Saltar ao contido

Javier Arizmendi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Arizmendi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Altura189 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, financial adviser (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista e dianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo14 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2004   Atlético de Madrid B 28(10)
2004–2005 cesión   Racing de Santander 22(3)
2004–2006   Atlético de Madrid 5(0)
2006–2007   Deportivo da Coruña 50(7)
2007–2008   Valencia CF 30(1)
2008–2010   Real Zaragoza 69(14)
2010–2013   Getafe CF 22(2)
2011–2012 cesión Neuchâtel Xamax FCS 13(4)
2012–2013 cesión   RCD Mallorca 21(2)
2013–2015   Deportivo da Coruña 17(2)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2003   España sub-20 5(1)
2004–2006   España sub-21 8(0)
2005–2005   España sub-23 4(1)
2007–2007   España 1(0)

IMDB: nm13027438 FIFA: 207904 Editar o valor en Wikidata

Ángel Javier Arizmendi de Lucas, nado en Madrid o 3 de marzo de 1984, é un exfutbolista español que xogaba como segundo dianteiro ou interior.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Atlético de Madrid

[editar | editar a fonte]

Xogou desde novo nas categorías inferiores do Atlético de Madrid e co equipo xuvenil do club proclamouse dúas veces campión da División de Honra e unha vez da Copa de Campións.[1] Na tempada 2003/04 subiu ao filial, adestrado por José Murcia, onde era o xogador máis alto do equipo.[1] Xogou unha soa campaña no Atlético B, contribuíndo con 10 goles ao título de campión do Grupo II, pero sen lograr o ascenso. Ese mesmo ano debutou co primeiro equipo na Primeira División, da man do técnico Gregorio Manzano. Foi o 15 de febreiro de 2004, nun encontro contra o FC Barcelona no Camp Nou, con derrota para os colchoneros (3–1).

Na tempada 2004/05 foi cedido ao Racing de Santander, tamén de Primeira, equipo no que xogou 22 partidos de liga e marcou 3 goles, o primeiro deles fronte ao Betis. Para a tempada 2005/06 regresou ao Atlético de Madrid, pero non contou para o adestrador do equipo ese ano, o arxentino Carlos Bianchi, que lle concedeu só cinco minutos dun partido ante o Celta de Vigo. No mercado invernal fichou polo Deportivo da Coruña, co que asinou un contrato por catro tempadas e media.[2]

Deportivo da Coruña (1ª etapa)

[editar | editar a fonte]

Debutou co Deportivo na 18ª xornada de liga, diante do Athletic no vello San Mamés, substituíndo no descanso a Diego Tristán, e anotou o gol da vitoria (2-1).[3] Ás ordes de Caparrós foi titular en case tódolos restantes partidos, sumando un total de 23 encontros, e marcando outro gol ao Athletic na segunda volta. Na tempada 2006/07 foi a referencia en ataque do equipo galego, xunto a Riki, e as súas boas actuacións levárono a debutar coa selección española.[4] Disputou un total de 36 partidos durante a campaña, sumando cinco goles.

No verán de 2007 foi contratado polo Valencia, por petición expresa do técnico Quique Sánchez Flores, por 7 millóns de euros.[5] Pese a ser fichado como dianteiro, o novo adestrador, Ronald Koeman, aliñouno como extremo dereito, dando bos resultados. Co equipo de Mestalla debutou na Liga de Campións, tendo minutos nos partidos da primeira fase ante Elfsborg, Schalke 04 e Chelsea.

O 20 de marzo foi titular na final da Copa do Rei que o seu equipo conquistou por 3-1 ante o Getafe no estadio Vicente Calderón. Tres días despois conseguiu o seu único tanto como valencianista e o máis importante da súa carreira, fronte ao Real Madrid no Santiago Bernabéu.[6] A falta de dous minutos o marcador sinalaba un empate a dous goles, cando Arizmendi percorreu medio campo para recoller un pase en profundidade de Miguel Brito e tras deixar atrás ao Balón de Ouro Fabio Cannavaro bateu cun disparo case sen ángulo a Iker Casillas, dándolle así os tres puntos ao equipo che.[7]

En agosto de 2008, o Real Zaragoza acabado de descender convenceu ao futbolista para que xogase en Segunda División, nunha operación que roldou os 4 millóns de euros.[4] Tras un comezo dubitativo, acorde á marcha do equipo, conseguiu grandes actuacións que lle valeron a titularidade e alzarse como peza clave no equipo aragonés.[8] Foi un dos xogadores que máis minutos disputou durante a tempada, sumando 39 encontros, 34 deles como titular, e con 9 tantos acabou como o segundo máximo goleador do conxunto de Marcelino, só por detrás dos 28 de Ewerthon. O Zaragoza quedou segundo e conseguiu así o ascenso á Primeira División. Arizmendi xogou unha segunda campaña no club aragonés, acadando os 71 partidos totais e 14 goles.

En xullo de 2010, o Real Zaragoza chegou a un acordo co Getafe para traspasar ao xogador, que firmou un contrato por seis tempadas.[9] Con todo, no equipo de Míchel rendeu por debaixo do esperado, polo que en agosto de 2011 Caparrós levouno con el ao Neuchatel mexicano,[4] onde xogou medio en calidade de cedido ata que foi despedido en xaneiro polo seu escaso rendemento.[10]

De regreso en Xetafe, xogou tres partidos esa tempada, antes de volver saído cedido na seguinte, desta vez ao Mallorca, de novo con Caparrós como técnico. Alí disputou un total de 24 partidos, a maioría deles saíndo dende o banco, e marcou dous goles, ambos contra exequipos seus (Zaragoza e Valencia).

Deportivo da Coruña (2ª etapa)

[editar | editar a fonte]

O 1 de agosto de 2013 o Getafe rescindiu o seu contrato de xeito unilateral e un día despois o xogador fichou polo Deportivo da Coruña, volvendo así ao club galego seis anos despois da súa saída.[11][12] Non tivo moito protagonismo no equipo de Fernando Vázquez, co que disputou 17 partidos, 12 deles como titular. Marcou dous goles, contribuíndo ao ascenso do equipo a Primeira.

O 22 de agosto de 2014 rescindiu o seu contrato co Deportivo da Coruña e tras uns meses adestrando en solitario esperando ofertas, acabou colgando as botas.[13] Trala súa retirada, comezou a traballar como asesor de futbolistas no eido da banca privada.[14]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

En 2003, o pontevedrés José Ufarte convocouno para disputar coa selección española sub-20 a Copa do Mundo da categoría, celebrada nos Emiratos Árabes Unidos. Compartiu equipo co xogadores como Iniesta, Coro, Iago Bouzón ou Juanfran e tivo un papel protagonista nos cuartos de final ante o Canadá, marcando na prórroga o gol de ouro que clasificou ao seu equipo para semifinais.[15] O conxunto español chegou logo á final, onde caeu ante o Brasil. Dous anos despois conseguiu a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos, tras derrotar na final a Turquía. Na celebración do título orixinouse unha polémica, cando Arizmendi paseou polo campo cunha bandeira da España franquista.[16]

O 10 de novembro de 2006 foi convocado polo seleccionador español Luis Aragonés para disputar con España un partido amigábel en Cádiz contra Romanía, pero debido a unha inoportuna lesión no chegou a xogar.[17] Finalmente debutou no partido amigábel contra a selección inglesa o 7 de febreiro de 2007 no estadio de Old Trafford de Manchester, onde España gañou por 0-1. Foi o seu único partido como internacional absoluto.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Atlético de Madrid B
Valencia
Selección española sub-21
  1. 1,0 1,1 "Arizmendi y Gabi irán a la primera plantilla". As (en castelán). 4 de novembro de 2003. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  2. "Arizmendi jugará en el Dépor cuatro temporadas y media". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de decembro de 2005. p. 37. 
  3. "Fallaron en el fondo" (en castelán). 7 de xaneiro de 2006. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Arizmendi no echa raíces" (en castelán). 2 de decembro de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  5. "Arizmendi cumple "el sueño de todo futbolista" al fichar por el Valencia". As (en castelán). 22 de xuño de 2007. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  6. "Arizmendi: “Mi gol más importante fue en el Bernabéu”". As (en castelán). 3 de decembro de 2023. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  7. "Javier Arizmendi y su gol para el recuerdo" (en castelán). 9 de novembro de 2023. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  8. "Arizmendi y el talismán" (en castelán). 2 de marzo de 2009. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  9. "Arizmendi ficha por el Getafe". El Mundo (en castelán). 30 de xuño de 2010. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  10. "El Neuchatel Xamax despide a Arizmendi". Marca (en castelán). 6 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  11. "Arizmendi se desvincula del Getafe". Marca (en castelán). https://www.marca.com/2013/08/01/futbol/equipos/getafe/1375387669.html. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  12. "Arizmendi vuelve al Dépor, con el que pasa reconocimiento, 7 años después". Mundo Deportivo (en castelán). 2 de agosto de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  13. "Arizmendi se desvincula del Deportivo". Marca. 22 de agosto de 2014.  (en castelán)
  14. "Arizmendi (Tressis): "Para los bancos, los futbolistas son una bicoca"" (en castelán). 14 de decembro de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  15. "Un gol de oro de Arizmendi lleva a España a semifinales". As (en castelán). 12 de decembro de 2003. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  16. Falagán, Aser (2 de febreiro de 2017). "Estos son mis colores" (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  17. "Arizmendi no jugará con España por una lesión". El País (en castelán). 15 de novembro de 2006. Consultado o 3 de decembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]