Jean Moulin
Jean Moulin, nado en Béziers o 20 de xuño de 1899 e finado en Metz o 8 de xullo de 1943 foi un heroe da resistencia francesa. Durante a Segunda guerra mundial encargouse polo xeneral Charles de Gaulle de unificar os movementos de resistencia contra a ocupación alemá dos nazis en Francia.
Carreira
[editar | editar a fonte]Moulin iniciou a súa carreira na administración pública, destacándose como oalcalde máis novo no departamento de Aveyron. Durante a ocupación alemá en 1940, rexeitou as presións para asinar un documento que acusaba as tropas francesas de atrocidades, o que levou á súa destitución e a súa fuga a Londres a finais de 1941.
Na capital británica, foi nomeado delegado pola zona non ocupada de Francia para organizar a resistencia. A súa tarefa culminou coa creación do Consello Nacional da Resistência en maio de 1943, do que foi o primeiro presidente.
Ese mesmo ano, foi capturado pola Gestapo en Caluire e levado á prisión de Montluc, onde foi interrogado e torturado. A pesar da súa resistencia a fornecer información, foi transferido a Alemaña, onde morreu durante a viaxe, no verán de 1943.
Desde 1964, un memorial en lembranza de Moulin atópase no Panteón de París, aínda que os seus restos mortais nunca foron encontrados.[1]
Notas
- ↑ "«Entre ici, Jean Moulin»: le 19 décembre 1964, les cendres du résistant sont transférées au Panthéon". Le Figaro (en francés). 2014-12-19. Consultado o 2024-08-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baynac, Jacques. Les secrets de l'affaire Jean Moulin: Contexte, Causes Et Circonstances. Seuil: París, 1998. ISBN 2-02-033164-0
- Clinton, Alan. Jean Moulin, 1899-1943: the French Resistance and the Republic. Palgrave: Nova York, 2002. ISBN 978-0-333-76486-2
- Daniel Cordier. Jean Moulin. La République des catacombes. Gallimard: París, 1999. ISBN 2-07-074312-8
- Hardy, René. Derniers
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |