Jacques Vergès
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jacques Camille Raymond Vergès 5 de marzo de 1925 Ubon Ratchathani, Tailandia (pt) |
Morte | 15 de agosto de 2013 (88 anos) 7º distrito de París (Francia) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse, 26 |
Q80543385 | |
1956 – 1957 | |
Presidente International Union of Students (en) | |
1950 – 1952 | |
Datos persoais | |
Residencia | Francia |
Relixión | Sunnismo e catolicismo |
Educación | Universidade de París Lycée Leconte-de-Lisle (en) |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xurista, activista político, escritor, xornalista de opinión |
Partido político | Partido Comunista Francés (1945–1957) |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra de Alxeria segunda guerra mundial |
Familia | |
Familia | Q3065564 |
Cónxuxe | Djamila Bouhired (1965–1970), divorcio |
Parella | Marie-Christine Durand |
Pais | Raymond Vergès e Khang Pham-Thi |
Irmáns | Paul Vergès |
Parentes | Françoise Vergès, sobriña Laurent Vergès, sobriño Pierre Vergès, sobriño |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Jacques Vergès, nado o 5 de marzo de 1925 en Ubon Ratchatani, en Tailandia e finado o 15 de agosto de 2013, foi un avogado francés coñecido polo seu comunismo anticolonialista e por defender a figuras polémicas como o nazi Klaus Barbie ou o denegacionista Roger Garaudy.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha institutriz vietnamita e de Raymond Vergès, cónsul francés, a súa nai morreu cando el tiña tres anos e a familia trasladouse á illa de Reunión. Aos 17 anos deixou a illa e uniuse ao exército das Fozas Francesas Libres, radicado en París desde 1945 ingresou no Partido Comunista Francés, foi secretario da Unión Internacional de Estudantes con sede en Praga (1952-1954). Defensor dos combatentes da Fronte de Liberación Nacional alxeriana, entre os que está a que será a súa dona desde 1965, Djamila Bouhired. En 1957 abandonou o PCF. Cando Alxeria se independizou en 1962 Vergès instalouse en Alxer, converténdose en xefe de gabinete do ministro de Asuntos Exteriores, fundou a revista Révolution africaine, financiada polo FLN.
A partir de 1963 prodúcese unha viraxe na súa ideoloxía achegándose ás teses maoístas, destituído das súas funcións volveu a París, fundou a primeira revista maoísta francesa, Révolution. En 1965, tras a destitución de Ahmed Ben Bella, Vergès volveu a Alxeria, permanecendo alí ata 1970. Entre 1970 e 1978 desapareceu da vida pública, constituíndo un misterio o seu paradoiro.
Defendidos
[editar | editar a fonte]- Georges Ibrahim Abdallah.
- Klaus Barbie.
- Paul Barril.
- Bernard Bonnet.
- Robert Boulin.
- Carlos.
- Simone Weber.
- Norbert Dabira.
- Mohamed Diawara.
- Jean-Marc Dufourg.
- Djaffar el-Houari.
- Max Frérot.
- Roger Garaudy.
- Khieu Samphan.
- Magdalena Kopp.
- Anis Naccache.
- Camille Sudre.
- Bara Tall.
- Omar Raddad.
- Louise-Yvonne Casetta.
- Omar Bongo.
- Idriss Déby.
- Denis Sassou-Nguesso.
- Moussa Traoré.
- Abdoulaye Wade.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jacques Vergès |