Juan de Dios de la Rada y Delgado
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1827 ![]() Almería, España ![]() |
Morte | 3 de xullo de 1901 ![]() Madrid, España ![]() |
Director Museo Arqueolóxico Nacional de España | |
1891 – | |
![]() | |
Catedrático de universidade | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Granada ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, historiador, político, escritor, arqueólogo, numismático, profesor titular ![]() |
Empregador | Universidade de Granada ![]() |
Membro de | |
Premios | |
![]() |
Juan de Dios de la Rada y Delgado, nado en Almería o 13 de agosto de 1827 e finado en Madrid o 3 de xullo de 1901, foi un avogado, político, arquiveiro, arqueólogo, numismático, orientalista e autor literario español, catedrático universitario e director do Museo Arqueolóxico Nacional de 1891 a 1900.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Juan de Dios de la Rada naceu en Almería o 13 de agosto de 1827,[1] un dos catro fillos de Margarita Delgado e Juan de Dios de la Rada y Henares,[2] catedrático de Medicina e de Física da Universidade de Granada.[3][4]
De la Rada cursou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Granada, e en 1852 doutorouse en Xurisprudencia,[5][6] cunha tese sobre as probas criminais en materia xudicial,[3] publicada en Granada no mesmo ano.[4][7]
Carreira profesional e académica
[editar | editar a fonte]Culminada a súa etapa formativa, compaxinou o exercicio da avogacía co desempeño de varios traballos, como o de rexente agregado na Facultade de Filosofía e Letras de Granada (1849-1850), oficial na secretaría nesa universidade (1850-1853), profesor interino na Cátedra de Notariado (1852-1853) e oficial de secretaría da entón chamada Universidade Central (1853-1856), e tamén chegou a dirixir un xornal en 1856. Tamén foi avogado consultor do Patrimonio Real ata a Revolución de 1868.[3][4][8]
En 1858 ingresou no Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Anticuarios, e en 1868 adscribiuse ao Museo Arqueolóxico Nacional, Institución que dirixiu desde o 19 de febreiro de 1891 ata a súa xubilación o 4 de agosto de 1900.[4][5] A partir desa data pasou a ocupar o cargo de director do Museo de Reproducións Artísticas, ata o seu falecemento.[8]
Paralelamente á súa actividade no ámbito museístico, Juan de Dios de la Rada foi tamén catedrático de Arqueoloxía, Numismática e Epigrafía da Escola Superior de Diplomática, primeiro en comisión, desde o 19 de novembro de 1856, e logo xa en propiedade, a partir do 7 de novembro de 1858); e foidirector da institución entre 1876 e 1900.[4][8] No seo da Escola Superior de Diplomática contribuíu a impor o método histórico no estudo e na preservación do patrimonio, e foi o arqueólogo máis recoñecido do seu tempo.[3][5] Tamén está considerado un dos pais da numismática moderna en España, xunto con Francisco Bermúdez de Sotomayor, Antonio Delgado e Antonio Vives y Escudero, entre outros.[4]
Entre 1854 e 1857 foi tamén titular da cátedra de Disciplina Eclesiástica na Universidade Central,[3][8] como substituto de Joaquín Aguirre.[4]
No campo da arqueoloxía, o seu maior logro foi a organización, no seo do Museo Arqueolóxico Nacional, da expedición da fragata Arapiles polo Mediterráneo Oriental (Alxeria, Italia, Grecia, Turquía, Terra Santa e Exipto) en 1871, ordenada por Amadeu I de Savoia.[3][5] No curso desta expedición adquiríronse diversas antigüidades que seguen a formar parte dos fondos do Museo Arqueolóxico Nacional. Entre 1876 e 1878, De la Rada publicou un longo e exhaustivo informe sobre esta viaxe,[9] que conta con debuxos e fotografías do arquitecto Ricardo Velázquez Bosco.[10]
Ao longo da súa traxectoria profesional, foi membro de numerosas comisións e grupos de expertos, como a comisión mixta organizadora das Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos, e presidiu a Comisión do IV Centenario do Descubrimento de América. Foi tamén vogal do Consello de Instrución Pública e do Consello de Filipinas e Ultramar;[4][8][11] así como vogal da Xunta Superior de Prisións.[3]
De la Rada foi tamén poeta e escritor literario, e compaxinou os seus diversos cargos e traballos co exercicio privado da avogacía.[3][4]

Entre os recoñecementos que mereceu, cómpre salientar a gran cruz da Orde de Isabel a Católica e o título de caballero da Orde de Carlos III,[8] así como outras honras estranxeiras, como a de comendador da Orde de Cristo de Portugal, da Orde Imperial de Turquía e da Orde da Rosa do Brasil.[3][4]
