Juneteenth
Juneteenth | |
---|---|
Tipo | federal holiday in the United States |
Data de fundación | 19 de xuño de 1865 |
Nomeado en referencia a | 19 de xuño |
País | Estados Unidos de América |
[ editar datos en Wikidata ] |
Juneteenth (oficialmente Juneteenth National Independence Day; tamén Black Independence Day, Jubilee Day, Emancipation Day) é unha conmemoración e festa que conmemora a liberación da poboación afroamericana dos Estados Unidos da escravitude, que se celebra anualmente o 19 de xuño. É a conmemoración máis antiga da emancipación dos escravos nos Estados Unidos e celébrase dende o século XVII.
En xuño de 2021, o daquela presidente, Joe Biden, o declarou oficialmente un festivo federal.[1] A palabra americana é unha combinación das palabras inglesas June (xuño) e Nineteenth (dezanove), pola data June 19th.
Historia
[editar | editar a fonte]O presidente Abraham Lincoln emitiu o 22 de setembro de 1862 a Proclamación de Emancipación que aboliu a escravitude. Ela entrou o 1 de xaneiro de 1863 naqueles estados do sur que daquela aínda formaban parte dos Estados Confederados de América. O regulamento non tivo ningún efecto xuridicamente vinculante para os estados da Unión. Non obstante, esta Orde Executiva foi un primeiro paso crucial para a abolición completa da escravitude nos Estados Unidos.
A Proclamación de Emancipación foi promulgada nos estados do sur derrotados durante a Guerra civil o 19 de xuño de 1865. A proclamación foi feita en Galveston, Texas, polo xeneral ao mando das tropas da Unión, Gordon Granger, dous meses despois da rendición da Confederación.[2] O Juneteenth foi celebrado extraoficialmente como un día de conmemoración desde 1866.
Celebración histórica e festividade
[editar | editar a fonte]Celebrado en Galveston en 1866, un ano despois do anuncio da abolición da escravitude polo xeneral Granger, o evento de conmemoración da emancipación dos escravos afroamericanos celebrábase cada ano en todos os estados do país, aínda que non oficialmente até 1980 en que, Juneteenth, foi introducido como un día festivo en Texas en 1980 por iniciativa do congresista Al Edwards.[3]
Texas foi o primeiro estado en adoptar Juneteenth como festivo en 1979, aplicándoo ao ano seguinte. Varios outros estados uníronse máis tarde e seguiron aos poucos os pasos do estado do sur. Tamén o fixeron Florida en 1991, Oklahoma tres anos despois e Minnesota en 1996. Entre 2000 e 2009, 31 estados apoiaron iniciativas similares, e uns 13 outros durante a seguinte década. En 2021 só Dacota do Sur non recoñecera o evento como festivo no seu territorio.
A congresista Sheila Jackson Lee fixo campaña para que Juneteenth fose un festivo federal. O 17 de xuño de 2021, dous días antes da celebración, o presidente Joe Biden asinou a lei que converte a Juneteenth nunha festa nacional. Acompañou o acto cun comentario en Twitter tras asinar o documento: "Non podemos descansar até que a promesa de igualdade, para cada un de nós, se cumpra en todos os recunchos desta nación. Este é o significado de Juneteenth".
Este día tamén se celebra na cidade de Coahuila, México, onde en 1852 se refuxiaron os mascogos, descendentes dos seminoles negros, que fuxiron do sistema escravista estadounidense.
En 2020, o día de conmemoración recibiu especial atención: por unha banda, tras o asasinato de George Floyd o 25 de abril; por outra banda, a intención do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, de realizar o acto inaugural da súa campaña electoral (despois dunha pausa por mor da pandemia de coronavirus) o 19 de xuño en Tulsa —o lugar do masacre de Tulsa— provocou protestas.[4][5][6]
O 16 de xuño de 2021, o Congreso dos Estados Unidos aprobou unha lexislación que convertía o día en festivo federal. A aprobación da lei foi esmagadora na Cámara dos Deputados, con 415 votos a favor e só 14 en contra,[2] e mesmo ningún no Senado. Todos os votos disidentes proviñan de membros do Partido Republicano.[7] Un día despois, o presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, asinou a lei que introducía o festivo;[8][9][10] É o 11º festivo federal nos Estados Unidos.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wagner, Erich (17 de xuño de 2021). "Most Federal Employees Will Receive Friday Off for Juneteenth". govexec.com (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 Freking, Kevin (17 de xuño de 2021). "Biden signs bill making Juneteenth a federal holiday". apnews.com (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2024.
- ↑ CNN, Doug Criss. "All but four US states celebrate Juneteenth as a holiday". CNN (en inglés). Consultado o 2022-06-19.
- ↑ Thorsten Denkler: Trump aus dem Tritt. Süddeutsche Zeitung, (en alemán) 21 de xuño de 2020.
- ↑ Jillian Berman: One day after Juneteenth, Trump will hold a rally in Tulsa, where a massacre destroyed ‘Black Wall Street’ nearly 100 years ago. Market Watch, 1 de xuño de 2021; (en inglés)
- ↑ Ashley Lee: ‘A crime upon a crime’: Trump’s Tulsa rally gives ‘Watchmen’ episode new resonance. Los Angeles Times, 19 de xuño de 2020; (en inglés)
- ↑ CNN, Annie Grayer e Daniella Diaz. "Congress passes bill making Juneteenth a federal holiday". CNN (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2022.
- ↑ "Bill Signed: S. 475". The White House (en inglés). 2021-06-17. Consultado o 2022-06-19.
- ↑ "A Proclamation on Juneteenth Day of Observance, 2021". The White House (en inglés). 2021-06-18. Consultado o 2022-06-19.
- ↑ "Remarks by President Biden at Signing of the Juneteenth National Independence Day Act". The White House (en inglés). 2021-06-18. Consultado o 2022-06-19.
- ↑ CNN, Kate Sullivan and Maegan Vazquez. "Biden signs bill into law making Juneteenth a national holiday". CNN. Consultado o 2022-06-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juneteenth |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Patricia McKissack, Fredrick McKissack: Days Of Jubilee: The End of Slavery in the United States. Scholastic Press, Nova York 2002, ISBN 978-0-590-10764-8 (en inglés)