Saltar ao contido

João Barrento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoão Barrento

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Alter do Chão, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, crítica literaria, Literatura em alemão (pt) Traducir, lingüística comparada, chronicle writing (en) Traducir, tradução para português (pt) Traducir, translations from Portuguese (en) Traducir, translation from German (en) Traducir e translation into German (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónensaísta, cronista, profesor universitario, crítico literario, tradutor, escritor Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX999831

João Barrento, nado en Alter do Chão o 26 de abril de 1940, é un ensaísta, crítico literario, cronista e tradutor portugués.[1]

Biografía

[editar | editar a fonte]

João Barrento licenciouse en Filoloxía Xermánica pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa (1958-64), elaborando unha disertación sobre a obra do dramaturgo inglés Harold Pinter Entre a Palavra e o Gesto. Interpretação do Teatro de Harold Pinter. Lisboa, 1964).[2]

De 1965 a 1968, foi lector de Portugués na Universidade de Hamburgo e, máis tarde, lector de Alemán na Facultade de Letras de Lisboa. Tornouse tradutor literario de lingua alemá. De 1986 até xubilarse, foi profesor de Literatura alemá e Comparada na Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa. É tradutor de literatura e filosofía de lingua alemã.[2]

Profesor convidado e conferenciante nas Universidades alemás de Hamburgo, Gotinga, Düsseldorf, Heidelberg, Erfurt, Leipzig, Mainz, Bielefeld e nas Universidades de Viena (Áustria), Louvain-la-Neuve (Bélxica), Pontifícia Universidade Católica do Río de Janeiro e Federal da Paraíba (Brasil).[3]

Colaborador regular (columnista e cronista) do xornal Público entre 1990 e 2006, e da maior parte dos xornais e das revistas literarias e culturais portuguesas, ademais doutras como: Semear, Metamorfoses e Inimigo Rumor, Río de Xaneiro; Ibero-Americana, Frankfurt. Tivo cargos na Associação Portuguesa de Escritores, Associação Portuguesa de Literatura Comparada, Associação Portuguesa de Tradutores, Associação Portuguesa de Estudos Germanísticos, PEN-Clube Português.[2]

Traduciu e prologou decenas de autores de lingua alemá, da Idade Media ao século XXI, particularmente de poesía moderna e contemporánea, alén de obras de ficción, filosofía e teatro.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]

João Barrento ten realizado traducións de Goethe, Robert Musil, Hugo von Hofmannsthal, Erich Fried, Michael Krüger, Gottfried Benn, Christa Wolf, Paul Celan, Johannes Bobrowski, Thomas Bernhard, Georg Trakl, Peter Handke, Heiner Müller. Alén diso, traduciu e organizou antoloxías de textos e poemas de lingua alemá. É tamén autor de libros de divulgación da literatura portuguesa na Alemaña.

Ensaios, crónicas e teoría

[editar | editar a fonte]
  • Realismo-Materialismo-Utopia: Uma Polémica (Lukács, Bloch, Brecht, Eisler) (1978).
  • História Literária: Problemas e Perspectivas (1983).
  • Fausto na Literatura Europeia (1984). Lisboa, Apáginastantas. Libro colectivo.
  • O Espinho de Sócrates: Modernismo e Expressionismo (1987). Lisboa, Presença.
  • A Poesia do Expressionismo Alemão (1989). Lisboa, Presença.
  • Literatura Alemã: Textos e Contextos (1700-1900) (1989).
  • Goethe: Vida, Obra, Época/ Goethe em Portugal (1991). Lisboa, Círculo de Leitores.
  • A Palavra Transversal. Literatura e Ideias no Século XX (1996). Lisboa, Cotovia.
  • A Literatura Portuguesa depois da Revolução (1998).
  • Uma Seta no Coração do Dia (1998). Lisboa, Cotovia.
  • Nelken und Immortellen. Portugiesische Literatur der Gegenwart [Cravos e Sempre Vivas. A literatura portuguesa contemporánea] (1999). Berlín, Edition tranvía.
  • A Espiral Vertiginosa. Ensaios sobre a cultura contemporânea (2000). Lisboa, Cotovia.
  • Umbrais. O Pequeno Livro dos Prefácios (2000). Lisboa, Cotovia.
  • A Alma e o Caos (2001). Relógio D'Água
  • O Cardo e a Rosa (2002). Assírio & Alvim
  • O Poço de Babel. Para uma poética da tradução literária (2002). Lisboa, Relógio d’Água.
  • Origem do drama trágico Alemão (2004)
  • Ler o Que Não Foi Escrito. Conversa inacabada entre Walter Benjamin e Paul Celan (2005). Lisboa, Cotovia.
  • O Arco da Palavra. Ensaios (2006). S. Paulo, Escrituras
  • A escala do meu mundo (2006). Crónica.
  • Na Dobra do Mundo. Escritos llansolianos (2008). Lisboa: Mariposa Azul.
  • O género intranquilo : anatomia do ensaio e do fragmento (2010). Lisboa: Assírio & Alvim.
  • O mundo está cheio de deuses. Crise e crítica do contemporâneo (2011). Lisboa: Assírio & Alvim.
  • Geografia Imaterial. Três ensaios sobre a poesia (2014). Documenta.
  • Como um Hiato na Respiração. Diário do Dia Seguinte (2015). Averno.
  • A Chama e as Cinzas. Um Quarto de Século da Literatura Portuguesa (2016). Bertrand Editora.[4]
  • Goethe o Eterno Amador (2018). Bertrand Editora.

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  • 1979: Premio Calouste Gulbenkian da Academia das Ciencias de Lisboa para a Tradución de Poesía.
  • 1993-1999: Gran Premio de Tradución do PEN Club Portugués /Asociación Portuguesa de Tradutores (en 1993, pola obra de Goethe, e en 1999, pola tradución integral do Fausto).
  • 1996: Premio de Ensaio "Jacinto do Prado Coelho", da Asociación Internacional de Críticos Literarios - Sección Portuguesa.
  • 1996: Gran Premio de Ensaio Literario da Asociación Portuguesa de Escritores [APE].
  • 2001: Premio de Ensaio do PEN Club.
  • 2005: Premio de Tradución Científica e Técnica da Unión Latina (polo 1º volume da edición de Walter Benjamin).
  • 2006: Gran Premio de Crónica da APE.
  • 2010: Premio de Tradución do Ministerio da Cultura da Austria, pola tradución de O Homem sem Qualidades, de Musil.
  • 2010: Prémio D. Dinis, da Fundación da Casa de Mateus (polo libro O Género Intranquilo. Anatomia do ensaio e do fragmento).
  • 2011: Premio P.E.N. Clube Português de Ensaio.
  • 2012: Grande Premio de Ensaio Eduardo Prado Coelho.[5]
  • 2023: Premio Camões.

Foi agraciado coa Cruz de Mérito Alemá (1991) e a Medalla Goethe (1998).[3]

  1. Porta 33. "PORTA 33: Identidade(s) - João Barrento". www.porta33.com (en portugués). Consultado o 2020-07-04. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Nota bibliográfica sobre Joao Barrento" (PDF). pluricom.com.br (en portugués). 
  3. 3,0 3,1 "Biografia". livro.dglab.gov.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-04. 
  4. Marques, Joana Emídio. "João Barrento: "A literatura foi contaminada pela acumulação de atualidade"". Observador (en portugués). Consultado o 2020-07-04. 
  5. "João Barrento. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]