Juan Bautista Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de setembro de 1801 Salcidos, España |
Morte | 5 de decembro de 1879 (78 anos) Madrid, España |
Senador de España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Partido político | Partido Progresista |
Familia | |
Fillos | Juan Alonso Eguilaz †1874 |
Juan Bautista Alonso Español, nado en Salcidos (A Guarda) o 14 de setembro de 1801 e finado en Madrid o 5 de decembro de 1879, foi un avogado e político galego, membro do Partido Progresista, deputado e senador. Publicou un libro de poesía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun mestre de obras, de neno quedou orfo de nai. Estudou Filosofía e Dereito na Universidade de Salamanca. En Madrid estivo vinculado ao maxisterio de Alberto Lista e exerceu de avogado. Foi secretario da Academia del Mirto, á que pertencían, entre outros, José de Espronceda, Felipe Pardo y Aliaga e Ventura de la Vega.[1] Mantivo relacións con José García de Villalta, Espronceda, Antonio García Gutiérrez, Patricio de la Escosura e Mariano José de Larra.[2] Foi redactor de El Eco del Comercio e La Abeja. Fundou o periódico El Guirigay con Luis González Bravo e colaborou no Semanario Pintoresco Español.
Foi deputado (entre 1839 e 1866) polas provincias da Coruña, Granada, Madrid, Pontevedra e Lugo[3] e subsecretario do Ministerio da Gobernación con Salustiano de Olózaga.[4][5]
Publicou, en lingua castelá, traballos xurídicos e, en 1834, o libro de poemas de estética neoclásica Poesías (Imp. de Tomas Jordan, Madrid, 358 páxinas).[6][7] Pediu que se declarase á cidade de Vigo capital da Provincia de Pontevedra.[8][9][10][a] Colaborou con varias poesías no Álbum de la Caridad de 1862 ("Mi patria", "Mi cortesana en el campo", "El duelo" e "El regalo campestre"), todas elas xa incluídas con anterioridade en Poesías.[11]
Despois da revolución de 1868 foi presidente do Consello de Estado.[5] Foi senador pola Provincia de Murcia de 1872 a 1873.[12]
Obra
[editar | editar a fonte]- Poesías, 1834, Imp. de Tomas Jordan, Madrid, 358 páxinas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
"El regalo campestre", Álbum de la Caridad. 1862.[11]
Nota
[editar | editar a fonte]- ↑ Barreiro et al. (2003), interpretando mal a Couceiro Freijomil (1951), indican, erradamente, o contrario.
- Referencias
- ↑ Alonso Seoane, María José (2020). Literatura y periodismo en la época del Romanticismo en España. Juan Bautista Alonso Español Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
- ↑ Vicenti 1880, p. 16.
- ↑ Arquivo Histórico de Deputados (1810-1977) (en castelán).
- ↑ Couceiro Freijomil 1951, p. 30.
- ↑ 5,0 5,1 Varela Jácome 2005.
- ↑ 6,0 6,1 Poesías en Google Books.
- ↑ Poesías en Galiciana.
- ↑ Rodríguez Ennes, Luis (2004) "La denominada “Guerra de las dos ciudades” entre Vigo y Pontevedra por la capitalidad provincial" pp. 11-12. Instituto de Estudios Vigueses.
- ↑ Rodríguez Ennes, Luis (2007). "Vigo y la lucha por la capitalidad provincial" (PDF). Glaucopis (en castelán) (Instituto de Estudios Vigueses) (13): 36. ISSN 2254-9749.
- ↑ "Refutación de los argumentos en que se apoyó el señor diputado D. Juan Bautista Alonso para pedir que se declare á la ciudad de Vigo capital de la provincia de Pontevedra" (1841) Oficina del Boletín, en Galiciana (en castelán).
- ↑ 11,0 11,1 Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos en Galiciana.
- ↑ Senadores de España (1834-1923) (en castelán).
- ↑ Museo del Prado
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Bautista Alonso |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Alonso, Xoán Bautista". Diccionario enciclopédico galego universal 3. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 48. ISBN 84-7680-429-6.
- "Alonso, Xoán Bautista". Enciclopedia Galega Universal 1. Ir Indo. 1999-2002. p. 366. ISBN 84-7680-288-9.
- Barreiro, X. R. (coord.); López, B.; Mínguez, X. L. (2003). Parlamentarios de Galicia 1 (2 ed.). Parlamento / RAG. pp. 46–48. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. pp. 30–31.
- Varela Jácome, Benito (2005). "Alonso, Juan Bautista". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vicenti, Alfredo (18/1/1880). "D. Juan Bautista Alonso. Apuntes biográficos". La Ilustración Gallega y Asturiana (en castelán) (2): 15–16.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Xornalistas da Guarda
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Nados na Guarda
- Nados en 1801
- Finados en 1879
- Poetas de Galicia
- Poetas en lingua castelá
- Literatura do Romanticismo
- Senadores de Galicia
- Alumnos da Universidade de Salamanca
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra