Johannes Witte de Hese
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | clérigo, escritor de viaxes |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Johannes Witte de Hese (século XIV-XV) Jan Voet ou Joannes Heseus foi un sacerdote da diocese de Utrecht.[1] Escribiu o imaxinario caderno de viaxe Itinerarius sobre Oriente Medio e Extremo Oriente, en busca do Paraíso Terrestre. Tanto o caderno de viaxe como, en xeral, o tema literario foron populares nos séculos XV-XVI.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Non se sabe nada da súa vida, só que era un sacerdote da diocese de Utrecht e puido vir de Maastricht.[3]
Itinerarius
[editar | editar a fonte]Witte escribiu en latín. O título completo da súa obra é Itinerarius Joannis de Hese, presbiteri, a Hierusalem describens dispositiones terrarum, insularum, montium et aquarum ac etiam quedam mirabilia et pericula per diversas partes mundi contingentia lucidissime enarrans (a tradución do título ao galego sería: Caderno de viaxe do sacerdote Johannes de Hese, que describe desde Xerusalén as situacións de países, illas, montañas, ríos e que conta moi claramente algunhas marabillas e perigos en (pasando por) varios continentes do mundo).
Witte comeza o seu diario de viaxe en Xerusalén, visitando a Terra Santa. Desde alí viaxa polo Xordán até o Mar Vermello e Exipto. En Exipto visita os mosteiros do Sinaí e lugares asociados á mocidade de Xesús. Desde alí cruzou o Mediterráneo dende o porto de Damietta. Navegou a Edesa. A súa viaxe levouno ao Imperio do Preste Xoán, sobre o que na Idade Media había moita fantasía. Witte foi capturado polos soldados do Gran Khan (latín: Grandicanis). Os seus itinerarios eran fantasiosos: viu pigmeos, peixes voadores, unicornios, desertos vivos etc. e narrou milagres experimentados en primeira persoa.[4] Ao leste viu os muros da Terra Paradisíaca no monte Edom. Os seus muros brillaban entre o musgo e chegaban alto até o ceo, coma unha fortaleza inexpugnable. Tamén atopou a entrada do Purgatorio. En Oriente, describe o "Amazonas Branco" (sen relación coa zona actual do Amazonas salvo a orixe grega do nome): aquí viu unha Insula Masculina (illa con homes) e ao seu carón unha Insula Feminina (illa con mulleres).[5]
Como outras historias de viaxes imaxinarias nos Países Baixos, o Itinerarius foi moi popular. Coa chegada da imprenta, a obra foi reeditada repetidamente: en Colonia (1500),[6] Deventer (1504)[7] e Anveres (1565).[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CERL Theasurus".
- ↑ Dreaming of Cockaigne: Medieval Fantasies of the Perfect Life. p. blz 255. ISBN 0-231-11702-7.
- ↑ Dreaming of Cockaigne: Medieval Fantasies of the Perfect Life. p. blz 353.
- ↑ Routledge Revivals: Trade, Travel and Exploration in the Middle Ages. p. blz 649-650. ISBN 978-1-138-06493-5.
- ↑ Apocalyptic Cartography: Thematic Maps and the End of the World. p. blz 40-41. ISBN 978-90-04-30453-6.
- ↑ "Itinerarius a Jherusalem per diversas mundi partes (latin)".
- ↑ "Itinerarius a Jherusalem per diversas mundi partes (latin)".
- ↑ "Peregrinatio Joan".