Saltar ao contido

Jordan Bardella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJordan Bardella

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Drancy, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Eurodeputado
Representa: Fronte Nacional

16 de xullo de 2024 –

Circunscrición electoral: France (en) Traducir

Líder do partido Fronte Nacional
5 de novembro de 2022 –
← Marine Le Pen
Eurodeputado
Representa: Fronte Nacional

2 de xullo de 2019 – 15 de xullo de 2024

Circunscrición electoral: France (en) Traducir

Vicepresidente Fronte Nacional
16 de xuño de 2019 –
Voceiro
Representa: Fronte Nacional

21 de setembro de 2017 – 16 de xuño de 2019 – Laurent Jacobelli →
Member of the regional council of Île-de-France (en) Traducir
13 de decembro de 2015 –

Circunscrición electoral: Sena-San Denis
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesel_italiano93 Editar o valor en Wikidata
EducaciónEnsemble Scolaire Jean-Baptiste de La Salle - Notre-Dame de la Compassion (en) Traducir (–2013)
Université Paris-Sorbonne - xeografía (2013–2015) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónestudante (2013–2015), político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFronte Nacional (2012–) Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaNolwenn Olivier (2019–2024)
Kerridwen Chatillon (2017–2018)
Kelly Betesh (2015–2017) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontetagesschau.de (en) Traducir, , lang: lingua alemá Editar o valor en Wikidata
Páxina webjordan-bardella.fr Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm10446148 Facebook: JordanBardella Twitter: J_Bardella Instagram: jordanbardella Telegram: JordanBardella LinkedIn: jordan-bardella-001602315 Youtube: UC3U0VIDgANFaXeOAtt1m5Mw TikTok: jordanbardella Editar o valor en Wikidata

Jordan Bardella, nado en Drancy (Illa de Francia), o 13 de setembro de 1995, é un político francés militante da Agrupación Nacional. Militante das mocidades da Fronte Nacional dende 2012, é Conselleiro Rexional da Illa de Francia dende 2015, eurodeputado dende 2019, é o presidente de Agrupación Nacional dende o 5 de novembro de 2022. Estreito colaborador de Marine Le Pen, liderou Agrupación Nacional nas eleccións lexislativas de 2024 co obxectivo do ser o primeiro ministro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Naceu o 13 de setembro de 1995 en Drancy, no departamento de Sena-San Denis, é fillo único da unión dos seus pais, que se separaron cando el tiña un ano.[1] O pai era propietario de máquinas expendedoras e a nai docente de educación infantil, o seu avó materno inmigrou a Francia dende Turín na década de 1960, o seu bisavó parterno era de orixe alxerina e o seu avó por parte de pai converteuse ao islam.[2][3] Estudou o ensino medio no Liceo Xoán Bautista de La Salle, un centro privado, e comezou a carreira universitaria de Xeografía na Sorbona, aínda que non a rematou.[4][5][6]

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Con 16 anos, e moi influído pola figura de Marine Le Pen, comezou a militar nas mocidades da Fronte Nacional.[7] Protagonizou un rápido ascenso político: no 2015 foi asesor do eurodeputado da Fronte Nacional, Jean-François Jalkh, e resultou electo membro do Consello Rexional da Illa de Francia.[8][9] Paralelamente, gañou sona como referencia para os asuntos relativos ás banlieues (suburbios parisienses deprimidos): organizou as chamadas Banleieus Patriotiques, coa finalidade de difundir á Fronte Nacional entre os residentes nelas e atraer voto nos que chamaban "territorios abandonados da República".[4][10] No 2017 formou parte do equipo de campaña das presidenciais de Marine Le Pen, quen chegou á segunda volta mais derrotada por Emmanuel Macron.[11] Semanas máis tarde, Jordan Bardella procurou ser deputado na Asemblea Nacional candidatándose polo distrito 12 de Sena-San Denis. Aínda que obtivo o 15,06% dos votos emitidos, non logrou pasar á segunda volta.[12] Ese mesmo ano foi nomeado un dos voceiros do partido e, no 2018, liderou Generation Nation, as mocidades do partido.[13]

