Saltar ao contido

Iuri Andropov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIuri Andropov

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Юрий Владимирович Андропов Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1914 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Soluno-Dmitriyevskoye (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte9 de febreiro de 1984 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Moscova (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNecrópole da muralla do Kremlin Editar o valor en Wikidata
Chairman of the Presidium of the Supreme Soviet of the Soviet Union (en) Traducir
16 de xuño de 1983 – 9 de febreiro de 1984 (finado no cargo)
← Vasili Kuznetsov (pt) TraducirVasili Kuznetsov (pt) Traducir →
Secretário-geral do Comité Central do Partido Comunista da URSS (pt) Traducir
12 de novembro de 1982 – 9 de febreiro de 1984 (finado no cargo)
← Leonid BrezhnevKonstantin Chernenko →
Chairman of the KGB (en) Traducir
18 de maio de 1967 – 26 de maio de 1982
← Vladimir Semichastny (en) TraducirVitaly Fedorchuk (en) Traducir →
Ambassador of the Soviet Union to Hungary (en) Traducir
1954 – 1957 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaKutuzovsky Prospekt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónPetrozavodsk State University (en) Traducir (–1951)
Higher Party School at the Central Committee of the CPSU (en) Traducir (–1947)
Rybinsk River School VI Kalashnikov (en) Traducir (–1936) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, diplomático Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética (1939–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Rama militarKGB Editar o valor en Wikidata
Rango militarGeneral do Exército (posto soviético) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)KGB Editar o valor en Wikidata
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor en Wikidata
Participou en
17 de outubro de 196122nd Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTatiana Andropova (década de 1940–1984)
Nina Ivanovna Yengalycheva (1935–1940) Editar o valor en Wikidata
FillosIgor Andropov
 () Tatiana Andropova Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Андропов Юрий Владимирович)
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.402) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Андропов-1 Find a Grave: 8142 Editar o valor en Wikidata

Iuri Vladimirovich Andropov (en ruso: Ю́рий Влади́мирович Андро́пов), nado o 15 de xuño de 1914 e finado en Moscova o 9 de febreiro de 1984, foi un político soviético, Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética dende o 12 de novembro de 1982 ata a súa morte, alén de ser xefe do KGB durante quince anos.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Existen moitas dúbidas sobre a orixe familiar de Andropov.[2] Segundo a biografía oficial, naceu en Stanitsa Nagutskaya (na actualidade no krai de Stavropol) o 15 de xuño de 1914.[3][4] O seu pai, Vladimir Konstantinovich Andropov, era un traballador ferroviario descendente de cosacos do Don que faleceu por tifo en 1919. A súa nai, Yevgenia Karlovna Fleckenstein (ningunha fonte oficial menciona o seu nome), foi unha mestra de escola que morreu en 1931.[5][6] Ela nacera na gobernación de Ryazan e fora abandonada na porta dun cidadán finés, un reloxeiro xudeu, Karl Franzevich Fleckenstein, que vivía en Moscova; el e a súa dona, Eudokia Mikhailovna Fleckenstein, adoptárona e criárona.[7][8] Investigacións posteriores descubriron que moitos detalles da biografía de Andropov foron moi falsificadas durante a súa vida, contribuíndo á confusión coa súa familia.

O seu primeiro nome documentado foi Grigory Vladimirovich Andropov-Fyodorov; cambiouno por Yuri Andropov varios anos despois.[9] Aínda que o seu certificado de nacemento orixinal desapareceu, estableceuse que Andropov nacera en Moscova, onde a súa nai traballou nun colexio feminino entre 1913 e 1917.[7][9]

Andropov estudou durante un curto período no Instituto Técnico para o Transporte Acuático de Rybinsk, antes de se xuntar ao Komsomol en 1930. Concluíu a graduación en 1939 e foi o primeiro secretario do Komsomol na república de Carelia, entre 1940 e 1944.[8][10] Trala guerra, mudouse a Moscova en 1951 e entrou na secretaría do partido.[8]

Trala morte de Iosif Stalin en marzo de 1953, Andropov foi rebaixado de posto e enviado a un "exilio" na embaixada soviética en Budapest por Georgi Malenkov. Tivo un papel importante na invasión soviética de Hungría en 1956.

Andropov e Jaruzelski

Andropov volveu a Moscova para dirixir o Departamento para Relacións con Países socialistas (1957-1967) e foi promovido para a secretaría do Comité Central do Partido Comunista Soviético en 1962, sucedendo a Mikhail Suslov. En 1967 foi nomeado xefe do KGB. En 1973 converteuse en membro pleno do Politburo, a pesar de non renunciar á dirección da KGB ata 1982.

