Miguel Mandiás Merino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1899 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 1967 (67/68 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | político |
Miguel Mandiás Merino, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1900 e finado en Buenos Aires en 1967, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario municipal do Grove. Xogou no Anduriña S.D. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 17 de novembro con Jacobo Barral Otero, Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias,[1] foi condenado á pena de morte. Foille conmutada a pena por cadea perpetua. Preso en San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo o 5 de febreiro de 1937. Participou na fuga do 22 de maio de 1938, reingresando o 25 de maio. Saíu en liberdade condicional o 25 de setembro de 1940. Foi detido en Pontevedra o 16 de xaneiro de 1942 e volveu ingresar no Forte San Cristovo o 26 de xaneiro. O 10 de agostro de 1942 saíu en liberdade condicional. En 1955 obtivo un pase de fronteiras[2] e marchou a Arxentina. Finou en Buenos Aires en 1967.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dorinda Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mascato, Antón (2019). Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). Santiago de Compostela: Positivas. ISBN 978-84-120184-6-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Mandiás Merino, Miguel". Los presos del penal de Ezcaba.