Saltar ao contido

Katmandú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Katmandu»)
Modelo:Xeografía políticaKatmandú
काठमांडौ (hi) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 27°43′N 85°19′L / 27.71, 85.32
Estado sen litoralNepal
Províncias (pt) TraducirBagmati Province (en) Traducir
Distrito (pt) TraducirKatmandu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación845.767 (2021) Editar o valor en Wikidata (17.103,48 hab./km²)
Xeografía
Superficie49.450.000 m² Editar o valor en Wikidata
Bañado porBisnumati River (en) Traducir e Rio Bagmati (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude1.300 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataBalendra Shah (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico01 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webkathmandu.gov.np Editar o valor en Wikidata
BNE: XX460136

Katmandú[1] (en nepalés: काठमांडौ) é a capital e a maior cidade do Nepal. É a única cidade do país co status administrativo de Mahanagar (cidade metropolitana). Katmandú é o núcleo da meirande aglomeración urbana do Nepal, localizada no Val de Katmandú, e que está formada por Lalitpur, Kirtipur, Madhyapur Thimi, Bhaktapur e un gran número de pequenas comunidades. Segundo o censo de 2011, a cidade metropolitana de Katmandú tiña unha poboación de 1 003 285 e unha área de 49,45 km².

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Localízase no val de Katmandú no Nepal central, próxima ao río Vishnumati, a 1370 metros de altitude[2]. Está rodeada por catro grandes montañas: Shivapuri, Phulchoki, Nagarjun e Chandragiri. O val de Katmandú forma parte de tres distritos (Katmandú, Lalitpur e Bhaktapur).

A súa poboación medra de xeito rápido, máis que duplicándose nas estatísticas entre 2011 e 2019. Ten a maior densidade de poboación do país, sendo o fogar dunha doceava parte dos habitantes.

Foi fundada en 723 polos newares. A cidade antiga é característica pola gran cantidade de templos e palacios budistas e Hindús, a maioría deles do século XVII. Moitos destes monumentos foron estragados desafortunadamente por terremotos e a contaminación. No val de Katmandú hai sete sitios clasificados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

Katmandú converteuse nun sitio moi visitado polos turistas desde os anos 1960 a raíz do movemento hippie.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para katmanduano.
  2. "Kathmandu Metropolitan City Office – Introduction". Kathmandu Metropolitan City Office. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]