José María Rodríguez Eiras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de agosto de 1905 O Carril, España |
Morte | 1967 (61/62 anos) Trabanca Sardiñeira, España |
Actividade | |
Ocupación | maquis, fogueiro |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Irmáns | Secundino Rodríguez Eiras |
José María Rodríguez Eiras, alcumado Cotexo, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 12 de agosto de 1905 e finado en Trabanca Sardiñeira en 1967, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fogueiro. Pertencía ao Sindicato da Industria Pesqueira do Carril adscrito á CNT co seu irmán Secundino. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Declarado en rebeldía en varias causas tras fuxir nun barco a Francia. Volveu a Barcelona. Loitou no exército republicano. Foi confirmado como comisario político en decembro de 1938.[1] Coa derrota da Repúbica foi detido en Alacant e retomado o seu procesamento en Galicia, foi condenado en consello de guerra pola causa 886/39. Estivo preso na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1944.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[3] Foi detido pola Garda Civil en Santiago de Compostela con Santiago Rey N., Ramón Díaz Hermo e José Vidal Bugallo. Foron xulgados en consello de guerra en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1944. O fiscal pediu pena de morte para todos eles, excepto para Rodríguez Eiras.[4] En marzo de 1947 foi outra vez detido co seu irmán Secundino e torturado. Xulgado en consello de guerra en Vigo en 1948, foi condenado a 3 anos e internado en Santoña. Liberado en 1952, continuou traballando na pesca e mantivo contacto con compañeiros como A. García Durán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 10-12-1938, p. 1.
- ↑ BOE, 25-3-1944, p. 2457-2460.
- ↑ BOE, 9-12-1945, p. 1394.
- ↑ El Correo Gallego, 10-12-1944, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. pp. 212–213. ISBN 84-87783-79-1.