Saltar ao contido

Canuto Berea Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCanuto Berea Rodríguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1836 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de febreiro de 1891 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Coruña
1889 – 1889 – José Marchesi Dalmau → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, compositor, director de orquestra Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRestauración borbónica en España Editar o valor en Wikidata
Membro de
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX852359 BUSC: berea-rodriguez-canuto-1836-1891

Canuto José Berea Rodríguez, nado na Coruña o 28 de xuño de 1836 e finado na mesma cidade o 24 de febreiro de 1891, foi un empresario, músico (director de orquestra, violinista, pianista, profesor e compositor) e político galego.

O seu enorme prestixio cidadán foi un apoio fundamental para o establecemento de novas agrupacións musicais. Considérse como un dos pioneiros do orfeonismo galego, xunto a Xosé Castro "Chané" e Pascual Veiga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Canuto Berea Rodríguez naceu o 28 de xuño de 1836, fillo do director, pianista e comerciante nado en Zaragoza Sebastián Canuto Berea Ximeno, que se trasladara á cidade herculina un ano antes,[1] e de María Antonia Rodríguez Vázquez.[2] De familia de músicos, logo da morte de seu pai, que deixara nunha situación crítica dende o punto de vista económico,[3] en 1854 abriu o primeiro establecemento musical de Galicia,[4] un almacén de música que destacou moi cedo pola riqueza dos seus fondos bibliográficos que, dez anos despois, alcanzaban os 30 000 títulos de partituras, así como pola calidade dos instrumentos musicais que vendía e a do taller de reparación de instrumentos, ofrecendo o posibilidade de mercar pianos a prazos e con tres anos de garantía. Canuto Berea empregou a publicidade para anunciarse en xornais e revistas, anunciándose como o "único depósito de pianos construídos expresamente para o clima de Galicia e Asturias da sen rival fábrica de Bernareggi Gassó e Compañía".[5]

Fachada do Teatro Rosalía Castro da Coruña, onde foi director titular da orquestra da compañía de ópera.

Desdempeñou sucesivamente os postos de segundo (1861) e primeiro (1862) director titular da Orquestra da Compañía de Ópera do Teatro Principal (hoxe Teatro Rosalía de Castro),[6] así como no Teatro de Variedades da mesma cidade (1863). A partir desta data converteuse en protector dos músicos galegos, e dedicouse ao coidado e edición das súas obras.[4]

Unha das súas dedicacións profesionais como pianista foi a ensinanza, e entre os seus alumnos máis aventaxados figurou María Lois, pianista coruñesa de grandes condicións musicais que aos quince anos revalidou a carreira de piano completa no Conservatorio de Música de Madrid.

A súa actividade estendida a toda Galicia levouno a ser administrador e conselleiro do Banco de España e do Crédito Galego, da Sociedad de Crédito Gallego, presidente da Cámara de Comercio, vogal da Xunta de Obras do Porto, deputado provincial, membro da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos e presidente da Reunión Instructiva y Recreativa de Artesanos.[5]

En 1879 foi nomeado académico de número da Academia Galega de Belas Artes, institución que chegou presidir.[7][a]

Foi nomeado alcalde da Coruña do 12 de agosto de 1889, xa que o posto se encontraba vacante debido ao falecemento de Tomás Iglesias Lloreda.[9] O seu mandato finalizou o 23 de decembro dese ano.[8]

Compositor eminentemente popular, a produción musical de Canuto Berea Rodríguez, logo do estudo das obras conservadas na colección "Canuto Berea" do arquivo da Biblioteca Provincial da Coruña, abrangue unha gran variedade de xéneros, dende a súa produción pianística, sinfónico, sinfónico-coral, escénica, camerística ou cancións. Polo que respecta á instrumentación, o maior número de obras de Canuto Berea Rodríguez foron escritas para orquestra, cun total de 21 obras puramente orquestrais e outras seis para orquestra e voz, mentres que o xénero que máis desenvolveu foron as danzas, cun total de 14 obras sen incluír as súas catro muiñeiras, ou as súas cinco polcas. A seguinte listaxe inclúe o número de obras de Canuto Berea recollidas no fondo Berea da Deputación da Coruña por agrupación e xénero de acordo coa clasificación de Nilo Jesús García Armas e Aurelio Chao Fernández:[b][10]

