Saltar ao contido

Ramón Díaz Hermo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Díaz Hermo
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1915 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de febreiro de 1945 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortefusilamento Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, maquis Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 147

Ramón Díaz Hermo, alcumado Merrendes ou Cuevas, nado en Vilagarcía de Arousa o 11 de xuño de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 19 de febreiro de 1945, foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Serrador. Militante do Partido Comunista de España. Foi directivo do Ateneo Popular e membro do Sindicato de Peóns (CNT). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou no asalto a reitoral de Abalo, levando víveres e queimando unha bandeira monárquica. Detido, foi xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión e condenado a cadea perpetua e 100 pesetas de multa. Ingresou no Forte de San Cristovo o 16 de xaneiro de 1937.[1] Saíu en liberdade condicional o 2 de setembro de 1940. Incorporouse á guerrilla. En 1943 participou nun atraco en Lousane con José Vidal Bugallo e Santiago Rey N. e foi detido e condenado a seis anos de prisión. Novamente detido pola Garda Civil de Santiago de Compostela con Santiago Rey N., José Vidal Bugallo e José María Rodríguez Eiras. Foron xulgados en consello de guerra en Santiago de Compostela pola causa 259/44 o 9 de decembro de 1944. O fiscal pediu pena de morte para todos eles, excepto para Rodríguez Eiras.[2] Foi executado en Santiago de Compostela con Santiago Rey N. ás 8 da mañá do 19 de febreiro de 1945.[3]

  1. "Díaz Hermo, Ramón". Los presos del penal de Ezcaba. 
  2. El Correo Gallego, 10-12-1944, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 20-2-1945, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fernández, E.; Pereira, D. (2022). A primeira resistencia armada ao golpe militar na Galiza (1936-1940). Santiago de Compostela: Em Selecta Companha. p. 77.