Joseph Ducreux
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1735 Nancy, Francia |
Morte | 24 de xullo de 1802 (67 anos) París, Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Retrato pictórico |
Lugar de traballo | París (–1768) París Viena Londres |
Ocupación | pintor, Retratista, gravador, debuxante arquitectónico, pastelista |
Xénero artístico | Retrato |
Profesores | Rose-Adélaïde Ducreux (pt) |
Outro | |
Título | Barón |
Fillos | Rose-Adélaïde Ducreux |
Nai | Madame Ducreux |
Joseph, Baron Ducreux, nado o 26 de xuño de 1735 en Nancy e finado o 24 de xullo de 1802, foi un retratista, miniaturista e gravador francés que traballo na corte de Lois XVI de Francia, continuando a súa carreira como pintor trala Revolución Francesa. Foi nomeado barón e premier peintre de la reine (Primeiro Pintor da Raíña), sendo o autor do último retrato feito de Lois XVI antes da súa execución. Os seus retratos menos formais reflicten a súa manifesta fascinación pola fisiognomonía, estendendo o rango de expresións faciais máis aló das habituais nos retratos oficiais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ducreux chegou a París no ano 1760, comezando a adestrarse na pintura como o único estudante de Maurice Quentin de La Tour, quen estaba especializado nos retratos. Jean-Baptiste Greuze foi unha das influencias destacadas na técnica empregada por Ducreux.[1] No ano 1769 Ducreux foi enviado a Viena para pintar un retrato de María Antonieta de Austria antes de que ela saíse da cidade no 1770 para casar con Lois XVI de Francia. Ducreux foi nomeado barón e premier peintre de la reine (Primeiro Pintor da Raíña) como recompensa por este servizo.
Tralo comezo da Revolución Francesa, Ducreux viaxou ata Londres, onde pintou o último retrato que se fixo de Lois XVI antes da súa execución.[2] Jacques-Louis David converteuse nun dos asociados de Ducreux cando este retornou a París no 1793, axudándolle a continuar a súa carreira como pintor.
Obra
[editar | editar a fonte]Ducreux estaba especializado no retrato pictórico. Dende o ano 1760 Ducreux mantivo unha lista das súas obras, pero en poucas ocasións firmaba as súas obras. Nos seus retratos menos formais Ducreux buscou saírse das limitacións tradicionais do retrato. Interesado na fisiognomonía, a crenza que o estudo e xuízo da aparencia dunha persoa reflicte a súa personalidade, tentou capturar a personalidade dos seus retratados, así como a súa propia, nas súas obras. Por exemplo, na obra Le Discret (ca. 1790) amósase un home pedindo silencio, cunha expresión timorata, presionando un dedo contra a súa boca en sinal de discreción ou prudencia.[3]
Meme de Internet
[editar | editar a fonte]O seu autorretrato titulado Portrait de l'artiste sous les traits d'un moqueur acadou unha certa popularidade na Internet en forma de meme. Neste meme, as letras de cancións de hip hop ou pop amósanse parafraseadas e estilizadas de forma arcaica sobre o retrato en forma de macro.[4]
Galería de obras
[editar | editar a fonte]-
Le Discret (ca. 1790)
-
Gravado de 1791
-
Georges Cadoudal, 1800
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Joseph Ducreux". Artists (en inglés). The J. Paul Getty Museum. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2010. Consultado o 19 de maio de 2011.
- ↑ "Louis XVI" (en francés). Consultado o 27 de novembro de 2010.
- ↑ "European & American Art". Spencer Museum of Art. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2006. Consultado o 27 de novembro de 2010.
- ↑ Klee, Miles. "Vanishing Point (Your Memes Reviewed): The Joseph Ducreux Self-Portrait". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2011. Consultado o 15 de maio de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Ducreux |