Javier Pardo Siota
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1996 (28 anos) Allariz, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Sitio web | javierpardo.es… |
Javier Pardo Siota, nado en Allariz o 1 de outubro de 1996, é un piloto de rallys galego. Foi subcampión do Campionato de Europa de Rally en 2022, así como campión da categoría ERC2 en 2021.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É fillo do antigo piloto de rallys Francisco Javier Pardo, que corría habitualmente o Campionato de España de Rallys de Terra a bordo dun Subaru Impreza.[2] A súa irmá Melissa Pardo Siota fixo de copilota tanto para pai como para fillo.[3]
Iniciou a súa carreira como piloto en 2014, participando cun Fiat Punto HGT e con Iván Domínguez como copiloto en dúas probas de rallymix, así como no seu primeiro rally, o Rally Eurocidade Tui-Valença, correspondente ao Campionato de Galicia. En 2015 correu numerosas probas, entre elas a maioría de rallys do certame galego e do Campionato de España de Rallys de Terra, encadrado neste último dentro da Copa Kobe a bordo dun Toyota Aygo. Ademais, debutou no nacional de asfalto, conducindo un Suzuki Swift no Rally de Ferrol. No 2016 correu a bordo dun Peugeot 208 R2 e co apoio de Rallycar e AR Vidal, disputou o nacional de terra así como algunhas probas de asfalto, competindo nas categorías R2 e Júnior. Rematou a tempada gañando tres títulos do nacional de terra: a Copa de España de Pilotos, a Copa de España 2RM e e o Trofeo Júnior.[4]
Continuou a súa progresión no 2017, no que a pesar de non comezar da mellor maneira posible, consolidouse como un dos pilotos máis rápidos do nacional de asfalto, acabando sétimo na xeral e proclamándose campión da categoría de dúas rodas motrices, da categoría júnior e da categoría R2.[5] Durante esta campaña comezou a correr con Adrián Pérez, o seu copiloto habitual dende entón.
Na tempada 2018 deu un xiro á súa carreira, fichando polo equipo Suzuki co que disputou o Campionato de España de Rallys aos mandos dun Suzuki Swift R+ N5, rematando como campión júnior. Pola súa banda, disputou tamén o nacional de terra, conseguindo na segunda proba o seu primeiro podio absoluto nun rally, ao quedar terceiro en Pozoblanco.[6] Obtivo bos resultados nas restantes probas e proclamouse subcampión absoluto, só por detrás de Xavi Pons, así como campión nas categorías júnior e N5. Disputou ademais o Rally Cristian López Herrero en Cantabria, conseguindo a súa primeira vitoria nun rally.
Na campaña 2019 seguiu vinculado ao equipo Suzuki no Campionato de España de Rallys, subindo por primeira vez ao podio no Rali do Cocido e rematando quinto na xeral do campionato. Logrou tamén varios podios no certame de terra, conducindo un Škoda Fabia R5, revalidando o seu título júnior do ano anterior e rematando de novo como subcampión absoluto, outra vez por detrás de Pons. En 2020 competiu cunha nova montura, un Suzuki Swift R4lly S, co que repetiu o quinto posto do nacional de asfalto e sumou un novo título júnior.
Comezou o 2021 cun terceiro posto na primeira proba do Súper Campionato de España, no Rally Serra Morena, e a continuación pasou a competir no Campionato de Europa de Rally, encadrado na categoría ERC2 a bordo do Suzuky R4lly S . Logrou a vitoria da súa clase nos seis rallys nos que participou (Polonia, Roma Capitale Azores, Serras de Fafe e Felgueiras, Hungría e Illas Canarias), proclamándose así campión do ERC2 de xeito incontestable.[7] En 2022 pasou a disputar a categoría absoluta do Campionato de Europa, ao mando dun Skoda Fabia Rally 2. Puntuou en tódalas probas da competición, unha regularidade que lle valeu para acabar na segunda posición da xeral, superado só por Efrén Llarena.[1]
En abril de 2023 conseguiu a súa primeira vitoria a nivel nacional, na segunda proba do Súper Campionato de España de Rallys, o Rally Terras Altas de Lorca, onde superou a José Antonio Suárez para se colocar líder da competición.[8]
Resultados
[editar | editar a fonte]Campionato de Europa
