Saltar ao contido

José Luis de Azcárraga Bustamante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Luis de Azcárraga Bustamante
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xullo de 1985 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Bertamiráns, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 28 de abril de 1975 – Joaquin Fernandez Lopez (en) Traducir →
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
19 de decembro de 1962 – 6 de xuño de 1964
Gobernador civil da provincia de Lugo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Valladolid
Universidade de Madrid
Universidade de Santiago de Compostela
Escola Naval Militar de Marín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, xurista, oficial da armada, político, escritor, requeté Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsPilar Azcarraga Bustamante Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0044173 BNE: XX1099229 Dialnet: 530673 Editar o valor en Wikidata

José Luis de Azcárraga Bustamante, nado en Vitoria en 1918 e finado en Bertamiráns (Ames) o 30 de xullo de 1985[1], foi un avogado, escritor e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Valladolid e a Universidade de Santiago de Compostela, e fixo o doutoramento na Universidade de Madrid. Foi profesor de Dereito Internacional Público do Centro de Estudios Universitarios e da Academia San Raimundo de Peñafort e profesor de Dereito Internacional do Instituto Católico de Administración de Empresas de Madrid. Tenente coronel do Corpo Xurídico da Armada.

Foi nomeado secretario da Delegación Nacional de Asociacións (1958), Gobernador civil de Cáceres (1960), e en febreiro de 1961 pasou a dirixir o Goberno civil de Lugo, cesando no cargo en novembro de 1962, ao ser nomeado Presidente do Sindicato Nacional da Mariña Mercante[2]. Membro de honra do Consello Superior de Investigacións Científicas e xefe da Sección de Dereito Marítimo do Instituto Francisco de Vitoria. Colaborou en Finisterre e La Noche e foi guionista cinematográfico, autor do guión da película Botón de áncora.

  • El Corso Marítimo, 1950.
  • La plataforma submarina y el Derecho Internacional, 1952.
  • Régimen jurídico de los espacios marítimos, 1953.
  • La Carta de las Naciones Unidas y su posible reforma, 1955.
  • Legislación internacional marítima, 1955.
  • Jurisprudencia Internacional marítima, 1964-1966 (en colaboración con Francisco Fariña Guitián).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Elena Togores Paramés.

  1. Necrolóxica en ABC, 1 de agosto de 1985 (en castelán)
  2. El Pueblo Gallego, 29-11-1962, p. 16.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]