Jurassic World: Fallen Kingdom
Jurassic World: Fallen Kingdom | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Jurassic World: Fallen Kingdom |
Director | J. A. Bayona |
Produtor |
|
Guión | |
Baseado en | Personaxes de Michael Crichton |
Intérpretes | |
Música | Michael Giacchino |
Fotografía | Óscar Faura |
Montaxe | Bernat Vilaplana |
Estudio | |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | WiZink Center: 21 de maio de 2018 22 de xuño de 2018 |
Duración | 128 minutos[3] |
Orixe | Estados Unidos[4] |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | $170–187 000 000[5] |
Recadación | $1 305 000 000[6] |
Na rede | |
http://www.jurassicworld.com/ | |
|
Jurassic World: Fallen Kingdom é un filme estadounidense de 2018 dirixido por J. A. Bayona. É un filme de aventuras e ciencia ficción e a secuela de Jurassic World (2015). Trátase do quinto filme da franquía Parque Xurásico, así como o segundo da triloxía Jurassic World. Derek Connolly e o director de Jurassic World Colin Trevorrow escribiron o guión, sendo Trevorrow e o director orixinal de Parque Xurásico, Steven Spielberg, os produtores executivos.
Ambientado na ficticia illa Nublar de América Central, na costa pacífica de Costa Rica, conta como Owen Grady e Claire Dearing tratan de rescatar os dinosauros superviventes dunha erupción volcánica que os destruirá. Chris Pratt, Bryce Dallas Howard, B. D. Wong e Jeff Goldblum retoman os seus papeis de filmes anteriores da franquía. Rafe Spall, Justice Smith, Daniella Pineda, James Cromwell, Toby Jones, Ted Levine, Isabella Sermon e Geraldine Chaplin únense ó elenco de actores.
A rodaxe fíxose entre febreiro e xullo de 2017 no Reino Unido e Hawai. Producido e distribuído por Universal Pictures, Fallen Kingdom estreouse en Madrid o 21 de maio de 2018, e foi estreado internacionalmente en xuño de 2018. Recadou máis de $1,3 billóns en todo o mundo, converténdose no terceiro filme Xurásico en superar a barreira do billón de dólares. Foi o terceiro filme con maior recadación de 2018 e o doceavo de tódolos tempos. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou a interpretación de Pratt, a dirección de Bayona, os efectos visuais, a banda sonora de Michael Giacchino e os "sorprendentes momentos escuros", mentres que outros suxiren que seguiu o curso da saga, criticando o guión e a falta de innovación.[7] Unha secuela aínda sen título está prevista para a súa estrea o 11 de xuño de 2021, con Trevorrow de novo como director.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Chris Pratt como Owen Grady
- Bryce Dallas Howard como Claire Dearing
- Rafe Spall como Eli Mills
- Justice Smith como Franklin Webb
- Daniella Pineda como Zia Rodriguez
- James Cromwell como Sir Benjamin Lockwood
- Toby Jones como Gunnar Eversol
- Ted Levine como Ken Wheatley
- B. D. Wong como Henry Wu
- Isabella Sermon como Maisie Lockwood
- Geraldine Chaplin como Iris
- Jeff Goldblum como Ian Malcolm
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Variety Insight (ed.). "Film releases". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2017. Consultado o 4 de abril de 2017.
- ↑ "Jurassic World: Fallen Kingdom–Production Information" (PDF). Universal Pictures. maio de 2018. pp. 2–4, 6, 8, 12, 16, 18, 21, 26, 28, 30–34. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de maio de 2018. Consultado o 31 de maio de 2018.
- ↑ "JURASSIC WORLD: FALLEN KINGDOM (12A)". British Board of Film Classification. 26 de maio de 2018. Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ AllMovie (ed.). "Untitled Jurassic World Sequel (2018)". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2017. Consultado o 5 de abril de 2017.
- ↑ D'Alessandro, Anthony (19 de xuño de 2018). Deadline Hollywood, ed. "‘Jurassic World: Fallen Kingdom’ Ready To Leave $135M+ Footprint Stateside As Global Evolves To $600M+". Consultado o 19 de xuño de 2018.
- ↑ "Jurassic World: Fallen Kingdom (2018)". Box Office Mojo. Consultado o 17 de outubro de 2018.
- ↑ Graeme McMillank (5 de xuño de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "'Jurassic World: Fallen Kingdom'—What the Critics Are Saying". Consultado o 5 de xuño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jurassic World: Fallen Kingdom na IMDb (en inglés).
- Filmes de 2018
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dirixidos por Juan Antonio Bayona
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de 2018 en 3D
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América
- Filmes sobre dinosauros
- Filmes sobre dereitos dos animais
- Filmes sobre clonación
- Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América
- Filmes baseados en obras de Michael Crichton
- Filmes de Amblin Entertainment
- Filmes de Pinewood Studios
- Filmes rodados en Inglaterra
- Filmes rodados en Hawai
- Filmes ambientados en 2018
- Filmes de Legendary Pictures
- Filmes de Universal Pictures
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX