Saltar ao contido

Jesús Cintora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Cintora

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Soria, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRTVE (2020–2021) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm5579459 Facebook: jesus.cintoraperez Twitter: jesuscintora BNE: XX5500475 Editar o valor en Wikidata

Jesús Ángel Cintora Pérez, nado en Ágreda (provincia de Soria) o 27 de xaneiro de 1977, é un xornalista e presentador de televisión castelán. Dende novembro de 2020 até xullo de 2021 presentou Las cosas claras na 1 de TVE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende 1996 ata 2000, os seus primeiros traballos desenvolvéronse nas emisoras da Cadena SER de Soria, Pamplona, Zaragoza e Madrid.

En 2000 formou parte do equipo que arrincou Radio Marca en emisións dixitais.

En 2000 volveu á SER de Madrid. Entre 2002 e 2006 foi o coordinador da parte informativa do programa Hoy por hoy dirixido por Iñaki Gabilondo primeiro e Carles Francino dende 2005.

Despois dirixiu Hora 14 e Hora 25 fin de semana ata marzo de 2011, cando empeza a dirixir Matinal SER tras a reestruturación dos servizos informativos da Cadena SER.

Televisión

[editar | editar a fonte]

Os seus primeiros traballos foron para TVE Navarra, Canal 4 Navarra e Canal Satélite Digital.

Entre 2011 e 2013 participou como analista político en varios programas de televisión entre os que destacan El debate de La 1 en Televisión Española (2012-2013), La Noche del Canal 24 horas en Televisión Española (2012-2013), El programa de Ana Rosa en Telecinco (2011-2013) e El gran debate (2012-2013) en Telecinco, De hoy a mañana (2012-2013) e El cascabel (2013) en 13TV, Alto y claro en Telemadrid, La vuelta al mundo (2009-2011) en Veo7 e Una mirada al mundo (2012) en Discovery MAX.

Presentación de No quieren que lo sepas en Bueu, con Ana Pardo de Vera, organizado pola Libraría Miranda.

Dende o 6 de maio de 2013, Cintora substituíu a Marta Fernández na presentación do espazo matinal Las mañanas de Cuatro en Cuatro. O espazo acadou o liderado da televisión informativa matinal en España.

Na primeira edición do programa presentado por Cintora, en 2013, sentan á mesa Pedro Sánchez, Pablo Iglesias, Albert Rivera, Alberto Garzón e Pablo Casado Blanco, denantes de acadar un papel decisivo na chamada nova política.

Entre o 24 de novembro e o 8 de decembro de 2013, ponse á fronte do novo programa informativo chamado The Wall.

O 19 de xuño de 2014 formou parte do despregamento informativo de Mediaset España con motivo da proclamación de Filipe VI de España xunto a Ana Rosa Quintana e Pedro Piqueras.[1]

O 27 de marzo de 2015 Mediaset España anuncia o seu cesamento como presentador de Las mañanas de Cuatro alegando o grupo de comunicación nun comunicado oficial que "Mediaset ten o claro obxectivo de informar, que non formar, aos espectadores a través dun pluralismo co que dar voz a absolutamente todas as opinións políticas e cuns presentadores que traten a información de maneira obxectiva", con todo continúa na cadea para outros futuros proxectos.[2][3][4][5] Numerosos medios de comunicación sinalaron que Mediaset recibira presións políticas dende o goberno do Partido Popular para despedir a Cintora polas súas habituais críticas ao goberno, tese defendida polo propio xornalista.[6][7][8]

En novembro de 2015 Las mañanas de Cuatro recibiu o Premio Ondas "por abrir unha franxa televisiva estábel na actualidade, pola evolución que os seus sucesivos directores e condutores foron achegando e polo impacto político que provocou".

En 2015 presentou dúas edicións do programa En la caja, que protagonizan de forma alterna algunhas facianas coñecidas de Cuatro. Cintora penetrouse no mundo dos desafiuzamentos con fondos voitres e nos recortes da sanidade e a educación.

En 2016 presentou en Cuatro durante dous meses o espazo Cintora a pie de calle.[9] Tras máis dun ano apartado da pequena pantalla, regresa á mesma cadea en setembro de 2017 co programa La línea roja.[10]

En marzo de 2018 anúnciase a súa marcha de Mediaset España para fichar por Atresmedia Corporación para La Sexta para colaborar en Al rojo vivo, La Sexta Noche, Liarla Pardo e Más vale tarde. Dende novembro dese ano até febreiro de 2020, presentou na mesma cadea o programa Carretera y manta.[11]

En agosto de 2024 en Bueu presentando os seus libros, acto da Libraría Miranda

En novembro de 2020 fichou por Televisión Española para presentar un novo programa de actualidade, Las cosas claras, que custaba 43.048,38 € de orzamento público por cada emisión do programa. O orzamento aprobado polas 32 entregas iniciais ascendeu a 1,3 millóns de euros. A produtora beneficiaria foi Lacoproductora SL.[12] Ao cabo de oito meses, en xullo de 2021 o programa foi suprimido despois de mellorar moito as audiencias de TVE a esa hora e con polémica.[13][Cómpre referencia]

  1. Fórmula TV. "Ana Rosa Quintana únese con Pedro Piqueras e Jesús Cintora para a cobertura da proclamación do rei Filipe VI". 
  2. Mediaset, tras a destitución de Jesús Cintora: "Temos o obxectivo de que os presentadores informen obxectivamente". Fórmula TV.
  3. Mediaset destitúe a Jesús Cintora como presentador de Las mañanas de Cuatro (27 de marzo de 2015). El Diario.
  4. Jesús Cintora, apartado de Las mañanas de Cuatro (27 de marzo de 2015). 20minutos.
  5. Jesús Cintora, apartado de ‘Las mañanas de Cuatro’ (27 de marzo de 2015). El País.
  6. Irene Castro; Alejandro Navarro Bustamante (21 de abril de 2015). "Jesús Cintora: "Hai quen quixese que estivésemos calados, pero non me van a calar"". El Diario. 
  7. Villarejo, Ismael G. (4 de abril de 2015). "O despedimento de Cintora, a proba máis viral do cisma do PP… e da dependencia dos medios". Economía Digital. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  8. Álvarez, José. Mediaset destitúe a Jesús Cintora por presións políticas (27 de marzo de 2015). Bluper.es. Arquivado en Archive.org.
  9. «Cintora a pie de calle» estréase cunha análise da economía mergullada en España (14 de marzo de 2016). La Voz de Galicia.
  10. El Mundo, ed. (26 de setembro de 2017). "Cuatro coloca a Jesús Cintora en La línea roja". Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  11. "O "novo, rompedor e atrevido" programa de Cintora chega o mércores a La Sexta". El Confidencial (en castelán). 27 de novembro de 2018. Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  12. "Mateo responde a Vox que o programa de Cintora custa 43.000 euros ao día". 20minutos (en castelán). 11-12-2020. 
  13. TVE cierra ‘Las cosas claras’, el programa más incómodo de la temporada (20 de xullo de 2021). El País.