José Crespo López-Mora
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1895 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 28 de febreiro de 1964 ![]() A Coruña, España ![]() |
![]() | |
16 de marzo de 1943 – 13 de abril de 1943 – José Pérez-Ardá López Valdivieso → Lexislatura: I lexislatura das Cortes franquistas | |
![]() | |
1940 – 1942 ← José Pérez-Ardá López Valdivieso – José Pérez-Ardá López Valdivieso → ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político ![]() |
José Crespo López-Mora, nado na Coruña o 8 de xuño de 1895 e finado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1964, foi un político galego. Foi alcalde da Coruña entre 1940 e 1942.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Gerardo Virgilio Crespo González, avogado do Estado, estudou Enxeñería de Camiños. Prestou servizos no concello da Coruña, e en 1928 pasou á Delegación do Ministerio de Obras Públicas.
En 1936 foi destinado á Xefatura da IV Demarcación do Circuíto de Firmes Especiais e na guerra encargouse da inspección rexional da reconstrución das pontes da zona norte. En 1940 foi designado alcalde da Coruña por Diego Salas Pombo, gobernador civil e xefe provincial do Movemento. Tomou posesión o 19 de decembro en substitución de Pérez-Ardá, quen por súa vez o revezou a el ao remate do seu mandato, o 22 de outubro de 1942. Ao cesar como alcalde volveu ao seu posto como Xefe de Obras Públicas.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2005 dedicóuselle unha rúa na Coruña.[1]
Predecesor: José Pérez-Ardá |
![]() Alcalde da Coruña 1940 – 1942 |
Sucesor: José Pérez-Ardá |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Pontevedra con Carmela Pazos Feijoo, filla de Diego Pazos Espez, en 1928,[2] é pai de Gerardo, José Manuel, Antonio, Carmela, Elvira e Matilde (Crespo Pazos).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ R.D.S. (1 de marzo de 2005). "El alcalde José Crespo López-Mora entra en el callejero". La Voz de Galicia.
- ↑ Galicia Nueva, 22-6-1928, p. 2.