Johann Jakob von Tschudi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1818 Glarus, Suíza (en) |
Morte | 8 de outubro de 1889 (71 anos) Lichtenegg, Austria (pt) |
Embaixador | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Würzburg Universidade de Leiden Universidade de Zürich |
Actividade | |
Lugar de traballo | Perú (1838–1843) |
Ocupación | explorador, zoólogo, escritor, coleccionista de animais, lingüista, diplomático, ornitólogo, coleccionista de plantas |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Tschudi |
Arquivos en |
|
Familia | |
Fillos | Hugo von Tschudi |
Irmáns | Friedrich von Tschudi |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie |
Johann Jakob von Tschudi, nado o 25 de xullo de 1818 en Glarus, cantón de Glarus (Suíza), e finado o 8 de outubro de 1889 en Lichtenegg, Baixa Austria (Imperio Austro-Húngaro), foi un naturalista, diplomático, lingüista, explorador suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tschudi estudou ciencias naturais e medicina. En 1838 viaxou ao Perú, onde permaneceu durante cinco anos explorando e coleccionando plantas e animais nos Andes. Entre 1857 e 1859 visitou Brasil e outros países de Suramérica.
En 1860 foi embaixador de Suíza, permanecendo neste cargo até 1868, dedicándose de novo a explorar e recolectar plantas e a coleccionalas para enviar aos museos de Neuchâtel, Glarus e Friburgo.
Tschudi colaborou co científico peruano fundador do Museo Nacional de Arqueoloxía Antropoloxía e Historia do Perú en Lima, Mariano Eduardo de Rivero y Ustariz, como coautor da obra Antigüedades Peruanas, publicada en Viena en 1851.
Obras
[editar | editar a fonte]- System der Batrachier, 1838.
- '"Avium conspectus quae in Republica Peruana reperiuntur et pleraeque observatae vel collectae sunt in itinere". Archiv für Naturgeschichte 10: 262-317. Berlín: Nicholai'schen Buchhandlung.
- Untersuchungen uber die Fauna Perus. St. Gallen, 1844-1847.
- Peru, Reiseskizzen während der Jahre 1838-1842. St. Gallen, 1846.
- Antigüedades peruanas (con Don Mariano de Rivero). Viena 1851.
- Die Ketchuasprache. Viena, 1853.
- Reise durch die Andes von Südamerika. Gotha, 1860.
- Die brasilianische Provinz Minas-Geraes. 1863.
- Reisen durch Südamerika. Leipzig, 1866-1869.
- Ollanta, ein altperuanisches Drama, aus der Kechuasprache übersetzt und kommentiert. 1875.
- Organismus der Khetsuasprache. Leipzig, 1884.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Tschudi emprégase para indicar a Johann Jakob von Tschudi como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johann Jakob von Tschudi |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Johann Jakob von Tschudi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dewulf, Jeroen (2007): Brasilien mit Brüchen. Schweizer unter dem Kreuz des Südens. Zürich: NZZ Verlag. ISBN 978-3-0382-3349-7.
- Ratzel, Friedrich (1894): "Tschudi, Johann Jakob von". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Vol. 38. Leipzig: Duncker & Humblot. pp. 749–752.