Saltar ao contido

Katharine Graham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKatharine Graham

(1975) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Katharine Meyer Editar o valor en Wikidata
16 de xuño de 1917 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 2001 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Boise, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, caída de cabalo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Oak Hill (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago
Vassar College (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneditora, empresaria, editora literaria, xornalista, escritora, coleccionista de arte Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxePhil Graham (1940–1963) Editar o valor en Wikidata
FillosLally Weymouth, Donald Graham Editar o valor en Wikidata
PaisEugene Meyer Editar o valor en Wikidata  e Agnes E. Meyer Editar o valor en Wikidata
Irmánsflorence meyer Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAmerican Women Writers Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1202784 BNE: XX1333277 WikiTree: Meyer-6707 Find a Grave: 23269 Editar o valor en Wikidata

Katharine Meyer Graham, nada en Nova York o 16 de xuño de 1917 e finada en Boise (Idaho) o 17 de xullo de 2001, foi unha xornalista e editora estadounidense do diario The Washington Post dende 1963 até o seu falecemento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Katharine Meyer naceu en 1917 nunha familia adiñeirada de Nova York, filla de Agnes Elizabeth (de solteira Ernst) e Eugene Meyer. O seu pai era un banqueiro experto en análise de investimentos e logo, director da Reserva Federal. A súa nai era unha intelectual bohemia, amante da arte e activa politicamente no Partido Republicano, que mantiña amizade con persoeiros tan diferentes como Auguste Rodin, Marie Curie, Thomas Mann, Albert Einstein, Eleanor Roosevelt, John Dewey[1] e Saul Alinsky.[2][3] Traballou como reporteira nun momento en que o xornalismo non era unha profesión común entre as mulleres. O pai de Katharine era descendente de xudeus alsacianos e a súa nai era luterana filla de inmigrantes alemáns.[4][5][6][7] Igual que os seus catro irmáns, foi bautizada como luterana, mais asistiu á igrexa episcopal.[8]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Estudou xornalismo na Universidade de Chicago, licenciándose en 1938, e incorporouse ao xornal San Francisco News, cubrindo a sección de traballo e sindicalismo laboral. Un ano despois, ingresou en The Washington Post, periódico que o seu pai adquirira nunha poxa en 1933 cando o rotativo se atopaba en bancarrota.

En 1940 casou con Philip Graham, un novo avogado licenciado pola Universidade Harvard que axiña obtivo a confianza do seu sogro, que lle ofreceu o posto de director do xornal. Esta elección foi realizada en detrimento da súa filla ao considerar que o cargo non era o adecuado para unha muller. Katharine Graham pasou así a un segundo plano.

O matrimonio tivo catro fillos e fixéronse donos de The Washington Post en 1948, sendo xa ese rotativo unha empresa viable. Philip, ademais, adquiriu máis xornais e dúas cadeas de televisión. Tamén entrou en política dentro do equipo de John F. Kennedy. Con todo, a súa vida familiar deteriorouse cando Philip comezou a sufrir un trastorno maníaco-depresivo, con períodos alternantes de lucidez e de agresividade. Empezou a afeccionarse á bebida e a establecer relacións extraconxugais. Foi internado en hospitais varias veces, mais a súa saúde non mellorou e en 1963 suicidouse na súa casa de campo.

Presidencia de The Washington Post

[editar | editar a fonte]

Katharine Graham asumiu a presidencia da empresa The Washington Post Company, calando os comentarios sexistas sobre a súa capacidade de xestión e liderado. Axiña deu mostras de fortaleza tomando decisións que converteron este xornal nun rotativo de prestixio.

En 1971, Graham decidiu publicar o estudo secreto sobre a guerra de Vietnam que elaborara o goberno. A administración Nixon fixo presión sobre a cabeceira para evitar a súa saída á luz, ameazando con retirarlles as licenzas de televisión. Con todo, Graham alegou que estes documentos non puñan en perigo a seguridade do estado e publicounos.

