Saltar ao contido

José Crespo Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Crespo Torres
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor en Wikidata
Bendoiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
A Caeira, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 18

José Crespo Torres, nado en Bendoiro (Lalín) en 1905 e finado en Poio o 2 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrante retornado de Buenos Aires. Foi vicepresidente da Sociedade Obreira de Donsión en 1931. Fundou a sociedade obreira La Democracia de Bendoiro. Nomeado alguacil-porteiro do concello de Lalín en 1934. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido con José Fondevila García e estivo preso.[1] Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 18 de novembro con Xesús Golmar Rodríguez e Miguel Lamas Iglesias, foi condenado á pena de morte.[2] Foi executado o 2 de decembro de 1936 no km 1 da estrada a Campañó con Eduardo Muíños Búa, Joaquín Fernández Barcia, Manuel Dios Costado, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Cespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias.

  1. El Pueblo Gallego, 24-10-1934, p. 10.
  2. El Prograso, 19-11-1936, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]