Geraldine Chaplin
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1944 (80 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, guionista, bailarina, actriz de televisión |
Período de actividade | 1952 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Patricio Castilla (2006–) |
Parella | Carlos Saura (1967–1979) |
Fillos | Oona Chaplin () Patricio Castilla |
Pais | Charlie Chaplin e Oona O'Neill |
Irmáns | Victoria Chaplin Josephine Chaplin Eugene Chaplin Christopher Chaplin Michael Chaplin Sydney Chaplin Charles Chaplin |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Geraldine Leigh Chaplin, nada en Santa Monica (California) o 31 de xullo de 1944, é unha actriz británica que posúe tamén as cidadanías estadounidense e española, cunha ampla traxectoria cinematográfica recoñecida internacionalmente.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun dos máis importantes cineastas da historia, Charles Chaplin e da súa última dona, Oona O'Neill —filla do dramaturgo Eugene O'Neill (Premio Nobel de Literatura e Premio Pulitzer) e da escritora Agnes Boulton—, naceu nos Estados Unidos en 1944.
Aos oito anos a súa familia emigrou á localidade suíza de Vevey (Vaud).[1] En 1961 trasládase a Inglaterra, incorporándose ao Royal Ballet School de Londres. Converteuse en bailarina e exerceu de modelo e mesmo de pallaso no circo Medrano de París.[2]
En 1963 representou o papel de Cincenta no Teatro dos Campos Elíseos, que xunto á súa actuación n'A loba, dirixida por Mike Nichols en 1968, son as súas únicas incursións teatrais.
No cinema apareceu de cativa xunto aos seus irmáns no filme de Chaplin Limelight. En 1964 protagonizou xunto a Jean-Paul Belmondo Par un beau matin d'été e un ano despois triunfou co seu papel principal en Doutor Zhivago, de David Lean. A rodaxe significa o principio do seu arraigamento en España.[3]
O seu encontro co director Carlos Saura, a quen ficou ligada profesional e sentimentalmente até 1979, resulta decisivo no desenvolvemento da súa carreira cinematográfica. Rodaron xuntos nove filmes que se inscriben na corrente do novo cinema español contrario aos convencionalismos da época. Salientan Peppermint frappé, Ana y los lobos, Cría cuervos, Elisa, vida mía e Mamá cumple cien años.[4][5]
Nesa etapa continuou traballando no estranxeiro: The Three Musketeers, Noroît, Remember My Name etc.
Até 1998, ano do seu regreso ás pantallas españolas co filme galego Fisterra, onde termina o mundo, dirixido por Xavier Villaverde, Geraldine Chaplin prodígase no cine inglés, francés, suízo e estadounidense, traballando ás ordes de Robert Altman, Alan Rudolph, Alain Resnais, Martin Scorsese e Daniel Schmid, entre outros. Das películas desta longa etapa, salientan The Mirror Crack'd, xunto a Angela Lansbury, Elizabeth Taylor e outros astros de Hollywood; A idade da inocencia, xunto a Daniel Day-Lewis, Winona Ryder e Michelle Pfeiffer e a biográfica Chaplin, de Richard Attenborough, na que interpreta a súa propia avoa.[6]
En 2002 colabora con Pedro Almodóvar en Hable con ella, ademais de obter o Premio Goya á mellor actriz secundaria polo seu traballo en En la ciudad sin límites, de Antonio Hernández, onde volve coincidir con Fernando Fernán Gómez.[7]
En 2005 interpreta a pérfida Señorita Rottenmeier nunha nova versión da coñecida novela Heidi. En 2007 destaca o seu papel de médium no filme de terror El orfanato, de Juan Antonio Bayona, que lle vale unha segunda candidatura ao Goya.[8]
En 2006 recibe a Medalla de Ouro da Academia do Cinema de España en recoñecemento á súa traxectoria.[9][10]
Repite con Juan Antonio Bayona en dous filmes máis: The Impossible e en 2016 en A Monster Calls. Tamén deu voz a unha das personaxes no filme de animación galego O Apóstolo.
