Joaquín Fernández Barcia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1906 Mourente, España |
Morte | 2 de decembro de 1936 (30 anos) Poio, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro, político |
Joaquín Fernández Barcia, coñecido como El Negro, nado en Mourente (Pontevedra) o 10 de agosto de 1906 e finado en Poio o 2 de decembro de 1936, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ebanista, afiliado á Sociedade de Ebanistas afecta á UGT. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e estivo preso. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Vigo na casa duns parentes. O 25 de agosto foi recoñecido por un policía pontevedrés que estaba en Vigo para efectuar un servizo e foi detido. Acusado de participar na requisa efectuada na armería de Ruperto Santos e nos feitos revolucionarios de xullo, arengando e alentando os grupos rebeldes. O 20 de novembro foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar con Eduardo Muíños Búa, Manuel Dios Costado, Nemesio Laya Abal, Ciriaco Licer Cons e Ramón Rey Juncal, e condenado a pena de morte.[1] Foi executado o 2 de decembro de 1936 no km 1 da estrada a Campañó con Eduardo Muíños Búa, Manuel Dios Costado, José Crespo Torres, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Cespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias.
Dous dos seus irmáns foron detidos nos anos corenta acusados de actividades subversivas: Antonio, detido en 1947 por recadar diñeiro para Mundo Obrero, foi posto en liberdade polo xuíz por non haber cargos probados, e Saturno, detido e procesado en 1948 por presuntas implicacións co PCE, foi absolvido.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1932 con Dolores Corredoira González.,[2] que finou en decembro de 1934.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Víctor F. Freixanes (18 de agosto de 2019). "Memoria do tío Joaquín". La Voz de Galicia.