Saltar ao contido

José María Oriol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé María Oriol

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1905 Editar o valor en Wikidata
Santurtzi, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de novembro de 1985 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 6 de maio de 1977 – Salvador Serrats Urquiza →
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
← José Manuel Sendagorta Aramburu
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
← Tomás García-Diego de la HuergaPedro Figar Álvarez (pt) Traducir →
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Alcalde de Bilbao
13 de abril de 1939 – 20 de febreiro de 1941
← José Félix de Lequerica (pt) TraducirTomás Pero-Sanz Zorrilla (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónEscola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Madrid
Instituto Cardenal Cisneros Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, empresario, enxeñeiro industrial Editar o valor en Wikidata
Partido políticoComunión Tradicionalista
Falange Española Tradicionalista y de las JONS Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría de Gracia Ybarra Lasso de la Vega Editar o valor en Wikidata
FillosMaria de Gracia Oriol Ybarra, Begoña Oriol Ybarra, Carlos Oriol Ybarra, Miguel de Oriol e Ybarra, Inigo Oriol Ybarra, María del Dulce Nombre Oriol Ybarra, José Luis Oriol Ybarra Editar o valor en Wikidata
PaisJosé Luis de Oriol y Urigüen Editar o valor en Wikidata  e Catalina de Urquijo y Vitorica Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntonio María de Oriol
Lucas Maria Oriol Urquijo
Luis Fernando Oriol Urquijo Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1176467

José María de Oriol Urquijo, marqués de Casa Oriol, nado en Santurtzi o 12 de agosto de 1905, e finado en Madrid o 4 de novembro de 1985, foi un empresario, financeiro e político español.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Era fillo primoxénito de José Luis de Oriol y Urigüen, arquitecto e financeiro español, e de Catalina Urquijo. Finalizou a carreira de Enxeñeiro Industrial en Madrid en 1929. Casou con María de Gracia Ybarra Lasso de la Vega e tivo sete fillos: José Luís (enxeñeiro Industrial), casado con María Jesús Fabra (marquesa de Masnou); María de Gracia, casada con Jose Luís Sanz Magallón (marqués de San Adrían); Miguel (arquitecto); María, casada con Juan Castillejo (duque de San Miguel); Iñigo (avogado), casado con Vitoria Ibarra, baronesa de Güell; Carlos, casado con Isabel de León (marquesa de Méritos e actual presidenta da Real Academia de Belas Artes Santa Isabel de Hungría) e Begoña, casada co empresario Javier Basagoiti Miranda.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rematada a carreira foi nomeado conselleiro de Hidroeléctrica Española (actualmente Iberdrola), a compañía que fundou o enxeñeiro Urrutia e o seu avó Lucas de Urquijo. Ocupou o cargo de Presidente desde 1941 até 1985.

Contribuíu á fundación de UNESA (Unidade Eléctrica S.A.) en 1944, agrupando as empresas produtoras e distribuidoras de enerxía eléctrica de España. Foi presidente desta Sociedade en dúas ocasións, completando os 8 anos de mandato.

Unha vez que o Forum Atómico Español se incorporou ó Europeo foi o presidente deste durante dous anos.

Tamén foi presidente de Patentes Talgo, de Unesa, conselleiro de Banesto, de Unión Eléctrica Fenosa, de Bandesco e doutras moitas sociedades.

Foi tamén Alcalde de Bilbao entre 1939 e 1941, Xefe Provincial de Falanxe dende 1937 a 1941 e procurador en Cortes en seis lexislaturas.[1] Foi académico de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas desde 1959.

En representación do sector da Comuñón Tradicionalista que encabezaba o conde de Rodezno, formou parte do comité monárquico fundado en marzo de 1943 para promover a causa do pretendente ó trono Xoán de Borbón fronte ó xeneral Franco que se negaba a abandonar o poder e dar paso á restauración da monarquía.[2]

Foi un dos 59 procuradores que o 18 de novembro de 1976 nas Cortes Españolas votaron en contra da Lei para a Reforma Política que derrogaba os Principios Fundamentais do Movemento.[3]

Traxectoria empresarial

[editar | editar a fonte]

Formou parte durante a súa vida de varios Consellos de Administración: Babcock Wilcox, Electra de Madrid, Regas de Levante, FENOSA (vicepresidente), Fundiciones e Talleres Mecánicos de Manzanares, Hidráulica de Santillana, Electra de Lima (vicepresidente), Industrias Subsidiarias de Aviación, Ibarra e Cía, VALCA, ARGON, Impregnación de Madeiras, Oleotécnica SA, Produtos Pretensados, etc. Foi conselleiro de Bandesco, Banco de Vitoria e Banco Español de Crédito (desde 1944).

Presidiu: Construtora Iberoamericana, Compañía Mineiro-Metalúrxica Os Guindos, Patentes Talgo, Electras marroquís, Muíños do Segura de Archena..., pero sobre todo Hidroeléctrica Española (dende marzo de 1941).

  1. Arquivo Concello Bilbao-alcaldes de 1937 a 1975
  2. La oposición política al franquismo. De 1939 a 1952. Crítica. ISBN 84-7423-198-1. 
  3. "José Andrés Galego". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2011. Consultado o 21 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]