Está unida desde 1979 ao director de fotografía chileno Patricio Castela. Ten dous fillos, Shane Saura e a tamén actriz Oona Chaplin.
Filmografía selecta
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Papel | Director, País, Notas |
---|---|---|---|
1952 | Limelight | Little Girl in Opening Scene (sen acreditar) | Director: Charles Chaplin País: Estados Unidos |
1965 | Par un beau matin d'été | Zelda | Director: Jacques Deray Países: Francia - España - Italia |
Doutor Zhivago | Tonya Gromeko | Director: David Lean; Países: Estados Unidos - Italia - Reino Unido Candidata ao Globo de Ouro como Nova Estrela do Ano - Actriz | |
1966 | Andremo in città | Lenka | Director: Nelo Risi; Países: Italia - Iugoslavia |
1967 | A Countess from Hong Kong | Rapaza no baile | Director: Charlie Chaplin; País: Reino Unido |
Casino Royale | Keystone Kop (sen acreditar) | Directores: Ken Hughes, John Huston, Joseph McGrath, Robert Parrish, Richard Talmadge Países: Reino Unido - Estados Unidos | |
J'ai tué Raspoutine | Mounia Golovine | Director: Robert Hossein Países: Francia - Italia | |
Stranger in the House | Angela Sawyer | Director: Pierre Rouve; País: Reino Unido | |
Peppermint Frappé | Elena/Ana | Director: Carlos Saura; País: España | |
1968 | Stress-es tres-tres | Teresa | Director: Carlos Saura País: España |
1969 | La madriguera | Teresa | Director: Carlos Saura; País: España G. Chaplin tamén coescribiu o guión e contribuíu ao argumento. O filme participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín |
1970 | The Hawaiians | Purity Hoxworth | Director: Tom Gries; País: Estados Unidos |
El jardín de las delicias | Actriz (sen acreditar) | Director: Carlos Saura País: España | |
1971 | Caídos nunha árbore | Mme Muller | (como Géraldine Chaplin) |
Carlos | Lisa | ||
1972 | Innocent Bystanders | Miriam Loman | |
Z.P.G. | Carol McNeil | Mellor actriz no Festival de Sitges | |
A House Without Boundaries | Actriz | Participante no Festival Internacional de Cinema de Berlín | |
1973 | Ana y los lobos | Ana | Director: Carlos Saura |
The Three Musketeers | Ana de Austria | Director: Richard Lester | |
Marriage a la Mode | Actriz | ||
Yankee Dudler | Kate Elder | ||
1974 | Os catro mosqueteiros | Ana de Austria | Director: Richard Lester |
¿...Y el prójimo? | Luisa | ||
Sommerfuglene | Anne Zimmler | ||
1975 | Cría cuervos | Ana The Mother | Director: Carlos Saura Mellor actriz nos Premios ACE |
Nashville | Opal | Director: Robert Altman Candidata ao Globo de Ouro como mellor actriz secundaria | |
1976 | Buffalo Bill and the Indians, or Sitting Bull's History Lesson | Annie Oakley | Director: Robert Altman |
Welcome to L.A. | Karen Hood | Director: Alan Rudolph Candidata ao BAFTA como mellor actriz secundaria | |
Scrim | Actriz | ||
Noroît | Morag | Director: Jacques Rivette; episodio dunha serie prevista en catro partes: "Scènes de la vie parallèle" | |
1977 | Roseland | Marilyn | Director: James Ivory |
Elisa, vida mía | Elisa Santamaría/Nai de Elisa | Director: Carlos Saura | |
In Memoriam | Paulina Arevalo | Director: Enrique Brasó | |
1978 | Remember My Name | Emily | Director: Alan Rudolph Mellor actriz no Festival de Miami e no Festival de París |
A Wedding | Rita Billingsley | Director: Robert Altman | |
One Page of Love | Lise | ||
Blindfolded Eyes | Actriz | Director: Carlos Saura | |
1979 | L'Adoption | Catherine | Director: Marc Grunebaum; País: Francia |
Mamá cumple cien años | Ana | Director: Carlos Saura | |
