Federico Tapia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1826 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 2 de setembro de 1891 ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña ![]() |
![]() | |
1872 – 1873 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Republicano Democrático Federal ![]() |
Federico Tapia Segade, nado na Coruña o 16 de abril de 1826 e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1891, foi un político galego. Foi alcalde da Coruña entre 1872 e 1873
Traxectoria
[editar | editar a fonte]

Foi alcalde da Coruña desde o 1 de febreiro de 1872[1] até o 24 de agosto de 1873. Durante o seu mandato sucederon dous acontecementos políticos de gran relevancia: a visita á cidade do rei Amadeu I e a chegada da Primeira República Española. Foi membro da loxa La Herculina nº 10.
Federico Tapia pediu que o seu enterro fose civil, polo que o arcebispo, co apoio do gobernador civil Linares Rivas obrigou a que se realizase no cemiterio civil e que o cortexo fúnebre fose curto. Tras o enterro, ao que asistiron os líderes republicanos e unha multitude de persoas, tivo lugar unha ruidosa manifestación.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A cidade da Coruña adicoulle unha rúa do Ensanche en 1899. En 1937 a rúa designouse como Hortas de Garás, mais o cambio non chegou a ter efecto.[2]
Predecesor: Joaquín López Cadenas |
![]() Alcalde da Coruña 1872 - 1873 |
Sucesor: Luis Tettamancy |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ventureira, Rubén (2016). Calendario Histórico A Coruña 2017 (en castelán). Asociación da Prensa da Coruña, Compañía de Tranvías da Coruña. ISBN 978-84-608-9887-0.
- ↑ 2,0 2,1 Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos (en castelán). A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8.