Juan y Junior
Juan y Junior | |
---|---|
Orixe | ![]() |
Período | de 1966 a 1968 |
Xénero(s) | Pop |
Selo(s) discográfico(s) | Novola |
Membros | Juan Pardo e Antonio Morales |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Juan y Junior, foi un dúo musical español. Os seus integrantes son Juan Pardo Suárez, máis coñecido como Juan Pardo (Palma de Mallorca, 1942) e Antonio Morales Barretto, máis coñecido como "Junior" (Filipinas, 1943-2014).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xuntos comezaron a súa carreira primeiro en Los Pekenikes e posteriormente en Los Brincos nos anos 60. Dous anos máis tarde deciden comezar a súa carreira como dúo. En outubro de 1967 formaron o dúo Juan y Junior. A súa discografía é breve (tan só seis sinxelos) pero chea de éxitos.
En 1968 encargaríanse de compor toda a banda sonora e temas musicais da película Solos los dos, dirixida por Luís Lucía Mingarro e protagonizada por Marisol e Sebastián Palomo Linares. O último éxito foi Anduriña, balada que emocionou o pintor Pablo Picasso ata o punto de ofrecer un dos seus gravados para ilustrar a súa funda.
Un incidente ocorrido cando Juan, en ausencia de Junior, trata de corrixir unha gravación coa súa voz en lugar da do seu compañeiro, foi o desecandenante da súa extinción como dúo,[Cómpre referencia] tomando cada un deles carreiras en solitario: breve a de Junior e máis larga a de Juan Pardo, con éxitos como "A Charanga", "A miña Guitarra", "María Magdalena" etc.
Cabe apuntar que a canción "A dos niñas" foi creada pensando en Rocío Dúrcal e Marisol. Junior casou con Rocío Dúrcal, sendo esta unha parella moi sólida, tivo tres fillos.
Cancións
[editar | editar a fonte]- "La caza"
- "Nada"
- "Tiempo de amor"
- "A dos niñas"
- "Nos falta fe"
- "Anduriña"
- "Bajo el sol"
- "Tres días"
- "Para verte reír"
- "Lo que el viento se llevó"
- "En San Juan"
- "Tus ojos"
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Juan y Junior (1969)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- La caza/Nada (1967)
- Nos falta fe/Bajo el sol (1967)
- A dos niñas/Tres días (1967)
- A dues nenes/Tres días (1967)
- Anduriña/Para verte reír (1968)
- Tiempo de amor/En San Juan (1968)
- Lo que el viento se llevó/Tus ojos (1969)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]"Anduriña", No bico un cantar, TVG, 26/02/2013.
- «Juan y Junior. Dúo de carrera efímera pero con gran calidad en las distancias cortas» en lafonoteca.net (en castelán).
- «Brincos 67: refundación del grupo» en Pop Thing (en castelán).