Saltar ao contido

Jan Evangelista Purkyně

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJan Evangelista Purkyně

(1856) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1787 Editar o valor en Wikidata
Libochovice, República Checa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xullo de 1869 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Praga, República Checa Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Vyšehrad (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Member of the Bohemian Diet (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Carolina de Praga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisioloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Strážnice (pt) Traducir
Praga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, tradutor, filósofo, escritor, naturalista, político, poeta, profesor universitario, neurólogo, biólogo, fisiólogo, anatomista, botánico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Breslau
Universidade Carolina de Praga Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosLudwig Traube e Karel Chodounský (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaPurkinje Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJulia Rudolphi (1827–1835), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosRozálie Purkyňová, Johana Purkyňová, Emanuel von Purkyně, Karel Purkyně Editar o valor en Wikidata
ParentesJiří Purkyně Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пуркине Ян Эвангелиста)
Enciclopedia soviética armenia Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 39468990 Editar o valor en Wikidata


Jan Evangelista Purkyně ―tamén escrito Johannes Evangelista Purkinje― nado o 17/18 de decembro de 1787[1] e finado en Praga o 28 de xullo de 1869, foi un anatomista, fisiólogo, e botánico checo, principalmente coñecido na área da bioloxía.[2][3]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Purkyně naceu na pequena cidade de Libochovice, no imperio austríaco, 64 km ao noroeste de Praga (Bohemia). En 1819 graduouse cun título en Medicina na Universidade de Praga, onde exerceu logo como profesor de Fisioloxía tras terminar a súa tese doutoral.[4] En 1823 foi nomeado profesor de Fisioloxía e Patoloxía na Universidade de Breslavia.[4] Traballando nesa universidade, descubriu o efecto Purkinje, polo cal cando a intensidade da luz diminúe, os obxectos vermellos parecen perder intensidade máis rápido que os obxectos azuis co mesmo brillo.

Publicou dous volumes: Observacións e experimentos investigando a fisioloxía dos sentidos e Novo informe subxectivo sobre a visión, contribuíndo grandemente á neuroloxía.

En 1839 creou o primeiro Departamento de Fisioloxía na Universidade de Breslau (en Prusia), e en 1842 o primeiro laboratorio oficial de Fisioloxía.

En 1825 describiu un efecto visual polo cal a medida que se reduce a enerxía lumínica, e as células visuais cambian de visión fotópica a escotópica, modifícase a brillantez relativa de distintas cores; fenómeno que hoxe se coñece como desviación de Purkinje.[5]

É máis coñecido polo seu descubrimento de 1837 das células de Purkinje, grandes neuronas con moitas ramificacións de dendritas atopadas no cerebelo.

Tamén é coñecido polo seu descubrimento das fibras de Purkinje en 1839 que, conformando un tecido fibroso, conducen os impulsos eléctricos do nódulo ou nó auriculoventricular a todas partes dos ventrículos do corazón. Outros descubrimentos inclúen as imaxes de Purkinje, reflexo de obxectos das estruturas do ollo. Tamén introduciu os termos de plasma sanguíneo e de protoplasma.

Purkyně foi o primeiro en utilizar un microtomo para realizar delgados cortes de tecidos para a observación microscópica e foi dos primeiros en utilizar unha versión mellorada do microscopio composto.

Describiu os efectos de alcanfor, opio, beladona e trementina en humanos en 1829, descubriu as glándulas sudoríparas en 1833 e publicou unha tese que recoñecía nove grupos de configuracións principais de impresións dixitais en 1823.

Purkyně tamén recoñeceu a importancia do traballo de Eadweard Muybridge e construíu a súa propia versión do estroboscopio que chamou forolyt.[6]

Morreu en 1869 e foi enterrado no Cemiterio Nacional Checo en Vyšehrad, Praga.

  • Beiträge zur Kenntnis deas Sehens in subjektiver Hinsicht (1819-25)
  • Beobachtungen und Versuche zur Psychologie der Sinne (1823-26)

A Universidade Masaryk en Brno, en Checoslovaquia (hoxe República Checa), levou o seu nome entre 1960 e 1990, do mesmo xeito que a academia militar médica en Hradec Kralové entre 1994 e 2004. A universidade de Ústí nad Labem leva o seu nome: "Jan Evanxelista Purkyně University in Ústí nad Labem".

  1. "Jan Evangelista Purkinje" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de agosto de 2014. Consultado o 20 de setembro de 2014. 
  2. Jan Evangelista Purkyně pronúnciase aproximadamente [ián evanguelísta purkínie].
  3. Czechoslovak Life. Orbis. 1987. pp. p. 45. 
  4. 4,0 4,1 Wade, Nicholas J. (1999). A natural history of vision (en inglés). Cambridge (Massachusetts): MIT Press. pp. p. 158. ISBN 0262731290. 
  5. Schiffman, Harvey (2011). La Percepción Sensorial. Limusa Wiley. p. 274. ISBN 968-18-5307-5. 
  6. Sight and Sound British Film Institute, 1946 (en inglés)
  7. "(3701) Purkyně". Web de JPL (en inglés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • «Jan Evangelista Purkyně». Índice Internacional de Nomes das Plantas (IPNI). Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.).