Jorge Larrañaga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Jorge Washington Larrañaga Fraga 8 de agosto de 1956 Paysandú, Uruguai |
Morte | 22 de maio de 2021 (64 anos) Departamento de Montevideo, Uruguai |
Senator of the República Oriental del Uruguay (en) | |
1 de marzo de 2020 – 22 de maio de 2021 | |
Minister of the Interior of Uruguay (en) | |
1 de marzo de 2020 – 22 de maio de 2021 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade da República |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Partido Nacional (pt) |
Jorge Washington Larrañaga Fraga, nado en Paysandú (Uruguai) o 8 de agosto de 1956 e finado en Montevideo o 22 de maio de 2021[1] foi un político uruguaio pertencente ao Partido Nacional. Ministro do Interior entre 2020 e 2021 no goberno de Luis Lacalle Pou, foi ademais, intendente de Paysandú, senador e candidato a presidente en 2004 e a vicepresidente en 2009 e 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Paysandú, estudou nesa cidade ata que se desprazou a Montevideo para cursar Dereito na Universidade da República. Logo de licenciarse traballou como avogado. Interesado na política dende 1966, cando o seu pai foi electo deputado[2], vinculouse na súa mocidade ao wilsonismo, a corrente dirixida por Wilson Ferreira Aldunate, contraposta ao herrerismo, máis conservador e dominante no Partido Nacional.
Elixido intendente de Paysandú en 1990 mantívose no cargo ata o ano 2000. Creou o grupo Nova Forza Nacional que en 1999 se transformou en Alianza Nacional: unha organización interna do Partido Nacional que agrupou aos sectores políticos wilsonistas defensor da descentralización e a economía social de mercado.[3] Senador dende o 2000 conseguiu ser o candidato único á presidencia da República Oriental do Uruguai en 2004, nunhas eleccións moi trascendentes por ter lugar logo dunha profunda crise económica no país. O resultado das eleccións supuxeron un cambio significativo no panorama político: por primeira vez, a forza de esquerda Fronte Ampla liderada por Tabaré Vázquez logrou vencer na primeira volta. Jorge Larrañaga sumou máis do 35% dos votos, quedando en segunda posición e aumentando de forma considerable o apoio a súa formación política (mellor resultado dende 1989).
Aínda que volveu intentar conseguir ser nomeado candidato á Presidencia en 2009 e 2014, nas eleccións primarias acabaría por impoñerse a corrente herrerista. Foi así que se integrou como candidato a vicepresidente nas listas de Luis Alberto Lacalle Herrera en 2009 e do seu fillo, Luis Alberto Lacalle Pou, en 2014[4].
En 2019, patrocinou unha reforma constitucional chamada "Vivir sen medo" que pretendía atallar a inseguridade cidadá creando entre unha Garda Nacional militarizada e aumentando as penas para determinados delitos impoñendo a cadea perpetua revisable[5]. Malia a ser rexeitada en referendo, a proposta contou cun voto favorable superior ao 46%[6] o que lle permitiu a Larrañaga recuperar protagonismo político e ser nomeado Ministro de Interior por Luis Lacalle Pou en marzo de 2020. As prioridades que se marcou no seu traballo como ministro pasaron por apoiar ás forzas policiais fronte a delincuencia, reforzar a loita contra o narcotráfico e trocos na política carceraria[7].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Alcumado como "Guapo", Larrañaga gañou sona na opinión pública polo seu falar inzado de refráns e linguaxe popular.[8][9] Vencellado ao mundo da hípica dende a súa infancia, era un grande afeccionado ás carreiras de cabalos.[10] Casado en dúas ocasións, foi pai de catro fillos. Faleceu con 64 anos por mor dun paro cardiorrespiratorio[11].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jorge Larrañaga: 8 de agosto de 1956 - 22 Mayo 2021". Montevideo Portal (en castelán). Consultado o 2021-05-23.
- ↑ "Jorge Larrañaga – Alianza Nacional" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-23.
- ↑ "Visión – Alianza Nacional" (en castelán). Consultado o 2021-05-23.
- ↑ diaria, la (2021-05-22). "La historia de un resiliente: la trayectoria política de Jorge Larrañaga". la diaria (en castelán). Consultado o 2021-05-23.
- ↑ ElPais. ""Vivir sin miedo": qué propone, quiénes se oponen y cómo funciona la votación". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2021-05-23.
- ↑ ElPais. "El plebiscito "Vivir sin miedo" no ganó, pero tuvo victorias en varios departamentos". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2021-05-23.
- ↑ Press, U. Y. "Falleció el ministro del Interior, Jorge Larrañaga". mysitename (en castelán). Consultado o 2021-05-23.
- ↑ Observador, El. "Se murió El Guapo: se fue un hombre bueno". El Observador. Consultado o 2021-05-23.
- ↑ ElPais. "Impactante muerte de Jorge Larrañaga de un paro cardíaco". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2021-05-23.
- ↑ ElPais. "Jorge Larrañaga deja su legado en la actividad". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2021-05-23.
- ↑ "Falleció de un paro cardiorrespiratorio el ministro del Interior Jorge Larrañaga". Montevideo Portal (en castelán). Consultado o 2021-05-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jorge Larrañaga |