KK Radnički Kragujevac
Radnički | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | KK Radnički Kragujevac КК Раднички Крагујевац |
Alcume | Đavoli |
Fundación | 1994 |
Desaparición | 2014 |
Cores | Vermello e branco |
Localización | |
Cidade | Kragujevac (Serbia) |
Pavillón | Hala Jezero |
Capacidade | 5.320 |
Inauguración | 1978 |
kkradnicki.rs |
O Košarkaški klub Radnički (en serbio: Кошаркашки клуб Раднички) foi un club de baloncesto profesional con sede en Kragujevac, Serbia. En 2014 o equipo foi disolto, tras vinte anos de historia, debido a problemas financeiros.
Historia
[editar | editar a fonte]O KK Radnički foi fundado en 1994 en Vršac como KK Kondivik, comezando a competir nas categorías máis baixas, e rexistrando dende aquela continuos éxitos. Así, en 2001, conseguiu chegar á máxima categoría serbia, cambiando ao nome ao de KK Lions. Baixo ese nome rexistrou un dos avances máis importantes na historia dos clubs de baloncesto, pasando dende a última categoría a ser tres tempadas seguidas terceiro na primeira división de Serbia (categoría inferior á Superliga de Serbia). En 2004 o club chega a ocupar o primeiro lugar na liga, e pasa a denominarse "Swisslion Takovo". Despois desa tempada e da reorganización da liga, perde a categoría, á que volve en 2006. Nas tempadas 2007-08 e 2008-09, o club ten ocupado o primeiro na liga de baloncesto de Serbia, chegando á Superliga Serbia e á final da Copa Korać.
Despois de gañar unha eliminatoria á KK Vojvodina de Novi Sad de 3-0, clasificouse para a Liga do Adriático. Con todo, o patrocinador do club dende hai moito tempo, "Swisslion Takovo", baixou o seu investimento ao club antes do comezo da tempada de debut na NLB League. Así, o rescate do equipo chegou da man do alcalde da cidade de Kragujevac, Veroljub Stevanovic, co que o club trasladouse dende Vršac a Kragujevac o 21 de novembro de 2009, cambiando o seu nome polo da Sociedade Deportiva e dado o nome da sociedade dos famosos deportes "Radnički". Hoxe, a vila ten o pracer de ver no seu pavillón Hala Jezero grandes equipos como o Partizan, Hemofarm, Crvena zvezda, Cibona, Bosna, Olimpija ou Zadar.
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Hala Jezero.
O Hala Jezero (do serbio: Pavillón do Lago) é unha área deportiva cuberta localizada na propia cidade de Kragujevac. A súa capacidade é de 5.320, sendo agora mesmo sede, a parte do KK Radnički de baloncesto, da súa sección de voleibol. O primeiro evento deportivo disputado no pavillón foi o 20 de outubro de 1978, nun encontro entre o KK Radnički e a Jugoplastika Split.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 05 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.