Saltar ao contido

Xesús Golmar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xesús Golmar Rodríguez»)
Modelo:BiografíaXesús Golmar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Santiso, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1962 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Santiso, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Lalín
11 de abril de 1936 – 24 de xullo de 1936 (destitución)
← Manuel Ferreiro PanadeiroBernardo Madriñán González → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, xornalista, político Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1717589 BUSC: golmar-rodriguez-jesus-manuel-1908-1962 Nomes e Voces: 14

Xesús Golmar Rodríguez, nado en Santiso (Lalín) o 11 de setembro de 1908 e finado na mesma parroquia o 20 de xaneiro de 1962, foi un mestre, xornalista e político galego, e o derradeiro alcalde republicano de Lalín.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Golmar Cacheda, estudou o bacharelato en Lugo e fíxose mestre na Escola Normal de Santiago de Compostela animado polo seu parente e mentor Ramón Salgado Toimil. Foi mestre en Silvela (1931-33), Corvelle (1933-34) e Méixome (1934-36).

Colaborou nos periódicos El Ideal Gallego, La Provincia, Eco de Galicia, Heraldo de Galicia, El Pueblo Gallego, Atrás, Vida Escolar, Faro Villalbés, Razón, A Nosa Terra e Escuela Vivida, onde escribiu poemas e artigos pedagóxicos e políticos.

En 1934 ingresou no Partido Galeguista, e converteuse ao ano seguinte en presidente do Grupo Galeguista de Lalín (1935-36). Logo da destitución de Manuel Ferreiro Panadeiro nomeárono alcalde de Lalín o 11 de abril de 1936. A raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 destituírono o 24 de xullo. Detido e xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 18 de novembro con José Crespo Torres e Miguel Lamas Iglesias, condenárono a cadea perpetua.[1] Preso primeiro en San Simón, trasladárono ao Forte de San Cristovo (Pamplona) en febreiro de 1937, onde permaneceu ata setembro de 1940.[2] En liberdade provisional, pero inhabilitado para o maxisterio, regresou a Santiso onde casou. Morreu sen ser rehabilitado como mestre.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Dende 2004 leva o seu nome un centro escolar de Lalín, o CEIP Xesús Golmar.

  1. El Progreso, 19-11-1936, p. 3.
  2. "Golmar Rodríguez, Jesús Manuel". Los presos del penal de Ezcaba. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Manuel Ferreiro Panadeiro
 
Alcalde de Lalín
 
11-4-1936 - 24-7-1936
Sucesor:
Bernardo Madriñán