José Luis Bouza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de decembro de 1985 (38 anos) Tui, España |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Deporte | piragüismo |
José Luís Bouza Pregal, nado en Tui o 19 de decembro de 1985, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas.
Gañou dúas medallas no Campionato Mundial de Piragüismo (prata en 2010 e bronce en 2011) e catro medallas no Campionato Europeo de Piragüismo entre os anos 2009 e 2011.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou por primeira vez nunha competición internacional no Campionato Europeo de 2007 celebrado en Pontevedra, participando en C1 200 metros e en tres distancias do C4 (200, 500 e 1.000 metros), obtendo dous sétimos postos como mellores resultados.[2] Logrou a súa primeira medalla dous anos despois, no Europeo de Brandeburgo, ao quedar terceiro na final de C1 1.000 metros.[3][4] Ese mesmo ano competiu no Campionato Mundial celebrado en Dartmouth (Canadá), quedando en oitava posición no C1 4x200m, formando parella con Tono Campos, José Manuel Sánchez Sánchez e Yeray Picallo.[5]
En 2010 gañou a prata no Europeo celebrado na localidade asturiana de Trasona, en C1 5.000 metros,[6] e proclamouse subcampión do mundo na mesma distancia no Mundial de Poznan.[7] Ao ano seguinte obtivo dúas medallas no Europeo de Belgrado (prata en 5.000m e bronce en 1.000m)[8] e un bronce no Mundial de Szeged.[9] Continuou competindo en Europeos e Mundiais nos seguintes anos pero sen lograr subir ao podio de novo, ata que finalmente as súas lesións no ombreiro obrigárono a retirarse en 2016.[10]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2010 | Poznań | Prata | C1 5000 m |
2011 | Szeged | Bronce | C1 5000 m |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2009 | Brandeburgo | Bronce | C1 1000 m |
2010 | Corvera | Prata | C1 5000 m |
2011 | Belgrado | Bronce | C1 1000 m |
2011 | Belgrado | Prata | C1 5000 m |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Luis Bouza en CanoeResults.eu (en inglés).
- ↑ "Resultados Pontevedra 2007". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ "Resultados Brandeburgo 2009". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ "José Luis Bouza inicia su nueva vida". Faro de Vigo (en castelán). 30 de xuño de 2009. Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Dartmouth 2009". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Trasona 2010". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Poznan 2010". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Belgrado 2011". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ "Resultados Szeged 2011". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ "José Luis Bouza se retira tras quince años en la élite del piragüismo". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xuño de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil de José Luis BouzaArquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine., no sitio web do Comité Olímpico Español (en castelán).
- Páxina oficial de José Luis Bouza.
- Resultados internacionais de Bouza en CanoeResults.eu (en inglés).