La viuda de Montiel | Adelaida | O filme participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín | |
Mais où et donc Ornicar | Isabelle | Director: Bertrand Van Effenterre | |
1980 | Le Voyage en douce | Lucie | O filme participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín |
The Mirror Crack'd | Ella Zielinsky | ||
1981 | Les Uns et les Autres | Suzan/Sara Glenn | Director: Claude Lelouch |
The House of Mirth | Lily Bart | Telefilme | |
1982 | Casting | Actriz | |
1983 | Life Is a Bed of Roses | Nora Winkle | Director: Alain Resnais |
My Cousin Rachel | Contessa Rachel Sangalletti | Miniserie | |
1984 | L'Amour par terre | Charlotte | Director: Jacques Rivette |
1987 | White Mischief | Nina Soames | Director: Michael Radford |
1988 | The Moderns | Nathalie de Ville | Director: Alan Rudolph |
1989 | The Return of the Musketeers | Ana de Austria | Director: Richard Lester |
I Want to Go Home | Terry Armstrong | Director: Alain Resnais | |
1990 | Gentille Alouette | Angela Duverger | |
The Children | Joyce Wheater | ||
1991 | Buster's Bedroom | Diana Daniels | Director: Rebecca Horn |
Duel of Hearts | Mrs. Miller | Telefilme | |
1992 | Chaplin | Hannah Chaplin | Director: Richard Attenborough Candidata ao Globo de Ouro como mellor actriz secundaria |
Hors Saison | Anarchist | Director: Daniel Schmid | |
1993 | A Foreign Field | Beverly | |
A idade da inocencia | Mrs. Welland | Director: Martin Scorsese | |
1994 | Words Upon the Window Pane | Miss McKenna | |
1995 | Para recibir el canto de los pájaros | Catherine | Director: Jorge Sanjinés; País: Bolivia |
Home for the Holidays | Aunt Gladys | Director: Jodie Foster | |
1996 | Jane Eyre | Miss Scatcherd | Director: Franco Zeffirelli |
Gulliver's Travels | Empress Munodi | Miniserie | |
Os Olhos da Ásia | Jane Powell | ||
Crimetime | Thelma | ||
1997 | Mother Teresa: In the Name of God's Poor | Tareixa de Calcuta | |
1998 | Cousin Bette | Adeline Hulot | |
Fisterra, onde termina o mundo | Nai | ||
1999 | To Walk with Lions | Victoria Anrecelli | |
Beresina oder Die letzten Tage der Schweiz | Charlotte De | Director: Daniel Schmid | |
2000 | In the Beginning | Yocheved | Telefilme |
2001 | Just Run! | Madre | |
The Faces of the Moon | Joan Turner | ||
2002 | Dinotopia | Avoa | Miniserie |
En la ciudad sin límites | Marie | Premio Goya á mellor actriz secundaria | |
Hable con ella | Katerina Bilova | Director: Pedro Almodóvar | |
2004 | The Bridge of San Luis Rey | The Abbess | |
2005 | Heidi | Rottenmeier | |
Oculto | Adela | ||
Melissa P. | Nonna Elvira | Director: Luca Guadagnino | |
BloodRayne | Fortune Teller | ||
2006 | Agatha Christie's Marple | Mrs. Fane | Serie de televisión Episodio: Sleeping Murder |
Les aventuriers des mers du Sud | Maggie | Telefilme | |
2007 | El orfanato | Aurora | Director: Juan Antonio Bayona Candidata ao Goya á mellor actriz secundaria |
Teresa, el cuerpo de Cristo | Prioresa do convento | ||
Miguel and William | A ama | ||
Los Totenwackers | Salgado | ||
Boxes | Nai | Directora: Jane Birkin | |
2008 | Inconceivable | Frances Church-Chappel | |
Parlami d'Amore | Amelie | ||
Parc | Nai de Marteau | ||
Ramírez | Galerista | ||
Diario de una Ninfómana | Avoa de Valére | ||
Brontë | Tía Elizabeth | ||
2009 | The Island Inside | Victoria | |
Imago Mortis | Contessa Orsini | ||
2010 | Hostias | Jean | |
The Making of Plus One | Geri, directora de casting | ||
The Wolfman | Maleva | Director: Joe Johnston | |
There Be Dragons | Abileyza | Director: Roland Joffé | |