No terreo ideolóxico, Juan de Dios de la Rada era patriota, católico e de tendencia monárquica conservadora;[13] militou no Partido Liberal-Conservador de Cánovas del Castillo e estivo moi vinculado á Casa Real española. Foi elixido senador do Reino en dúas ocasións, polas provincias de Lleida (1886-1990) e pola de Castelló (1893-1895).[3][4][14]
O 28 de abril de 1854 foi elixido membro correspondente da Real Academia da Historia, e o 27 de xuño de 1875 membro de número.[5] Nesta institución formou parte da Comisión de Publicacións; e publicou máis de 20 comunicacións no Boletín de la Academia; e tamén ocupou o cargo de Anticuario desde o 8 de marzo de 1901 ata a súa morte, poucos meses despois. Igualmente, foi nomeado membro numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (14 de maio de 1882),[11][15] e académico profesor da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.[3][4][8]
Juan de Dios de la Rada y delgado finou en Madrid o 3 de xullo de 1901.[4]
Publicacións
[editar | editar a fonte]As abundantes publicacións de Juan de Dios de la Rada y Delgado son moi diversas, desde a creación literaria a estudos sobre xurisprudencia, astronomía e, sinaladamente, sobre historiografía, arqueoloxía e numismática. Ademais dos traballos monográficos publicou tamén numerosos artigos, principalmente nas revistas Museo Español de Antigüedades (cofundador, editor e director, 1872-1880),[12] Revista Universitaria (director), La Academia (director), Boletín de la Sociedad Geográfica de Madrid, La Ilustración Católica, La Ilustración Española ou El Museo Universal.[3][16][17][18][19][20]
Escolma de monografías
[editar | editar a fonte]
Historiografía e arqueoloxía
- (1860). Viaje de SS. MM. y AA. por Castilla, Asturias y Galicia, verificado en el verano de 1858. Aguado, Madrid.
- (1860-1863). Historia de la Villa y Corte de Madrid. Tomo I (1860); Tomo II (1862); Tomo III (1863) (con José Amador de los Ríos). López de la Hoya, Madrid.
- (1868). Mugeres célebres de España y Portugal. Tomo I; Tomo II. Víctor Pérez, Barcelona.1868.
- (1869). Crónica de la provincia de Granada. Rubio, Grilo y Vitturi, Madrid.
- (1871). Memoria que presentan al Exmo. Sr. Ministro de Fomento, dando cuenta de los trabajos practicados y adquisiciones hechas para el Museo Arqueológico Nacional (con J. de Malibrán). Colegio Nacional de Sordomudos y Ciegos, Madrid.
- (1875). Antigüedades del Cerro de los Santos en el término de Montealegre [discurso de ingreso na RAH]. Fontanet, Madrid.
- (1876-1878). Viaje a Oriente de la fragata de guerra Arapiles y de la comisión que llevó á su bordo. Tomo I (1876); Tomo II (1878). Emilio Oliver, Barcelona.
- (1882). Discursos leídos ante la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando [...]. Fontanet, Madrid.
- (1883). Catálogo del Museo Arqueológico Nacional. Sección 1ª. Tomo I. Fortanet, Madrid.
- (1885). Necrópolis de Carmona. Manuel Tello, Madrid.
- (1892). Códice maya, denominado cortesiano (con J. López de Ayala). Madrid.
- (1893). Geología y protohistoria ibéricas (con J. Vilanova y Piera) [Historia General de España]. El Progreso, Madrid.
- (1893). Historia de España desde la invasión de los pueblos germánicos hasta la ruina de la monarquía visigoda (con E. de Hinojosa) [Historia General de España II]. El Progreso, Madrid.

Numismática
[editar | editar a fonte]- (1876). Programa de la asignatura de Numismática Antigua y de la Edad Media, y especialmente de España, y de epigrafía Arquivado 13 de marzo de 2024 en Wayback Machine.. Universidad Central. Fortanet, Madrid.
- (1892). Catálogo de monedas arábigas españolas que se conservan en el Museo Arqueológico Nacional. Fortanet, Madrid.
- (1886). Bibliografía numismática española. Manuel Tello, Madrid, 1886.
Dereito
- (1852). Reflexiones sobre las pruebas criminales en materia judicial. Manuel Suárez, Granada.
- (1953). Manual preparatorio para los exámenes del 1º y 2º año de notariado. Astudillo y Garrido, Granada.
- (1856-1857). Elementos de Derecho Romano. Tomo I (1856); Tomo II (1857). Repullés, Madrid.
- (1867). Ley de enjuiciamiento civil. Contiene el testo [sic de la edición oficial anotada [...]]. Villaverde, Madrid.
- (1895). Derecho usual. Viuda de Hernando. Madrid.
