José Leite Lopes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1918 Recife, Brasil |
Morte | 12 de xuño de 2006 (87 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Educación | Universidade de São Paulo Universidade Federal de Pernambuco (pt) |
Director de tese | Mário Schenberg |
Actividade | |
Campo de traballo | Física teórica |
Ocupación | físico, científico nuclear |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.160) |
José Leite Lopes, nado o 28 de outubro de 1918 en Recife e finado o 12 de xuño de 2006 en Río de Xaneiro, foi un físico brasileiro, especializado en teoría cuántica de campos e física de partículas. Científico de renome internacional, Leite Lopes loitou contra a ditadura do Brasil e artellou a creación de institucións de investigación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o responsábel da primeira predición do bosón Z, cuxos resultados serviron de base para o desenvolvemento da unificación electrodébil, que outorgou o Premio Nobel de Física de 1979 a Steven Weinberg, Sheldon Glashow e Abdus Salam.[1][2]
Foi o gran articulador político da fundación do Centro Brasileiro de Investigacións Físicas (CBPF), instituto que creou xunto con César Lattes en 1949.[3] Ademais, participou en articulacións para fundar outras importantes institucións, como a Comisión Nacional de Enerxía Nuclear (CNEN), o Consello Nacional para o Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico (CNPq) e a Financeira de Estudos e Proxectos (Finep). Foi presidente da Sociedade Brasileira de Física (SBF) de 1967 a 1971. [4]
Vida académica
[editar | editar a fonte]En 1935, comezou o curso de Química industrial na Escola de Enxeñaría de Pernambuco e en 1940 matriculouse no curso de Física na Facultade Nacional de Filosofía, en Río de Xaneiro .
En 1942, recibiu unha bolsa para traballar na Universidade Federal do Río de Xaneiro e ao ano seguinte recibiu outra bolsa para a Universidade de São Paulo[5]. Na década de 1950 coincidiu na USP con David Bohm, físico nomeado ao premio Nobel que fuxira dos Estados Unidos pola persecución macartista e se nacionalizou brasileiro.
Leite Lopes doutorouse en física na Universidade de Princeton, supervisado por Wolfgang Pauli.[6] É recoñecido internacionalmente polas súas moitas contribucións á física teórica, especialmente nas seguintes áreas:
- Predición da existencia dun bosón vector neutro (bosón Z), en 1958, mediante a elaboración dunha ecuación que mostraba a analoxía da interacción nuclear débil co electromagnetismo. Steven Weinberg, Sheldon Glashow e Abdus Salam utilizaron posteriormente estes resultados para desenvolver a unificación do electromagnetismo e a débil interacción nuclear. Recibiron o Premio Nobel de Física en 1979.
- O modelo de dominancia vectorial na interacción nuclear débil
- Estrutura da capa nuclear nas reaccións fotonucleares
- Potencial pseudoescalar dun meson na teoría do deutero
- Pares de mesóns escalares
- Modelos estruturais de leptóns e quarks
Obras
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa carreira, publicou varios artigos e libros científicos, incluíndo:[7]
- Fondements de la Physique Atomique (Hermann, 1967)
- Conferencias sobre simetrías (Gordon & Breach, 1969)
- Gauge Field Theories (Pergamon Press, 1981, 1983)
- Teoría Relativa da Gravitación (Masson, 1993)
- Sources et Evolution de la Physique Quantique (en colaboración con B. Escoubès, Masson, 1995).
Cine
[editar | editar a fonte]José Leite Lopes e César Lattes son os protagonistas da película Cientistas Brasileiros, un documental de 2002 dirixido por José Mariani que narra a súa traxectoria e as súas contribucións ao desenvolvemento da física no Brasil.[8]
Premios e homenaxes
[editar | editar a fonte]Leite Lopes é o único físico brasileiro que ten o Premio de Ciencia da UNESCO.[9] A agrónomo Johanna Döbereiner recibiu este premio en 1989. [10]
O aeroporto Ribeirão Preto-Doutor Leite Lopes (IATA-RAO) de São Paulo foi nomeado na súa honra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "José Leite Lopes". educacao.uol.com.br (en portugués). Consultado o 9-6-2019.
- ↑ Leite Lopes, J. (1999-09). "Forty years of the first attempt at the electroweak unification and of the prediction of the weak neutral boson Z0". Brazilian Journal of Physics (en inglés) 29: 574–578. ISSN 0103-9733. doi:10.1590/S0103-97331999000300024.
- ↑ "Arquivo aberto; Instituto Ciência Hoje". Arquivado dende o orixinal o 2 de fevereiro de 2014. Consultado o 19 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Diretorias Anteriores da Sociedade Brasileira de Física". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2010. Consultado o 7 de janeiro de 2010.
- ↑ Físico brasileiro José Leite Lopes
- ↑ CARUSO, F. "José Leite Lopes: in memoriam" (PDF) (en inglês). Consultado o 30 de abril de 2011.
- ↑ "José Leite Lopes". www.abc.org.br. Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ Sugimoto, Luiz (10 de xuño de 2002). "Raios cósmicos e astros humanos: Filme conta trajetória de César Lattes e José Leite Lopes, físicos que atuaram na fronteira da ciência". Jornal da Unicamp XVI (176): 12. Consultado o 4 de novembro de 2018.
- ↑ "Atta-Ur-Rahman, José Leite Lopes and Juan Martín Maldacena receive UNESCO science prizes". Consultado o 7 de agosto de 2014.
- ↑ "Johanna Döbereiner (1924 - 2000). Agrônoma". Arquivado dende o orixinal o 2013-09-17. Consultado o 2014-08-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Leite Lopes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: José Leite Lopes |
- "CIÊNCIA E SOCIEDADE". revistas.cbpf.br 6 (1). doi:10.7437/CS2317-4595. Consultado o 2021-07-15.