Un ano despois, en 1972, Katharine Graham apoiou os xornalistas Carl Bernstein e Bob Woodward no caso Watergate. Durante máis de dous anos, a empresa e ela mesma volveron enfrontarse con ameazas e presións por parte da administración Nixon. Volveron pórse as licenzas de televisión en xogo e as accións da compañía baixaron á metade do seu prezo. Non obstante, Graham resistiu e defendeu a independencia dos seus dous empregados ata que o presidente Richard Nixon dimitiu. Foi entón cando o diario foi aclamado publicamente.

A súa dedicación polo xornalismo foi completa. En 1974, a revista Ms. Magazine considerouna como a muller máis poderosa do país. Durante a folga sindical de prensa que durou 140 días en 1975, The Washington Post só deixou de imprimir unha edición. Richard Nixon comentou:

En Washington hai moitos que len o Post e lles gusta, e hai moitos que len o Post e non lles gusta. Pero case todos len o Post, o que constitúe un recoñecemento da habilidade de Graham como editora.

A partir de 1979, o seu fillo Donald Graham foi ocupando aos poucos o posto da súa nai na dirección do xornal.

En 1998, publicou a súa autobiografía titulada Personal History, coa que obtivo o Premio Pulitzer.

Falecemento

[editar | editar a fonte]

O 14 de xullo de 2001, Graham caeu e golpeou a cabeza mentres visitaba Sun Valley, Idaho por unha celebración dunha conferencia de altos cargos directivos de medios de comunicación. Faleceu tres días máis tarde.[9] O seu funeral celebrouse na Catedral Nacional de Washington o 23 de xullo de 2001, con asistencia de numerosos políticos e personalidades coñecidas do mundo da cultura e a comunicación estadounidense. Graham está enterrada no histórico Oak Hill Cemetery.[10][11]

Vida social

[editar | editar a fonte]

A casa de Katharine Graham en Martha's Vineyard converteuse en punto de referencia da vida social estadounidense e internacional. Sempre acudiron presidentes, políticos, senadores, empresarios, intelectuais, artistas e actores, entre outros.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. Felsenthal, Carol (1993). Power, Privilege and the Post: The Katharine Graham Story. Seven Stories Press. p. 19. ISBN 978-1-60980-290-5. 
  2. Carol Felsenthal (1993). Power, Privilege and the Post: The Katharine Graham Story. Seven Stories Press. p. 127. ISBN 978-1-60980-290-5. 
  3. Sanford D. Horwitt (1989). Let Them Call Me Rebel: Saul Alinsky, His Life and Legacy. Knopf. p. 195. ISBN 978-0-394-57243-7. 
  4. Hodgson, Godfrey (18 de xullo de 2001). "Obituary: Katharine Graham". The Guardian (Londres). 
  5. Smith, J. Y. & Epstein, Noel (18 de xullo de 2001). "Katharine Graham Dies at 84." Washpostco.com, Washington Post Company website. Consultado o 18 de abril de 2012.
  6. "'Washington Post' icon Katharine Graham, 84, dies". USA Today. 18 de xullo de 2001. 
  7. USA Today: "Personal History" By Katharine Graham 17 de xullo de 2001
  8. Zweigenhaft, Richard L. and G. William Domhoff The New CEOs : Women, African American, Latino, and Asian American Leaders of Fortune 500 Companies Publicado o 18 de marzo de 2014|Publisher: Rowman & Littlefield Publishers
  9. Berger, Marilyn (18 de xullo de 2001). "Katharine Graham, Former Publisher of Washington Post, Dies at 84". NY Times. 
  10. "Final Farewell To Katharine Graham". cbsnews.com. Associated Press. 23 de xullo de 2001. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2006. Consultado o 19 de xullo de 2009. 
  11. Van Dyne, Larry (1 de agosto de 2007). "Into the Sunset: Arrangements and Options for the Afterlife". The Washingtonian (washingtonian.com). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2009. 
  12. "World Press Freedom Heroes: Symbols of courage in global journalism". International Press Institute. 2012. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2012. 
  13. "Graham, Katharine - National Women's Hall of Fame". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]