Traducións
- (1884). Ensayo sobre la interpretación de la escritura hierática de la América Central, por Léon de Rosny. Manuel Tello, Madrid.
- (1889). Historia de Caldea desde los tiempos más remotos hasta el origen de Asiria [... por Zénaïda A. Ragozin]. Miguel Miranda, Madrid.
Creación literaria
- (1858). D. Ramon Berenguer (el Viejo), Conde de Barcelona: novela histórica. Salvador Manero, Barcelona.
- (1860). Canto en octavas, por la toma de Tetuán. J. M. Ducazcal, Madrid.
- (1863). Cristóbal Colón: drama histórico en tres actos y en verso. José Rodríguez, Madrid.
- (1865). Dos madres y un solo amor. Drama en tres actos y en verso. José Rodríguez, Madrid.
- (1865). Romances leídos en la solemne adjudicación de Premios a la virtud, celebrada por la Sociedad Económica Matritense el 12 de marzo de 1865. Colegio de Sordomudos y de Ciegos, Madrid.

Otros
- (1862). Abecedario de la virtud: dedicado á los niños. López de la Hoya, Madrid.
- (1866). Estudios de Geografía astronómica. Juan Bastinos e hijo, Barcelona.
- (1869). La educación de la mujer por la historia de otras mujeres. Universidad de Madrid. Rivadeneyra, Madrid.
- (1881). El amigo del soldado. Gregorio Juste, Madrid.
- (1888). Frescos de Goya en la Iglesia de San Antonio de la Florida (con J. M. Galván). Manuel Tello, Madrid.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Almagro Gorbea, A. (1999). Páxina 146.
- ↑ Entrala, F. (1862). "Biografía del doctor don Juan de Dios de la Rada y Henares". En El Museo Universal. Nº 29. 20 de xullo. Páxinas 227-228.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 "Juan de Dios de la Rada y Delgado". Real Academia de la Historia (RAH.es).
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 Peiró Martín, I.; Pasamar Alzuria, G. (2002). Páxina 509.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Papí Rodes, C. "Juan de Dios de la Rada y Delgado". Museo Arqueológico Nacional (MAN.es).
- ↑ Almagro Gorbea, A. (1999). Páxinas 146-147.
- ↑ Véxase "(1852)" en "Publicacións".
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 Almagro Gorbea, A. (1999). Páxina 147.
- ↑ Véxase "(1876-1878)." en "Publicacións.
- ↑ Pascual González, J. (2005). "Don Juan de Dios de la Rada y Delgado y los expedicionarios de la fragata de guerra Arapiles en Tierra Santa". En Arbor. Nº 70. Páxinas 805-824.
- ↑ 11,0 11,1 Sentenach, N. (1901). Páxina 641.
- ↑ 12,0 12,1 Museo Español de Antigüedades [acceso en liña a todos os números]. Archive.org
- ↑ Sentenach, N. (1901). Páxina 640.
- ↑ "Rada y Delgado, Juan de Dios de la". Senado de España (Senado.es).
- ↑ Véxase "(1882)" en "Bibliografía".
- ↑ "Juan de Dios de la Rada y Delgado". The Online Books Page.
- ↑ Almagro Gorbea, A. (1999). Páxina 148.
- ↑ Peiró Martín, I.; Pasamar Alzuria, G. (2002). Páxinas 509-510.
- ↑ "Bibliografía del Excmo. Sr. D. Juan de Dios de la Rada y Delgado". En Sentenach, N. (1901). Páxinas 642-645.
- ↑ "Rada y Delgado, Juan de Dios". GicesXIX.uab.cat
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan de Dios de la Rada y Delgado ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Almagro Gorbea, A. (1999). "Juan de Dios de la Rada y Delgado (1901)". En El Gabinete de Antiguedades de la Real Academia de la Historia. Real Academia de la Historia, Madrid. Páxinas 146-148. ISBN 84-89512-47-7
- Peiró Martín, I.; Pasamar Alzuria, G. (2002). "Rada y Delgado, Juan de Dios de la". En Diccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos. Páxinas 509-510. Akal, Madrid. ISBN 84-460-1489-0
- Sentenach, N. (1901). "Don Juan de Dios de la Rada y Delgado". En Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos. Nº 8-9. Páxinas 638-645.
- Nados en Almería
- Nados en 1827
- Finados en 1901
- Arqueólogos de España
- Numismáticos de España
- Escritores de Andalucía
- Escritores en lingua castelá
- Avogados de España
- Académicos da Real Academia da Historia
- Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando
- Directores de museos
- Museo Arqueolóxico Nacional de España
- Arquiveiros de España
- Bibliotecarios
- Orientalistas
- Alumnos da Universidade de Granada
- Orde de Isabel a Católica
- Orde de Carlos III