Josu Uribetxeberria Bolinaga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 Mondragón, España |
Morte | 16 de xaneiro de 2015 (59/60 anos) Mondragón, España |
Causa da morte | cancro |
Actividade | |
Membro de | |
Outro | |
Condenado por | asasinato (1998) → (178 encarceramento) → Final: 2012, doenza, liberdade condicional (pt) Secuestro (1998) → (46 encarceramento) |
Josu Uribetxeberria Bolinaga, nado en Mondragón (Guipúscoa) en 1955 e finado na mesma localidade o 16 de xaneiro de 2015, foi un membro da banda terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA).
Biografía
[editar | editar a fonte]Membro de ETA desde mediados de 1983,[1] foi detido o 1 de xullo de 1997 a raíz da liberación do funcionario de prisións secuestrado José Antonio Ortega Lara. No momento da súa detención decidiu deixar morrer de fame a Ortega Lara, negándose a dar os datos do zulo subterráneo onde estaba secuestrado.[2]
Posteriormente foi xulgado e condenado a 178 anos de cadea polo asasinato de tres gardas civís, a 14 anos por secuestrar durante 116 días ao empresario Julio Iglesias Zamora en xuño de 1993,[3] e a 32 anos polo secuestro de Ortega Lara en xaneiro de 1996,[4] a quen mantivo encerrado nun zulo durante 532 días.[5]
En agosto de 2012, tras térselle diagnosticado un cancro terminal, iniciou unha folga de fame para reclamar a súa excarceración que foi secundada por outros 254 membros de ETA presos.[6] O 17 de agosto o Ministerio del Interior concedeulle o terceiro grao penitenciario, propoñendo á Audiencia Nacional que lle concedera a liberdade provisional «por razóns humanitarias», aínda que con condicións. A AVT considerou unha «traizón» esta decisión do Goberno.[7] O auto de liberdade condicional, con data 30 de agosto de 2012, recollía que padecía un cancro xeneralizado, terminal e en situación irreversible, segundo os informes forenses, factor determinante para a resolución favorable.[8] O 12 de setembro a Audiencia Nacional decretou a súa posta en liberdade,[9] rexeitando o recurso á súa excarceración interposto pola Fiscalía.[10] O ex-xuíz Baltasar Garzón amosou publicamente o seu desacordo coa Fiscalía afirmando que «un Estado de dereito non pode permitir que unha persoa morra en prisión».[11]
O 16 de xaneiro de 2015, faleceu en Mondragón debido ao cancro que padecía desde xuño de 2005.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los secuestradores de Ortega Lara, condenados a 36 años cada uno". El País. 18 de novembro de 2000. (en castelán)
- ↑ "«Que se muera ese carcelero»". ABC. 17 de xaneiro de 2015. (en castelán)
- ↑ "Condenados a 14 años los etarras que secuestraron al industrial Iglesias Zamora". El País. 5 de novembro de 1998. (en castelán)
- ↑ "Condenados a 32 años de cárcel cada uno de los cuatro secuestradores de Ortega Lara". El País. 30 de xuño de 1998. (en castelán)
- ↑ "El 'zulo' de Ortega Lara". El País. 8 de xullo de 1997. (en castelán)
- ↑ "El etarra enfermo se somete a las pruebas para determinar si su estado es terminal". El País. 13 de agosto de 2012. (en castelán)
- ↑ "Interior concede la semilibertad al secuestrador etarra con cáncer terminal". El País. 17 de agosto de 2012. (en castelán)
- ↑ 8,0 8,1 "Muere el etarra Bolinaga". El País. 16 de xaneiro de 2015. (en castelán)
- ↑ "La Audiencia Nacional confirma la libertad condicional del etarra Bolinaga". El País. 13 de setembro de 2012. (en castelán)
- ↑ "El fiscal recurre la excarcelación de Bolinaga porque «no hay peligro patente para su vida»". La Razón. 7 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2016. Consultado o 05 de outubro de 2016. (en castelán)
- ↑ "Garzón, sobre el caso Bolinaga, dice que un Estado de Derecho "no puede permitir que una persona muera en prisión"". 20 minutos. 6 de setembro de 2012. (en castelán)
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |