Jesulín de Ubrique
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Jesús Janeiro Bazán 9 de xaneiro de 1974 (50 anos) Ubrique, España |
Actividade | |
Ocupación | matador, toureiro |
Familia | |
Parella | Belén Esteban Menéndez (1995–2000) |
Cronoloxía | |
Alternativa (tauromaquia) (pt) | |
confirmación de alternativa (en) | |
Premios | |
| |
Jesús Janeiro Bazán, coñecido como Jesulín de Ubrique, nado o 9 de xaneiro de 1974 en Ubrique (Cádiz), é un toureiro español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Humberto Janeiro López[1] (1 de novembro de 1943)[2] e María del Carmen Bazán Domínguez (24 de decembro de 1944).[3] Ten tres irmáns: o piloto Humberto Janeiro Bazán (1972), a ex-modelo Carmen Janeiro Bazán (10 de marzo de 1976) e o tamén toureiro Víctor Manuel Janeiro Bazán[4] (5 de abril de 1979).
Estivo na Escola Taurina de Cádiz. Vestiu por primeira vez o traxe de luces en El Bosque, o 22 de agosto de 1987. Debutou con cabalos en Ronda o 30 de abril de 1989, co touro «Ambiciones» de Manolo González acompañado de Julio Aparicio e Finito de Córdoba, cortando dúas orellas. En 1989 conseguiu o soado "Zapato de Ouro" nas novilladas con picadores de Arnedo (A Rioxa).
Recibiu a alternativa na cidade francesa de Nîmes o 21 de setembro de 1990, con José Mari Manzanares como padriño, en presenza de Emilio Muñoz, co touro: «Correcostas» de González Sánchez-Dalp. Esa tarde cortou unha orella e vestía de branco e ouro.
A confirmación foi o 25 de maio de 1992, onde o padriño foi José Ortega Cano e a testemuña Julio César Rincón, co touro: «Malahierba» do Marqués de Docmecq, sendo aplaudido. Cun estilo inspirado en Paco Ojeda, pero máis vertical, foi nos seus tempos de novillero e os seus primeiros tempos de matador un toureiro frío e con oficio. É un toureiro con moita técnica e amorne.
A súa consagración foi en 1994, encabezando a escala con 153 corridas toureadas e cortando 339 orellas. Protagonizou un escándalo por invitar a tourear ao seu apoderado, Manolo Morilla, o que lle ocasionou unha severa multa. O ano seguinte (1995) bateu a súa marca encabezando de novo a escala con 161 corridas e 279 orellas cortadas. En opinión dos expertos, esta saturación de corridas prexudicoulle claramente no seu estilo (aínda que lle fixo inmensamente rico), derivando o seu toureo nun estilo frío e despegado.
En 1996 toureou en España 121 corridas; en 1997 toureou 87; en 1998 toureou 79; en 1999 toureou 11 corridas e retirouse o 22 de abril, reaparecendo en 2001 que toureou en España 73 corridas sendo o 4º da escala; en 2003 toureou 77 (5º); en 2004 toureou 55; en 2005 toureou 62; en 2006 toureou 57 e en 2007 toureou 77 (6º).
En paralelo á súa popularidade como matador de touros, Jesulín comeza a conceder entrevistas máis persoais para as revistas do corazón, converténdose no toureiro máis famoso da prensa rosa. En 1994 ofreceu unha corrida gratuíta só para mulleres en Aranjuez (Madrid). Desde entón a Jesulín coñéceselle tamén co alcume de «o toureiro das mulleres». Nesta época introduciuse no mundo da canción, gravando un disco que incluía a coñecida canción "Toda" e versións de cancións doutros artistas como "Locos por Amor", de Francesc Picas (ex-membro de Loco Mía) , ou "Háblame del mar, marinero", de Marisol.
En 1999, toureou só 11 corridas e, con só 25 anos, decidiu retirarse temporalmente por falta de motivación. Na tempada de 2001 reapareceu na praza de Olivenza (Badaxoz), con intención de tourear menos, recuperando as boas sensacións da súa época de novillero.
En 2001 tivo un accidente moi grave de coche.
En xaneiro de 2003 o Concello de Ubrique nomeouno fillo predilecto por levar o nome do seu pobo natal por toda a xeografía taurina de Europa e América.
Logo dun retiro voluntario de case dous anos, regresou o 8 de marzo de 2010, na primeira corrida da Feira da Magdalena de Castelló de la Plana.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Con Belén Esteban ten unha filla chamada Andrea (1999). Con María José Campanario ten dous: Julia (2003) e Jesús Alejandro (2007). Con esta última casou en 2002 e residen na leira de trescentas hectáreas Ambiciones (Cádiz).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sierratauro, S.L.". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2014. Consultado o 08 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Memorias de Humberto Janeiro. Primer capítulo". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2014. Consultado o 08 de xaneiro de 2014.
- ↑ Librería Cervantes
- ↑ "Interviu". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2014. Consultado o 08 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Fría reaparición de Jesulín de Ubrique". El Mundo. Consultado o 21 de marzo de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Jesulín de Ubrique en portaltaurino.com (en castelán)