Foi o cabeza de lista de Agrupación Nacional para ás eleccións europeas de 2019, quedando en primeira posición co 23,34% dos votos.[14] Como eurodeputado integrouse no grupo de Identidade e Democracia e foi membro da comisión parlamentaria de Peticións.[15] Tamén se presentou para presidente rexional da Illa de Francia en 2021, aínda que perdeu contra a gaullista Valérie Pécresse. Se ben na primeira volta lograra o 13,12% dos sufraxios, na segunda baixou ao 10,79%.[16] Na opinión dalgúns analistas, a súa falta de formación universitaria e a escasa conexión coa realidade rexional, limitaron a súa valoración polos votantes.[17] Dende 2022 ocupa a presidencia da Agrupación Nacional logo da renuncia de Marine Le Pen a esta responsabilidade.[18]

Eleccións de 2024: europeas e lexislativas

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións europeas do 2024 revalidou a súa primeira posición sumando o 31,37% dos votos, duplicando á candidatura en segunda posición.[19][20][21] O impacto destes resultados levaron ao presidente Emmanuel Macron a disolver á Asemblea Nacional e a convocar eleccións lexislativas para o 30 de xuño e 7 de xullo de 2024. Jordan Bardella liderou á Agrupación Nacional neses comicios: aínda que non se presentou en distrito ningún para ser deputado, propúxose como primeiro ministro.[22][23] Na primeira volta, a Agrupación Nacional confirmou a súa condición de favorita, e gañou as eleccións lexislativas por vez primeira, colleitando o 33,34% dos votos[24] e quedando en primeira posición en 297 circunscricións das 577 e con 39 deputados electos antes da segunda volta.[25] Por primeira vez, a extrema dereita gañaba unhas eleccións lexislativas en Francia.[26] Con todo, na segunda volta electoral, a Agrupación Nacional caeu á terceira posición con 143 deputados, tras as candidaturas gañadoras da Nova Fronte Popular (coalición da esquerda) e os seus 183 deputados electos e do centro dereita próximo ao presidente Macron que logrou 163 deputados.[27] Segundo os analistas, o electorado mobilizouse para bloquear á Agrupación Nacional tentanto evitar a súa chegada ao goberno.[28] Deste xeito, a aspiración de Jordan Bardella de ser Primeiro Ministro non foi cumprida e en setembro de 2024 anunciouse que Michel Barnier sería o novo xefe executivo.[29]

Politicamente é moi próximo a Marine Le Pen, considerado por algúns como un "monicreque" dela.[30][31] É parella dunha sobriña de Marine Le Pen, o que levou a certas acusacións de nepotismo.[32]

