Josep Antoni Duran i Lleida
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2015) | |
Nome orixinal | (ca) Josep Antoni Duran i Lleida |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de marzo de 1952 (72 anos) Alcampell, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
1 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
27 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
25 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electo en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Conseller de Governació i Relacions Institucionals (en) | |
29 de novembro de 1999 – 5 de febreiro de 2001 ← Xavier Pomés i Abella (en) – Núria de Gispert → | |
Deputado do Parlamento de Cataluña | |
5 de novembro de 1999 – 2 de abril de 2004 Circunscrición electoral: Barcelona | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de novembro de 1989 – 29 de xuño de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Lleida (en) Electo en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
9 de xullo de 1986 – 21 de novembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Lleida (en) Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Eurodeputado | |
1 de xaneiro de 1986 – 5 de xullo de 1987 Circunscrición electoral: España | |
Eurodeputado | |
Representa: Unió Democràtica de Catalunya 1 de xaneiro de 1986 – 5 de xullo de 1987 Lexislatura: II lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
11 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Lleida (en) Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
Paer de Lleida (en) | |
1979 – 1980 | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Madrid Bruxelas Barcelona |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Unió Democràtica de Catalunya (–2017) |
Premios | |
Josep Antoni Duran i Lleida, nado en Alcampell (Huesca) o 27 de marzo de 1952, é un político catalán ligado a Unió Democràtica de Catalunya. É diplomado en Comunidades Europeas polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito. Comezou a súa carreira política exercendo o cargo de tenente de alcalde do Concello de Lleida. Ao ano seguinte deixou este cargo para ser nomeado Director Xeral de Asuntos Interdepartamentais da Generalitat de Cataluña. En 1982 foi elixido deputado nacional e nomeado delegado Territorial da Generalitat en Lleida. En 1986 foi reelixido, por terceira vez, como deputado. Durante 1986 e 1987 foi eurodiputado. En 1999 foi elixido como deputado ao Parlamento de Cataluña sendo nomeado conselleiro de Gobernación da Generalitat (cargo que exerceu ata 2001). Foi nomeado o ano 2003 fillo ilustre de Alcampell; ao acto asistiu o presidente da Deputación Xeral de Aragón, Marcelino Iglesias.
Actualmente é deputado por Barcelona elixido nas eleccións xerais de 2008, reelixido nas adiantadas do 20 de novembro de 2011, e portavoz do Grupo Parlamentario catalán (CIU) (GC-CIU). É ademais, presidente do Comité de Goberno de Unió Democrática de Catalunya (UDC), cargo que desempeñou no período 1982-1984 e desde 1987 ata a actualidade, e, desde 2001, Secretario Xeral de Convergència i Unió (CIU).
En 2004 foi elixido Presidente da Comisión permanente de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados, cargo que repetiu en 2008 e 2011.
Hai que apuntar que foi vicepresidente da Internacional Demócrata Cristiá e que ocupa a Presidencia de Honra da Cámara de Comercio de Chile en Barcelona.
En novembro de 2011 era o quinto político mellor valorado, por detrás de Rosa Díez, Uxue Barkos, Mariano Rajoy e Alfredo Pérez Rubalcaba.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1] Arquivado 05 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. La Vanguardia 2011-11-10
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog oficialArquivado 15 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en catalán)
- Políticos de UDC
- Nados en Alcampell
- Nados en 1952
- Premio Creu de Sant Jordi
- Deputados do Congreso dos Deputados por CIU
- Europarlamentarios de Cataluña
- Europarlamentarios de España (1984-1989)
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)