José Luis de Vilallonga
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2020.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Luis de Vilallonga Cabeza de Vaca ![]() 29 de xaneiro de 1920 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 30 de agosto de 2007 ![]() Andratx, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cementiri del Poblenou ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, actor de cinema, xornalista, requeté ![]() |
Período de actividade | 1958 ![]() ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | Alférez provisional ![]() |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Outro | |
Título | Margrave ![]() |
Cónxuxe | Begoña Aranguren (1999–2007) Priscilla Scott Ellis (1945–) ![]() |
Parella | Michèle Girardon ![]() |
Fillos | Juan Alphonso de Vilallonga y Ellis ( ![]() Susanna Carmen Margherita Beatriz de Vilallonga y Ellis ( ![]() ![]() |
Pai | Salvador de Vilallonga i de Càrcer ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
José Luis de Vilallonga y Cabeza de Vaca, nado en Madrid o 29 de xaneiro de 1920 e finado en Andratx, Mallorca, o 30 de agosto de 2007, foi un nobre, escritor e actor español.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]José Luis de Vilallonga era fillo do barón de Segur e marqués de Castelvell, Grande de España, e neto por parte da nai do marqués de Portazgo. El herdou o marquesado e o título de Grande de España.
Os seus primeiros anos de vida transcorreron nunha Clínica de Múnic (Alemaña), onde se recuperou dunha enfermidade intestinal. Educado nos Xesuítas de Barcelona, marchou ao exilio a Biarritz coa proclamación da República, posto que a súa familia mantiña amizade persoal con Afonso XIII. O exilio durou só seis meses, pero axiña regresou a Francia a estudar, neste caso á vila de Arcachon. Ao producirse o golpe de estado de Francisco Franco, volveu ao seu país e alístase no bando nacionalista, no que chega a formar parte dun pelotón de execución.[Cómpre referencia]
Politicamente evolucionou dende o falanxismo da mocidade ao liberalismo democrático do final da ditadura.[Cómpre referencia] Simpatizou co comunismo e durante a transición foi voceiro da Junta Democrática.[Cómpre referencia] En 1981, dous días despois do intento golpista do 23-F Vilallonga afiliouse ao Partido Socialista Obreiro Español, pero abandonouno en 1994, tras os escándalos de corrupción.[Cómpre referencia]
Casou tres veces.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Na Barcelona da posguerra empezou a colaborar na revista Destino e foi articulista para os xornais El Noticiero Universal e Diario de Barcelona, co que inicia o seu contacto coa literatura. Despois estudou a carreira diplomática sen rematala e marchou a vivir ao Reino Unido. Entre 1945 e 1950 dedicouse á cría de cabalos na Arxentina e en 1951 regresou a Francia, tras unha breve estancia en España.
A súa primeira novela Las Ramblas terminan en el mar narraba a súa experiencia durante a guerra, e como consecuencia da súa publicación prohibíronlle entrar en España, e non se establecería no seu país ata a democracia. Despois escribiu unha trintena de títulos máis tanto en castelán como en francés, e compaxinou o seu labor literario co xornalismo, entrevistando para a prensa estranxeira (Paris-Match, Maire-Claire ou Vogue a figuras da aristocracia española, cantantes e famosos. A súa relación coa prensa rosa non rematou aí, e ademais de colaborar en Interviú e de dirixir a edición española de Play Boy, participou en numerosos programas e parladoiros sobre temas do corazón. Así, foi condenado por calumnias en 1985 e foi obxecto de máis denuncias sen consecuencias. A medio camiño entre o xornalismo e a literatura, Vilallonga foi o autor de diversos libros de memorias, entre os que destaca a única biografía autorizada do rei Xoán Carlos I.[Cómpre referencia]
Tamén traballou no cine, sempre en pequenos papeis como actor. En 1958 estreouse con Os amantes, de Louis Malle e participou tamén en Breakfast at Tiffany's, o filme de Blake Edwards interpretado por Audrey Hepburn, así como nunha setentena de filmes, fundamentalmente españois e franceses, entre os que destacan Giulietta dos espíritos, de Federico Fellini e Patrimonio nacional e Nacional III, de Luis García Berlanga. Tamén coescribiu o guión do filme ¡Salsa!" (2000).
Obra literaria
[editar | editar a fonte]En francés
[editar | editar a fonte]- Les gens de bien, 1955
- L'heure dangereuse du petit matin, 1957
- L'homme de sang, 1959
- L'homme de plaisir, 1961
- Allegro bárbaro, 1967
- Fiesta, 1971
- Gold Gotha, 1972
- A pleines dents : entretiens avec Guy Monréal, 1973
- Furia, 1974
- Femmes, 1975
- Solo, 1976
- L'image de marque, 1976
- Españas. La chute, 1977
- Les gangrènes de l'honneur, 1977
- Ma vie est une fête. Les cahiers noirs, 1988
- Altesse, 1986
- Le roi, 1993. A tradución española saíu publicada antes, en 1991
- Le gentilhomme européen, 1992
- Fellini , 1994
En castelán
[editar | editar a fonte]- Las Ramblas terminan en el mar, 1954
- Mujeres al descubierto, 1976
- La nostalgia es un error, 1980
- Los sables, la corona y la rosa, 1984
- La imprudente memoria, 1985
- Encuentros y encontronazos 1995
- El sable del caudillo, 1997
- Cartas desde París a mis paisanos los íberos, 1998
- Franco y el Rey, 1998
- Inolvidables mujeres, 1999
- La cruda y tierna verdad, 2000, Otros mundos, otra vida, 2001, La flor y nata, 2002, La rosa, la corona y el marqués rojo, 2004, da serie "Memorias no autorizadas".
- Hojas al viento : cartas a mi nieta, 2003
- Políticamente incorrecto, 2006
Filmografía
[editar | editar a fonte]Velaquí unha pequena listaxe dos principais filmes en que participou, co seu director e o nome do personaxe interpretado.
- 1958 : Os amantes de Louis Malle : Raoul Flores
- 1960 : L'Ennemi dans l'ombre de Charles Gérard : Georges Dandieu
- 1961 : Cita a medianoite de Roger Leenhardt : Bob
- 1961 : Les Mauvais coups de François Leterrier : Prévieux
- 1961 : L’Affaire Nina B de Robert Siodmak : Kurt
- 1961 : Breakfast at Tiffany's de Blake Edwards : o millonario brasileiro José da Silva Pereira
- 1962 : Cléo de 5 a 7 d’Agnès Varda : O amante de Cléo
- 1962 : Les Bonnes Causes de Christian-Jaque : Paul Dupré
- 1962 : La Loi des hommes Charles Gérard : O capelán
- 1963 : Mélodie en sous-sol d’Henri Verneuil : Monsieur Grimp
- 1965 : Giulietta dos espíritos de Federico Fellini : O amigo de Giorgio
- 1971 : Le Viager de Pierre Tchernia : Un oficial
- 1976 : Le Bon et les méchants de Claude Lelouch
- 1981 : Patrimonio nacional de Luis García Berlanga : Álvaro, sobriño do Marqués de Leguineche.
- 1982 : Nacional III de Luis García Berlanga : Álvaro, sobriño do Marqués de Leguineche.