The Mosquito Net | María | ||
The Trick in the Sheet | Alma | Director: Alfonso Arau | |
2011 | ¿Para qué sirve un oso? | Josephine | Mellor actriz secundaria no Festival de Málaga de Cine Español |
Le moine | L'abbesse | Director: Dominik Moll | |
Americano | Linda | ||
Et si on vivait tous ensemble? | Annie | ||
Memoria de mis putas tristes | Rosa Cabarcas | Director: Henning Carlsen | |
2012 | O Apóstolo | Dosinda | Voice |
The Impossible | Anciá | ||
The Hollow Crown | Alice | 1 episodio: Henry V | |
2013 | The Return | Coco Chanel | Curtametraxe Director: Karl Lagerfeld |
Tres 60 | Jean Christophe | Director: Alejandro Ezcurdia | |
Another Me | Mrs. Brennan | Directora: Isabel Coixet | |
2014 | Amapola | Memé | Director: Eugenio Zanetti |
Dólares de arena | Anne | Directores: Israel Cárdenas, Laura Amelia Guzmán | |
2015 | Marguerite et Julien | Nai de Lefebvre | |
Valentin Valentin | Jane | ||
2016 | A Monster Calls | Juan Antonio Bayona |
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1993 | Mellor actriz secundaria | Chaplin | Candidata |
1976 | Mellor actriz secundaria | Nashville | Candidata |
1966 | Nova estrela do ano - Actriz | Doutor Zhivago | Candidata |
- Premios BAFTA
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1977 | Mellor actriz de repartición | Welcome to L.A. | Candidata |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor interpretación feminina secundariaecundaria | El orfanato | Candidata |
2002 | Mellor interpretación feminina secundaria | En la ciudad sin límites | Gañadora |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1969 | Mellor intérprete de cinema español | La madriguera | Gañadora |
- Premios da Unión de Actores
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor actriz secundaria de cine | El orfanato | Gañadora |
2002 | Mellor actriz secundaria de cinema | En la ciudad sin límites | Candidata |
- Premios ACE (Nova York)
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor actriz secundaria | El orfanato | Gañadora |
2002 | Mellor actriz secundaria | Hable con ella | Gañadora |
1976 | Mellor actriz | Cría cuervos | Gañadora |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Biznaga de Prata á Mellor actriz secundaria | ¿Para qué sirve un oso? | Gañadora |
- Festival de Cinema de Sitges
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1972 | Medalla Sitges en Prata de Lei á Mellor actriz | Z.P.G. | Gañadora |
- Festival Internacional de Cinema de Miami
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1978 | Mellor actriz | Remember My Name | Gañadora |
- Festival de Cinema de París
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1978 | Mellor actriz | Remember My Name | Gañadora |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario ABC (ed.). "Charles Chaplin prepara una nueva película".
- ↑ Diario ABC (ed.). "El mejor actor que ha tenido el séptimo arte es mi padre".
- ↑ Diario ABC (ed.). "Geraldine Chaplin: Un nombre nuevo, pero lleno de evocadoras resonancias...".
- ↑ Diario ABC (ed.). "Carlos Saura y Geraldine Chaplin".
- ↑ Diario ABC (ed.). "Geraldine Chaplin y Carlos Saura. Confesión general".
- ↑ El País (ed.). "El cine español se olvidó de mí".
- ↑ Geraldine Chaplin gaña o Goya a Mellor Actriz de Repartición en 2003.
- ↑ Diario ABC (ed.). "Me gusta el cine español, sobre todo el que se hace ahora".
- ↑ El Mundo (ed.). "Yo le debo todo al cine español".
- ↑ Diario El País (ed.). "La Gerarda".
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Geraldine Chaplin |