Saltar ao contido

Jesusa Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesusa Prado
Biografía
Nacemento(es) Jesusa Prado López Editar o valor en Wikidata
21 de novembro de 1897 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1971 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata

Jesusa Prado López, nada en Ourense o 21 de novembro de 1897 e finada na Habana o 15 de abril de 1971, foi unha política galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Ramón Prado, obreiro da industria do calzado que instalou unha pequena peletería en Ourense, en 1910 arribou co seu pai a Cuba, onde se encontrarían posteriormente coa nai e outros dous fillos.[1] A familia era perseguida polas súas ideas socialistas, ata o extremo de que lles queimaron a súa vivenda, incendio no que pereceron dous dos fillos. O pai morreu de cancro e Jesusa comezou a traballar aos 16 anos na tinturería Lindsay, do Cerro, onde coñeceu a dúas irmás de José Martí que cosían para ese negocio.[2] Mais a verdadeira vocación de Jesusa era a escritura.

En 1920 casou con Donato Figueiral Quintas, natural de Solbeira.[1] En 1925 sostivo polémicas con dous intelectuais cubanos Juan Marinello e Gustavo Aldereguía.[1] Cara a 1934 regresou a Ourense coa súa filla Soledad,[1] alí rexentou unha tinturería e ingresou no PCE.[3] Participou na folga xeral revolucionaria de 1934 e foi apresada coa súa filla.[1] Aínda que logo quedou libre da cadea, non puido saír da súa casa ata as eleccións de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse á rúa e arengou o pobo para combater o fascismo, acompañou á manifestación obreira que reclamaba armas nas portas do Goberno Civil. Volveu ser detida e foi recluída no cárcere de Celanova, e aínda que se deu orde de fusilala, finalmente foi trasladada á prisión de Bande e despois á de Ribadavia.[1]

O cónsul cubano en Vigo recibiu do seu home a cidadanía cubana de Jesusa e así conseguiu liberala. En novembro de 1938 a policía española levouna ata Valença do Minho e entregouna á policía portuguesa, que a trasladou a Lisboa. O cónsul conseguiu sacar a Soledad Figueiral para Portugal e ambas as dúas embarcaron para Cuba no buque Iberia.[1]

Na Habana abriu unha tinturería co nome "El Buen Gusto", na que se ocupaba de repasar a roupa. Foi electa vicepresidenta da Asociación Hijas de Galicia. Co triunfo da Revolución cubana en 1959 cedeu a súa tinturería ao Estado cubano e pasou a traballar nas tendas do Hotel Nacional, na Casa Isabel e outros establecementos. Foi unha das fundadoras dos Comités de Defensa da Revolución (CDR) en 1961 e o comandante Ernesto Che Guevara designouna para actuar como docente nos círculos de estudos do Banco Nacional que el dirixía. O mesmo labor fixo tamén no xornal Hoy, do Partido Socialista Popular (PSP). Reuniuse con Dolores Ibárruri, A Pasionaria, cando visitou A Habana e tamén con Santiago Carrillo e Enrique Líster, que a foron visitar durante as súas estadías en Cuba.[1]

Despois de sufrir sete infartos que a obrigaron a se xubilar das súas tarefas políticas en 1967, morreu na Habana o 15 de abril de 1971.[1]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Galega, Consello da Cultura. "Jesusa Prado López | Album de Galicia". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2024-11-24. 
  2. "Jesusa Prado | Álbum de mulleres | culturagalega.org". culturagalega.gal. Consultado o 2024-11-24. 
  3. "Itinerarios cubanos del exilio gallego". Consultado o 2024-11-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Saraiba, Nydia (2006). Perfiles. Mujeres de la Guerra Civil Española en Cuba. Sada: Do Castro. 
  • Domingo Cuadriello, Jorge (2009). El exilio republicano español en Cuba. Madrid: Siglo XXI. pp. 488–489. ISBN 978-84-323-1387-5. Consultado o 17 de xaneiro de 2013. 
  • Egido, Ángeles, Eiroa, Matilde, Lemus, Encarnación y Santiago, Marifé (2022). Mujeres en el exilio republicano de 1939. Homenaje a Josefina Cuesta. Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática. ISBN 9788474711554

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]