro da tercera división de infantaría alxerina nas campañas do norte de África e de Italia,[6] onde foi merecedor tres condecoracións e da Cruz de Guerra.[3][8][2]
Finalizada a contenda, Heurgon retomou o ensino, e en 1945 asumiu a cátedra de lingua e literatura latinas na Universidade de Lille, compatibilizando ese posto co de director do distrito arqueolóxico do Norte. Entre 1953 e 1971 exerceu a súa cátedra na Sorbona,[2][3] institución na que en 1972 foi nomeado profesor honorario.[8]
Nas súas investigacións, Heurgon intersesouse polo mundo italo-romano, sinaladamente a arqueoloxía e a numismática etruscas, as antigüidades galo-romanas e afro-romanas, e a literatura de autores como Tito Livio, Cicerón, Plauto e Séneca.[2][8] Sobre estes temas ten unha abundante produción bibliográfica, non só como autor senón tamén como editor de textos clásicos.[9]
Entre outras entidades e sociedades eruditas, formou parte do Consello Superior da Investigación Arqueolóxica, do Comité de Traballos Históricos, da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, da Sociedade de Estudos Latinos, da Asociación Guillaume-Budé, da Sociedade para a Promoción dos Estudos Romanos de Londres e do Instituto Arqueolóxico Alemán.[2][3] Tamén foi membro da Sociedade Francesa de Numismática,[3][10] que presidiu entre 1961 e 1963.[11][12]
Do mesmo xeito, Jacques Heurgon foi elixido membro de diversas academias de prestixio. Na Académie des Inscriptions et Belles-Lettres ingresou o 13 de decembro de 1968,[6] e foi nomeado presidente en 1979.[3] Pertenceu tamén, entre outras, á Pontificia Academia Romana de Arqueoloxía, á Academia das Ciencias de Turín, á Academia Etrusca de Cortona a Academia Nacional dos Lincei de Roma, ao Instituto de Estudos Etruscos e Itálicos de Florencia, á Real Academia de Bélxica e á Academia Británica.[2][10]
Os seus méritos académicos fixérono merecedor do nomeamento como Cabaleiro da Lexión de Honra en 1956, e como Oficial en 1975. Ademais foi nomeado Comendador da Orde das Palmas Académicas e Oficial da Orde das Artes e das Letras.[2][13] En Italia concedéuselle a medalla de ouro de Cultor Romae.[13] Tamén recibiu o doutoramento honoris causa pola Universidade Libre de Bruxelas.[2][3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Jacques Heurgon estivo casado con Anne Heurgon-Desjardins, con quen tivo un fillo e dúas fillas.[5]
Heurgon finou en París o 27 de outubro de 1973, vítima dunha doenza.[2][3][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "1903, Naissances, 08". Archives.paris.fr
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 "Heurgon Jacques". Académie des inscriptions et belles lettres (AIBL.fr).
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 "Heurgon, Jacques". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
- ↑ "Heurgon, Jacques". Universalis.fr
- ↑ 5,0 5,1 Tardieu, J.; Heurgon, J. Le ciel a eu le temps de changer: correspondance, 1922-1944. Institut Mémoires de l'édition contemporaine, 2004
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Favier, J. (1995). Páxina 881.
- ↑ "Heurgon (Jacques)". Les thèses de doctorat ès lettres soutenues en France de la fin du XVIIIe siècle à 1940. Ressources numériques en histoire de l'éducation (RHE.ish-Lyon.cnrs.fr).
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Favier, J. (1995). Páxina 882.
- ↑ "Bibliographie des travaux de Jacques Heurgon, 1929-1974". En Mélanges, l’Italie préromaine et la Rome républicaine. Mélanges offerts à Jacques Heurgon. École française de Rome, Roma. 1976, Páxinas XIII-XXI. ISBN 2-7283-0438-6
- ↑ 10,0 10,1 Favier, J. (1995). Páxinas 882-883.
- ↑ Le Rider, G. et al. "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxina 24.
- ↑ "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
- ↑ 13,0 13,1 Favier, J. (1995). Páxina 883.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- André, J-M. (1995). "Jacques Heurgon". En Bulletin de l'Association Guillaume Budé. LH-54. Páxinas 303-305.
- Favier, J. (1995). "Allocution à l'occasion du décès de M. Jacques Heurgon, académicien ordinaire". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 139-4. Páxinas 881-883.
- Kirkup, J. (1995). "Obituary: Professor Jacques Heurgon". En The Independent. 4 de decembro.
- Marcadé, J. (1996). "Jacques Heurgon (1903-1995)". En Monuments et mémoires de la Fondation Eugène Piot. 75. Páxinas 5-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Heurgon, Jacques". Enciclopedia Treccani (Treccani.it)
- "Heurgon, Jacques". Sapere.it
- "Heurgon, Jacques". Universalis.fr
- "Heurgon (Jacques)". Archives Nationales (Siv.archives-nationales.culture.gouv.fr/)
Predecesor: Jean Lafaurie |
Presidente da Sociedade Francesa de Numismática 1961-1963 |
Sucesor: Jean Parent |
- Nados en 1903
- Nados en París
- Finados en 1995
- Historiadores de Francia
- Historiadores de Historia Antiga
- Latinistas
- Lingüistas da lingua etrusca
- Numismáticos de Francia
- Membros da Sociedade Francesa de Numismática
- Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres
- Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia
- Membros da Academia Británica
- Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán
- Alumnos da École Normale Supérieure
- Profesores da Universidade de París
- Profesores da Universidade de Lille
- Profesores da Universidade de Alxer
- Cabaleiros da Lexión de Honra