  1. "Jordan Bardella: the 28-year-old 'captain' of France's far-right party". France 24 (en inglés). 2024-06-09. Consultado o 2024-07-02. 
  2. "Après l’Algérie, le Maroc : nouvelles révélations sur les liens de Jordan Bardella avec le Maghreb - Jeune Afrique.com". JeuneAfrique.com (en francés). Consultado o 2024-07-02. 
  3. "Jordan Bardella : biographie et actualités - Challenges". www.challenges.fr. Consultado o 2024-07-02. 
  4. 4,0 4,1 "Le FN affiche sa volonté de (re)conquérir les banlieues". Le Monde.fr (en francés). 2016-09-03. Consultado o 2024-07-02. 
  5. "Jordan Bardella, l'enfant gâté du lepénisme". La Croix (en francés). 2024-06-30. ISSN 0242-6056. Consultado o 2024-07-02. 
  6. Marsi, Federica. "Who is Jordan Bardella, the fresh-faced darling of the French far right?". Al Jazeera (en inglés). Consultado o 2024-07-02. 
  7. "Régionales: Jordan Bardella, jeune candidat FN, mène campagne en Seine-Saint-Denis". Le Point (en francés). 2015-12-02. Consultado o 2024-07-02. 
  8. Fargues, Laurent (2019-04-18). "Le passé secret d’assistant parlementaire de Jordan Bardella". Challenges (en francés). Consultado o 2024-07-02. 
  9. "Découvrez les 17 élus du 93 au conseil régional". leparisien.fr (en francés). 2015-12-14. Consultado o 2024-07-02. 
  10. "Européennes : comment Jordan Bardella joue la carte des banlieues… pour faire peur". lejdd.fr (en francés). 2019-05-14. Consultado o 2024-07-02. 
  11. "Les "jeunes loups" de Marine Le Pen". Les Echos Start (en francés). 2017-05-05. Consultado o 2024-07-02. 
  12. "Résultats des élections législatives 2017". Arquivo: Ministerio do Interior, Lexislativas 2017 (en francés). Consultado o 2024-07-02. 
  13. "Jordan Bardella nommé porte-parole du FN". leparisien.fr (en francés). 2017-09-21. Consultado o 2024-07-02. 
  14. "Résultats des élections européennes 2019". Ministère de l'Interieur et des outre-mer. 
  15. "Dans quelle(s) commission(s) parlementaire(s) siègent les eurodéputés français ?". Touteleurope.eu (en francés). 2019-07-20. Consultado o 2024-07-02. 
  16. "Régionales 2021 : les résultats en Île-de-France". www.iledefrance.fr (en francés). Consultado o 2024-07-02. 
  17. "Jordan Bardella, héritier Le Pen par intérim - Le Temps" (en francés). 2021-07-04. ISSN 1423-3967. Consultado o 2024-07-02. 
  18. "French far-right set to pick Bardella, 27, as Le Pen successor". France 24 (en inglés). 2022-11-05. Consultado o 2024-07-02. 
  19. "2024 European election results: France". European Parliament: European Elections 2024 (en inglés). Consultado o 2024-07-02. [Ligazón morta]
  20. "Francia. Resultados por partido político nacional - 2024-2029". results.elections.europa.eu (en castelán). 10 de xuño de 2024. Consultado o 2 de xullo de 2024. 
  21. "Jordan Bardella, el nuevo rostro de la extrema derecha europea". euronews (en castelán). 2024-06-28. Consultado o 2024-07-02. 
  22. "Législatives : Jordan Bardella réclame la majorité absolue pour "être le Premier ministre de tous les Français"". TF1 INFO (en francés). 2024-06-30. Consultado o 2024-07-03. 
  23. "Législatives : Bardella promet d’être « un Premier ministre respectueux de la Constitution »". Le Point (en francés). 2024-06-30. Consultado o 2024-07-03. 
  24. Redacción (1 de xullo de 2024). "Resultados de las elecciones en Francia 2024 | Le Pen pide un amplio respaldo en la segunda vuelta para poder gobernar sin ataduras". elpais.com (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2024. 
  25. "CARTES. Résultats des législatives 2024 : visualisez dans quelles circonscriptions le Nouveau Front populaire, Ensemble, le RN et LR sont qualifiés pour le second tour". Franceinfo (en francés). 2024-07-01. Consultado o 2024-07-02. 
  26. "A ultradereita vence por primeira vez nas lexislativas francesas". G24. Consultado o 2024-07-03. 
  27. "Résultats des élections législatives 2024 en France - en direct". Franceinfo (en francés). 2024-07-08. Consultado o 2024-09-09. 
  28. "French elections: Far right's rise blocked by 'republican front'" (en inglés). 2024-07-07. Consultado o 2024-09-09. 
  29. "Le LR Michel Barnier nommé premier ministre". Le Figaro (en francés). 2024-09-05. Consultado o 2024-09-09. 
  30. "Européennes : Jordan Bardella, tête de liste du Rassemblement national aux airs de faire-valoir". lejdd.fr (en francés). 2019-01-12. Consultado o 2024-07-02. 
  31. Berteloot, Tristan. "Jordan Bardella, poupée de Front pour les européennes". Libération (en francés). Consultado o 2024-07-02. 
  32. "Jordan Bardella en couple avec l'une des petites-filles de Jean-Marie Le Pen". parismatch.com (en francés). 2020-10-16. Consultado o 2024-07-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]