Manuel Puente Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1908 ![]() A Estrada, España ![]() |
Morte | 2 de decembro de 1936 ![]() Poio, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Manuel Puente Iglesias, nado na Estrada cara a 1908 e finado en Poio o 2 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Puente Pena e Avelina Iglesias Soto. Veciño de Pontevedra. Funcionario do Goberno civil de Pontevedra, foi axente executivo de cédulas do distrito de Pontevedra en 1933,[1] dos concellos de Barro e Portas en 1935,[2] e novamente do distrito de Pontevedra en 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomedao delegado do Gobernador Civil de Pontevedra no Grove. Foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 17 de novembro con Jacobo Barral Otero, Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, José Prol Figueiro e Miguel Mandiás Merino,[4] foi condenado á pena de morte. Foi executado o 2 de decembro de 1936 no km 1 da estrada a Campañó con Eduardo Muíños Búa, Joaquín Fernández Barcia, Manuel Dios Costado, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Cespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro e José Crespo Torres.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mascato, Antón (2019). Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). Santiago de Compostela: Positivas. ISBN 978-84-120184-6-2.