Envolveuse en rumores e acusacións coa morte sospeitosa do entón líder Leonid Brezhnev o 10 de novembro de 1982. Brezhnev faleceu dunha sobredosa, motivada pola súa enfermeira, que era unha asociada do KGB, dirixido por Andropov. Cando a enfermeira foi declarado inocente e o caso abafado, pasouse a cuestionar a culpa de Andropov na morte de seu antecesor.[11] Días despois, foi nomeado, como era previsto, para o liderado do Partido Comunista, vencendo a Konstantin Chernenko, líder parlamentario dende había tempo. Foi o primeiro xefe do KGB que obtivo ese posto. Herdou tamén de Brezhnev, a presidencia do Consello de Defensa do país.

Durante o seu mandato fixo tentativas de mellorar a economía e de reducir a corrupción. Tamén é lembrado pola súa campaña contra o alcoholismo e polos esforzos para mellorar a disciplina no traballo. As dúas campañas foron conducidas cunha visión administrativa tipicamente soviética, e lembraban vagamente algunhas reminiscencias do stalinismo.

Fixo pouca cousa en termos de política externa, continuando a guerra iniciada trala invasión de Afganistán. O seu goberno tamén estivo marcado pola deterioración das relacións cos Estados Unidos a causa das actitudes fortemente antisoviéticas de Ronald Reagan, exacerbadas polo derrubamento por parte duns cazas soviéticos dun avión civil surcoreano que invadiu o espazo aéreo da URSS o 1 de setembro de 1983 e pola ampliación dos mísiles Pershing en Europa.

En febreiro de 1983, Andropov sufriu un fallo renal total. En agosto foi ingresado no Hospital Clínico Central de Moscova, onde pasou o resto da súa vida. A finais de febreiro de 1984 a súa saúde deteriorouse enormemente e tivo períodos en que perdeu a consciencia. Faleceu o 9 de febreiro de 1984 ás 16:50 no seu cuarto do hospital con 69 anos.[12] Foi sucedido por Konstantin Chernenko, que xa estaba enfermo cando chegou ao poder e pasou tamén tempo no hospital antes de falecer en 1985.

Tumba de Andropov na necrópole do Kremlin, Moscova

O legado de Andropov aínda é tema de debate, tanto en Rusia como noutros lugares, e tanto entre académicos como nos medios de comunicación. Permanece no foco de varios documentais televisivos e en libros de non ficción, particularmente en datas conmemorativas.

A pesar da súa liña dura en Hungría e de numerosas desterros e intrigas das cales foi responsábel durante a súa longa permanencia na dirección do KGB, foi moi lembrado por varios comentaristas como un reformador. Aapuntan como evidencias o feito de promover a Mikhail Gorbachev no Partido Comunista soviético, e ser considerado un xefe da KGB particularmente tolerante. Tamén é lembrado como menos inclinado ás reformas rápidas do que foi Gorbachev; o punto central das especulacións é se Andropov conseguiría ou non reformar a URSS de xeito tal que evitase o seu colapso.

  1. "Yury Vladimirovich Andropov | president of Union of Soviet Socialist Republics". Encyclopædia Britannica (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 14 de novembro de 2020. 
  2. Aktürk, Şener (2012). Regimes of Ethnicity and Nationhood in Germany, Russia, and Turkey. Cambridge University Press. ISBN 978-1-139-85169-5. 
  3. Jessup, John E. (1998). An Encyclopedic Dictionary of Conflict and Conflict Resolution, 1945–1996. Westport, CT: Greenwood Press. p. 25. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 14 de novembro de 2020. 
  4. Kavanagh, Dennis (1998). "Andropov, Yuri". A Dictionary of Political Biography. Oxford University Press. p. 15. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2013. 
  5. A Dictionary of 20th Century Communism. Editado por Silvio Pons e Robert Service. Princeton University Press. 2010.
  6. Leonid Mlechin. Yuri's childhood and other mysteries from the life of the Chairman article from the Sovershenno Sekretno newspaper № 5, 2008 (en ruso)
  7. 7,0 7,1 Babichenko, Denis (3 de outubro de 2005). Легендарная личность [Legendary Personality]. Itogi (en ruso) (40): 30–34. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Biography of Yuri Andropov" (PDF). Soviet Life (323): 1B. 1983. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  9. 9,0 9,1 Alexander Ostrovsky (2010). Who Appointed Gorbachev? – Moscova: Algorithm, páx. 187 ISBN 978-5-699-40627-2
  10. БИОГРАФИЧЕСКИЙ УКАЗАТЕЛЬ
  11. The Sword and the Shield: The Mitrokhin Archive and the Secret History of the KGB, Christopher Andrew (2000), pág. 204 Google E-Books
  12. Burns, John F. (11 de febreiro de 1984). "Andropov is Dead in Moscow at 69; Reagan Asks 'Productive Contacts' and Names Bush to Attend Funeral". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 11 de xullo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]