Saltar ao contido

Juan Manuel Cabrejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Manuel Cabrejo
Nome orixinalJuan Manuel Cabrejo Pasantes
Biografía
Nacemento26 de maio de 1975 (49 anos)
Camariñas, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGaliza
Altura1,72 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  SD Compostela
  Elche CF

Juan Manuel Cabrejo Pasantes, nado en Camariñas o 26 de maio de 1975, é un exfutbolista galego que xoga na demarcación de defensa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou xogando profesionalmente no Betanzos CF pasando despois ao filial da SD Compostela. Debutou co primeiro equipo na tempada 1998/99. No mercado de inverno da tempada 2000/01 fichou polo SD Eibar. Porén ao rematar a tempada cambiou de equipo fichando polo Elche CF, onde tampouco remata contrato ao acabar xogando no AD Ceuta.

No ano 2004 volveu a Éibar, e ao ano seguinte fichou polo FC Cartagena, equipo no que máis tempo seguido estaría e co que afrontou o intento de ascenso a Primeira División varios ano consecutivos.

No 2009 fichou polo CCD Cerceda Terceira División galega. En 2012 volveu cambiar de equipo, esta vez polo SDC Órdenes.

Coa selección de fútbol

[editar | editar a fonte]

No ano 2005 foi internacional coa Selección de fútbol de Galicia, ao ser convocado para disputar o encontro amigábel ante Uruguai no estadio de San Lázaro, cun resultado de 3-1 a favor de Galiza.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2011 saíu escollido concelleiro en Camariñas polo PSdeG-PSOE[1].

  1. "Juan cabrejo, del fútbol a la concejalía de deportes". El Correo Gallego (en castelán). 29 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 24 de xuño de 2015.