Saltar ao contido

Javier Couso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Couso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Eurodeputado

15 de xullo de 2014 – 1 de xullo de 2019
← Willy Meyer Pleite

Circunscrición electoral: España

Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, batería Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIzquierda Unida Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé Couso Permuy Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm4448267 Twitter: Caninator Telegram: javiercouso BNE: XX1660278 Editar o valor en Wikidata

Javier Couso Permuy, nado en Ferrol o 8 de novembro de 1968, é un xornalista, activista social e político galego.

Encabeza o movemento que pide xustiza polo asasinato do seu irmán José Couso por militares norteamericanos en Iraq en 2003. Foi eurodeputado entre 2014 e 2019 por La Izquierda Plural.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación e traballo audiovisual

[editar | editar a fonte]

Durante a súa xuventude foi batería da banda de punk anarquista Sin Dios. Formouse como técnico de son na Escola de RTVE entre 1988 e 1989, e traballou como axudante de cámara co seu irmán José en Telecinco. En 2008 diplomouse como xornalista audiovisual na Escola Internacional de Xornalismo José Martí da Habana. Traballou en informativos e en diversas produtoras, realizando labores de produción, operación de cámara e dirección. Foi tamén mensaxeiro, músico e libreiro.

Dirixiu, entre outros, o documental Una mosca en una botella de Coca Cola, que trata sobre os medios de comunicación e a súa repercusión. Entre algúns dos entrevistados no documental atópanse periodistas como Olga Rodríguez, Pascual Serrano, Ignacio Escolar, Iñaki Gabilondo e Juan Carlos Monedero.​[1]

Activismo

[editar | editar a fonte]

Foi activista social dende os anos 80, participando de diversos movementos como a defensa dos centros sociais okupados, a obxección de conciencia, os dereitos humanos, a solidariedade internacional, o sindicalismo de base ou a loita contra o racismo e o fascismo. Involucrouse en política dende a rúa, organizando e participando en manifestacións e protestas.

Tras o asasinato en Bagdad do seu irmán por militares norteamericanos en 2003 encabezou un movemento contra a impunidade, exemplarizada no caso do seu irmán, denominado "Asociación Hermanos, Amigos y Compañeros de José Couso" que logrou que o caso de José Couso sexa o único aberto no mundo que investiga por un delito de crime de guerra a oficiais e xefes do exército estadounidense. Nos Estados Unidos participou en programas de radio e televisión difundindo o caso do seu irmán da man da xornalista Amy Goodman de Democracy Now. Colaborou como analista nas canles de televisión TeleSUR, Hispan TV, RT e Tele K e publica habitualmente en La Marea, Hablando República, Público, Rebelión e no seu propio blog.

Política

[editar | editar a fonte]

Militou en Izquierda Unida dende 2011.[2] A proposta da federación balear de Izquierda Unida foi incluído como número sete dentro da lista presentada por La Izquierda Plural ás eleccións europeas de 2014.​ A lista de La Izquierda Plural conseguiu seis deputados, pero a dimisión o 25 de xuño de 2014, antes de tomar posesión do escano, de Willy Meyer, fixo que Couso ocupase a súa praza como eurodeputado.[3]

Foi vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores​ e da Delegación para as Relacións con Irak, membro da Subcomisión de Seguridade e Defensa, da Delegación para as Relaciones coa Asemblea Parlamentaria da OTAN e da Comisión Especial sobre Terrorismo, e suplente da Subcomisión de Dereitos Humanos, da Delegación na Comisión Parlamentaria Mixta UE-México e da Delegación na Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana.[4]

Foi designado número un pola candidatura Izquierda en Positivo (unha escisión de La Izquierda Plural-Unidas Podemos-En Marea-Més per les Illes Balears) ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2019,[5] pero non conseguiu escano.

  1. Una mosca en una botella de Coca-Cola (Youtube). 10 de abril de 2014. 
  2. "Javier Couso, dispuesto a ir en las listas de IU para las europeas". Público (en castelán). 3 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  3. "El eurodiputado Willy Meyer dimite por tener un fondo de pensiones en una sicav". El País (en castelán). 25 de xuño de 2014. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  4. "Javier COUSO PERMUY". Parlamento Europeo (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  5. "Javier Couso cierra la campaña llamando a votar a Izquierda en Positivo “contra el estado de excepción permanente” en la UE" (en castelán). 25 de maio de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]