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Automóbil | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Puntos | Pos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2021 | Suzuki Motor Ibérica | Suzuki Swift R4LLY S | POL 23 |
LIE | ROM 26 |
ZLI | AZO 10 |
FAF 16 |
HUN 17 |
CAN 23 |
7 | 41º |
2022 | Team MRF Tyres | Škoda Fabia Rally2 evo | FAF 4 |
AZO 13 |
CAN 7 |
POL 9 |
LIE 8 |
ROM 7 |
ZLI 10 |
CAT 3 |
99 | 2º |
S-CER
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Automóbil | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | once | 12 | 13 | Puntos | Pos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2019 | Escudería Ourense | Škoda Fabia R5 | LOR 2 |
CAN | TDA 3 |
AST 3 |
GRA 2 |
MAD Ret |
19 | 4º | |||||||
Suzuki Motor Ibérica | Suzuki Swift Sport R+ | OUR 3 |
PDA Ret |
||||||||||||||
2020 | Suzuki Motor Ibérica | Suzuki Swift R4LLY S | LOR |
FER 3 |
NUC 5 |
MAD | CAN 5 |
40 | 7º | ||||||||
Escudería Ourense | Ford Fiesta Rally4 | TDA Ret |
|||||||||||||||
2021 | Suzuki Motor Ibérica | Suzuki Swift R4LLY S | SMO 3 |
LOR | ADE | TDA | FER 4 |
PDA | LLA | MAD | POZ | NUC | CAN 11 |
LEO | 66 | - | |
Suzuki Swift Sport MK6 | OUR 18 |
||||||||||||||||
2023 | Team MRF Tyres | Hyundai i20 N Rally2 | SMO 5 |
LOR 1 |
CAN | POZ | OUR | PDA | LLA | CAT | NUC | 61 | 1º |
CERT
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Automóbil | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Puntos | Pos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | Escudería Ourense | Fiat Punto HGT | LOR 8 |
38 | 16º | |||||||
Toyota Aygo | NAV 6 |
CUR Ret |
BIE Ret |
CER | EXT | MAL Ret |
||||||
2016 | Escudería Ourense | Peugeot 208 R2 | LOR 16 |
NAV 8 |
MAN 9 |
BIE 7 |
CER 9 |
EXT 12 |
CTG | POZ | 101 | 7º |
2018 | Escudería Ourense | Mitsubishi Lancer EvoX | LOR 14 |
165 | 2º | |||||||
Suzuki Motor Ibérica | Suzuki Swift R+ | POZ 3 |
VOL 6 |
TDA 7 |
CER 5 |
NAV 4 |
GRA 6 |
MAD 7 | ||||
2019 | Escudería Ourense | Škoda Fabia R5 | LOR 2 |
POZ Ret |
TDA 4 |
AST 3 |
GRA 2 |
VOL | 138 | 2º | ||
Suzuki Swift Sport R+ | NAV 9 |
CERA
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Automóbil | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | once | Puntos | Pos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Escudería Ourense | Peugeot 208 R2 | CAN | ADE | SMO | FER 32 |
CNT | OUR 18 |
PDA 16 |
LLA 14 |
NUC 10 |
MAD Ret |
29 | 25º | |
2017 | Escudería Ourense | Peugeot 208 R2 | SMO 12 |
CAN Ret |
ADE Ret |
OUR 10 |
FER 8 |
PDA 7 |
LLA 11 |
CNT 5 |
NUC 7 |
MAD 10 |
126.6 | 7º | |
2018 | Suzuki Motor Ibérica | Suzuki Swift R+ N5 | COC 4 |
SMO 5 |
CAN 9 |
ADE 7 |
OUR Ret |
FER 6 |
PDA Ret |
LLA 5 |
CNT 6 |
NUC Ret |
MAD 19 |
136 | 6º |
2019 | Suzuki Motor Ibérica | Suzuki Swift Sport R+ | SMO Ret |
CAN | ADE 6 |
OUR 4 |
COC 3 |
FER | PDA Ret |
LLA 4 |
CNT 4 |
NUC 5 |
MAD Ret |
148 | 5º |
2020 | Suzuki Ibérica Motorsport | Suzuki Swift R4lly S | OUR 6 |
FER 6 |
PDA 7 |
NUC 7 |
CAN 11 |
80 | 5º |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Gutiérrez, Chiqui (23 de outubro de 2022). "Javier Pardo se proclamó subcampeón europeo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2023.
- ↑ Meijome, Martín (30 de setembro de 2020). "La familia Pardo al completo en el Rallye Rías Altas" (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2023.
- ↑ "Melissa Pardo Siota". eWRC (en inglés).
- ↑ "Javier Pardo vence en 2RM y se proclama campeón de España" (en castelán). 12 de outubro de 2016. Consultado o 23 de abril de 2023.
- ↑ Gómez, Pablo (4 de decembro de 2017). "Tres coronas para Javier Pardo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2023.
- ↑ "Javier Pardo y Adrián Pérez suben el Suzuki Swift R+ al pódium" (en castelán). 9 de abril de 2018. Consultado o 23 de abril de 2023.
- ↑ "O piloto de Suzuki Javier Pardo, campión europeo de rallye ERC2". 30 de decembro de 2021. Consultado o 23 de abril de 2023.
- ↑ "Rally: Javier Pardo obtén a vitoria no ‘Tierras Altas’ de Lorca e sitúase líder do Supercampionato de España". Nós Diario. 15 de abril de 2023. Consultado o 23 de abril de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Javier Pardo Siota |