José Martí
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1853 A Habana (Imperio Español) |
Morte | 19 de maio de 1895 (42 anos) Provincia de Oriente, Cuba |
Causa da morte | morto en combate |
Cónsul | |
3 de marzo de 1887 – marzo de 1892 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Zaragoza |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, político, ensaísta, xornalista, pintor, militar, escritor, tradutor, poeta, revolucionario |
Partido político | Partido Auténtico (pt) |
Xénero artístico | Poesía, teatro e ensaio |
Pseudónimo literario | muschacho |
Carreira militar | |
Rango militar | major-general (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | María del Carmen de Zayas-Bazán e Hidalgo |
Fillos | José Francisco Martí Zayas Bazán |
Nai | Leonor Pérez Cabrera |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Martí, José Julián) Obálky knih, |
Sitio web | josemarti.cu |
José Julián Martí, nado na Habana o 28 de xaneiro de 1853 e finado en Dos Ríos o 19 de maio de 1895, foi un poeta, xornalista, filósofo, diplomático e político cubano. Coñecido como o "Apóstol" foi o principal precursor e ideólogo da "Guerra Necesaria" a guerra que conduciría a independencia de Cuba. Hoxe é recordado como o heroe nacional.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de pai español de Valencia e nai natural das Illas Canarias, José Martí está considerado o gran mártir da independencia de Cuba en relación a España. Alén de poeta e pensador fecundo, desde a súa mocidade demostrou a súa inquietude cívica e a súa simpatía polas ideas revolucionarias.
Influenciado polas ideas de independencia de Rafael María de Mendive, o seu mestre na escola secundaria da Habana, iniciou a súa participación política escribindo e distribuíndo xornais con contido separatista no inicio da Guerra dos Dez Anos. Co encarceramento e desterro do seu mestre Mendive, cristalizou a actitude de rebeldía de Martí contra a dominación española. En 1869, con 16 anos, publica unha folla impresa separatista, El Diablo Cojuelo e o primeiro e único número da revista La Patria Libre. No mesmo ano pasa a distribuír un xornal manuscrito titulado El Siboney. O goberno español prendeuno pouco despois e procesouno por posuír papeis considerados revolucionarios. Foi condenado a 6 anos de traballos forzados, mais pasou só 6 meses na prisión até que, en 1871, coa saúde debilitada, a súa familia conseguiu un indulto e obtivo a permuta da pena orixinal pola deportación a España. En España Martí publicou, naquel mesmo ano, o seu primeiro traballo de importancia El Presidio Político en Cuba, onde expón as crueldades e os horrores vividos no período en que estivo no cárcere. Nesta obra xa se atopan o idealismo e o estilo vigoroso que popularizarían a Martí nos círculos intelectuais da época. Máis tarde dedicouse ao estudo de Dereito, obtendo o doutoramento en Leis, Filosofía e Letras da Universidade de Zaragoza en 1874.
Viviu logo en México e Guatemala, regresando a Cuba de onde foi novamente desterrado en 1879.
Durante o seu exilio nos Estados Unidos dedicouse ao xornalismo e fundou o Partido Revolucionario Cubano en 1892. Como escritor foi o precursor do modernismo latinoamericano, representado en numerosas obras entre as que se destacan, Ismaelillo (1882), Versos sencillos (1891) e Versos libres (1892).
O 19 de maio de 1895, no comando dun pequeno continxente de rebeldes cubanos, despois dun encontro inesperado con tropas españolas nas proximidades do vilar de Dos Ríos, José Martí foi abatido, falecendo axiña. O seu corpo, mutilado polos soldados españois, foi exhibido e posteriormente sepultado na cidade de Santiago de Cuba, o 27 de maio do mesmo ano.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Estatua en Pontevedra.
-
A Martí en Cádiz.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Martí |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Poetas en lingua castelá
- Políticos de Cuba
- Escritores de Cuba
- Escritores en lingua castelá
- Tradutores de Cuba
- Tradutores ao castelán
- Tradutores do inglés
- Nados na Habana
- Nados en 1853
- Finados en 1895
- Masóns de Cuba
- Filósofos de Cuba
- Alumnos da Universidade de Zaragoza
- Cubanos de ascendencia canaria
- Mortos en combate
- Militares de Cuba