Juan Zunzunegui Guimeráns
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1976 (48 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | remeiro | ||||||||||||||||
Deporte | remo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2004 | rowing at the 2004 Summer Olympics – lightweight men's double sculls (en) | ||||||||||||||||
2000 | rowing at the 2000 Summer Olympics – lightweight men's double sculls (en) |
Juan Zunzunegui Guimeráns, nado en Vigo o 31 de marzo de 1976, é un ex-remeiro e adestrador galego.[1] Participou en dous Xogos Olímpicos (Sydney 2000 e Atenas 2004), logrando un diploma olímpico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou no remo ós 12 anos e especializouse na modalidade de scull lixeiro.[1] Formou parte do Real Club Náutico de Vigo, e en 1995 foi subcampión do mundo sub-23 no catro scull, e quinto no Mundial absoluto.[2] En 1996 acudiu aos Xogos Olímpicos de Atlanta como suplente do equipo español de catro sen temoneiro.[1] A continuación foi campión de España de dous sen temoneiro e en 1998 acadou o quinto posto na proba do Mundo de Múnic e o sexto posto no Campionato do mundo de Colonia na categoría de catro sen lixeiro.[1]
Participou nos Xogos Olímpicos de Sidnei no ano 2000, acabando en noveno lugar na categoría de dobre scull lixeiro, xunto a Rubén Álvarez. Nese mesmo ano gañou a medalla de bronce do Campionato do Mundo en Zagreb na categoría de catro scull lixeiro.[1][4]
No ano 2001 conseguiu unha nova medalla de bronce nos Xogos Mediterráneos de Tunes na categoría de dobre scull lixeiro.[1] Participou tamén na clase de dobre scull lixeiro nos campionatos mundiais de Sevilla, en 2002, e Milán, en 2003, acadando nos dous o sétimo posto.[1] En 2003 conseguiu o primeiro posto da Regata Internacional de Essen.[1] Ó ano seguinte participou nos Xogos Olímpicos de Atenas, obtendo a oitava praza en dobre scull lixeiro e con ela un diploma olímpico. Obtivo tamén o subcampionato do Mundo na categoría de skiff peso lixeiro celebrado en Eton.[1]
Dende o ano 2000 compite no Campionato de España de Remoergómetro, que gañou en sete ocasións. Ademais dende 2014 adestra o Club de Remo Zierbena.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Entrada “Zunzunegui Guimeráns, Juan” na GEG.
- ↑ "“Llegaremos a las finales”". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 1996. p. 29.
- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ "Campionato do Mundo de Remo 2000". Federación Internacional de Remo (en inglés). Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "Juan Zunzunegui renueva con Zierbena". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de setembro de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do remeiro no sitio web da Federación Internacional de Remo (en inglés).