Agrupación/instrumentos Obras
Orquestra 21
Orquestra e voz 6
Piano 5
Piano e voz 5
Exercicios de harmonía 5
Banda e voz 3
Trío de corda 1
Xénero Obras
Danza 14
Estudio 5
Himno 5
Polca 5
Muiñeira 4
Escénica 3
Barcarola 2
Chotis 1
Marcha fúnebre 1
Habanera 1
Marcha 1
Sinfonía 1
Vals 1
Villancico 1
Zarzuela 1

De todas estas obras a máis coñecida e interpretada é a versión para piano de La Alfonsina, unha muiñeira sinfónica escrita orixinalmente para orquestra adicada ao príncipe Alfonso e composta en 1861 para ser estreada nos primeiros xogos florais da Coruña, e pola que lle foi concedida a Cruz de Carlos III.[10][11][5] Outras obras destacadas son a súa zarzuela La Luna de Hiel, un himno de Galicia, ou a melodía galega Un suspiro. Ademais escribiu composicións en honor á visita de Isabel II e Afonso XII á Coruña,[5] ou unha muiñeira adicada á chegada do ferrocarril á Coruña.[12]

Distincións

[editar | editar a fonte]
Portada de Le Rouet de Grand'maman (Fileuse) de Eugenia Osterberger. Edición "Canuto Berea y Cía".

A figura de Canuto Berea ten sido fundamental na historia da música galega. Ademais das súas composicións, o seu legado depositado na Biblioteca Provincial da Coruña comprende milleiros de partituras impresas de compositores galegos, numerosos libros e manuscritos musicais, correspondencia, catálogos, carteis, programas e documentación comercial do almacén de música dende a súa apertura ata o seu peche en 1987.[5]

Do mesmo xeito, o seu labor como editor musical contribuíu á difusión da creación musical de figuras como Xosé Baldomir,[13] Eugenia Osterberger,[14] ou Xosé Castro "Chané",[15] entre outros.

Canuto Berea contribuíu, xunto con Xosé Castro "Chané", Pascual Veiga e Xoán Montes a difundir o folclore galego por España, Portugal e América, ofrecendo concertos como pianista, violinista ou director de orquestra.[5]

  1. Descoñécese o período no que Canuto Berea presidiu a Academia, se ben é posible que sucedera a Ubaldo Chicharro García logo da renuncia deste en 1862.[8]
  2. A listaxe está realizada a partir das partituras do fondo Berea da Deputación da Coruña, segundo Nilo Jesús García Armas e Aurelio Chao Fernández.
Referencias
  1. Cascón Góñez 2015, p. 14.
  2. Carreira Antelo 1986a, p. 11.
  3. Carreira Antelo 1986b, p. 489.
  4. 4,0 4,1 4,2 VV.AA. (1975): "Berea, Canuto". Gran Enciclopedia Galega. Tomo 3. Santiago de Compostela/Gijón: Silverio Cañada, Editor. ISBN 54-7286-038-8.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Cascón Góñez 2015, p. 15-16.
  6. "Canuto Berea. 28 - Xullo". Almanaque das Irmandades. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  7. López Naya & Torres Casal 2007, p. 338.
  8. 8,0 8,1 López Naya & Torres Casal 2007, p. 314.
  9. Fernández Carmaño, Jose María. La Coruña vista desde sus libros de actas (en castelán). Vision Libros. 
  10. 10,0 10,1 García Armas & Chao Fernández 2019, p. 589-590.
  11. García Armas & Chao Fernández 2019, p. 587.
  12. García, Rodri (14 de febreiro de 2018). "Manuel Rico: «Canuto Berea era todo na Coruña da súa época»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de maio de 2021. 
  13. Viso Soto, Margarita (2018). Melodías galegas de José Baldomir Rodríguez (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 107. ISBN 978-84-92923-91-5. 
  14. López-Suevos Hernández, Beatriz; Martínez Martínez, María del Rosario (2017). Eugenia Osterberger. A compositora galega da Belle Époque (1852-1932). Ourense: Ouvirmos. p. 56. ISBN 978-84-944008-6-5. 
  15. Carreira, Xoán M. (1990). "La «Cantiga» de Curros Enríquez/Chané. La génesis de unha canción popular" (PDF). Nassarre. Revista Aragonesa de Musicología (en castelán) (Zaragoza): 21. ISSN 0213-7305. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ricardo Vidal Alonso
 
Alcalde da Coruña
 
1889
Sucesor:
José Marchesi Dalmau