Saltar ao contido

Santiago Rey N.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSantiago Rey N.
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte19 de febreiro de 1945 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata

Santiago Rey N., alcumado Agapito, finado en Santiago de Compostela o 19 de febreiro de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Guerrilleiro. En 1943 participou nun atraco en Lousame con Ramón Díaz Hermo e José Vidal Bugallo. Detido pola Garda Civil de Santiago de Compostela con Ramón Díaz Hermo, José Vidal Bugallo e José María Rodríguez Eiras. Foron xulgados en consello de guerra en Santiago de Compostela pola causa 259/44 o 9 de decembro de 1944. O fiscal pediu pena de morte para todos eles, excepto para Rodríguez Eiras.[1] Foi executado en Santiago de Compostela xunto con con Ramón Díaz Hermo ás 8 da mañá do 19 de febreiro de 1945.[2]

  1. El Correo Gallego, 10-12-1944, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 20-2-1945, p. 4.