Saltar ao contido

José Ramón Beloki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ramón Beloki
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Legazpi, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Gipuzkoa (constituency) (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
30 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008

Circunscrición electoral: Gipuzkoa (constituency) (en) Traducir

Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor en Wikidata

José Ramón Beloki Guerra, nado en Legazpi, Guipúscoa, o 13 de xaneiro de 1947, é un xornalista e político nacionalista vasco.

Entre 2004 e 2011 foi membro do Congreso dos Deputados en representación do Partido Nacionalista Vasco, ocupando durante a IX Lexislatura (2008-11) o cargo de secretario segundo do Congreso.

Biografía

[editar | editar a fonte]

José Ramón Beloki naceu en 1947 na localidade de Legazpia en Guipúscoa. Na súa mocidade cursou estudos primarios e de bacharelato en diversos colexios dos franciscanos (Aránzazu, Forúa, Zarauz, Olite). Posteriormente cursou 3 anos de Filosofía e 2 de Teoloxía cos franciscanos, aínda que non tomou finalmente a carreira sacerdotal. Completou a súa formación estudando Ciencias Empresariais na Universidade de Deusto durante 3 anos, aínda que abandonou esta carreira sen chegar a licenciarse. Durante o franquismo militou no sindicato clandestino nacionalista ELA-MSE. No plano persoal está casado e ten dúas fillas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]