James Van Allen
Aparencia
James Alfred Van Allen, nado o 7 de setembro de 1914 e finado o 9 de agosto de 2006, foi un físico estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor e director do Instituto de Física da Universidade de Iowa dende 1951, levou a cabo pescudas sobre física nuclear, sobre os raios cósmicos e sobre a física atmosférica. Descubriu a existencia de dúas zonas de radiación de alta enerxía que circundan a Terra, chamadas na súa honra cintos de Van Allen, cuxa orixe se acha probabelmente nas interaccións do vento solar e dos raios cósmicos cos átomos constituíntes da atmosfera.